Os luns ás 12:15 comeza o taller de informática, impartido por Javi e acompañado por Ana.
Nel imos aprendendo a utilizar word ou gardar documentos.
Agora comezamos a usar tamén Internet. Aprendemos a utilizar buscadores e fixemos unha conta de correo electrónico para cada un.
miércoles, 24 de enero de 2007
Estimulación cognitiva (Taller de memoria)
Os días que nos toca, luns e os xoves ás 10:15, comeza o taller de estimulación cognitiva, impartido pola psicóloga Rocío.
Os luns ela axúdanos a mellorar a atención a memoria e o razonamento.
Os xoves traballamos co ordenador, con Ana, para mellorar o cálculo, encotrar fallos en debuxos, linguaxe, memoria; ás veces vemos documentais de temas de actualidade que logo comentamos.
Os compañeiros somos Natalia, Matilde, Ventura, Juan, Suso, Joaquin, Pablo.

miércoles, 17 de enero de 2007
Tacoa: taller de coidado de animais
Os martes imos ó refuxio de animais de Bando, onde hai cans e gatos.
Paloma é a xefa e Fernando axudanos no noso traballo.
Algúns de nós cortamos papeis de xonais para os cachorros, outros axudamos en labores de bricolaxe. Ás veces limpamos e coidamos os animais.
Os animais que hai alí foron a avandonados na rúa e calquera pode adoptalos.

Danzoterapia: ritmo no corpo
Neste taller facemos gimnasia rítmica e movemos os músculos de distintas formas: en cuadrados, en círculos, os pés, a cabeza, os brazos, cintura, dedos, rodillas e codos. Movémonos ca música para mellorar a cordinación e o ritmo corporal e pasámolo moi ben.
A nosa profesora chamase Angélica e axudanos ós que non podemos mover os brazos e os pés. Ten unha axudante que se chama Eva.
Os compañeiros somos Juan, Ventura, Natalia, Suso, Matilde, Pablo, Juaquín, Santiago, Alonso, Christopher, Juan, Jose.

*Fotografía: xornada de danzoterapia na rúa
miércoles, 10 de enero de 2007
Primeira reunión de amigos de Sarela

Hoxe sae á luz o Boletín Novas de Sarela que se realizará durante o taller de xornalismo da Asociación de Dano Cerebral Sarela, de Santiago de Compostela. Este Blog virá actualizado cos nosos traballos cada mércores, gracias á axuda de Esther que nos acompaña no taller. Trátase do que chamamos novas da alegría, xa que non se contarán cousas tristes, senón o traballo na asociación, as actividades que realizamos na vida cotiá, reportaxes sobre as nosas vidas, entrevistas divertidas...
Para presentarnos dicir que a Redacción Sarela está composta por Alonso, Matilde, Juan, Ventura, Suso, Joaquín, e José Manuel. A Asociación Sarela traballa baixo a Dirección de Rocío, que é psicóloga, e o traballo na asociación ven levado a cabo por Ana (terapeuta ocupacional), Angélica (logopeda), Joaquín (fisioterapeuta), Eugenia (traballadora social), Sandra (transportista), Carmen (taller de manualidades) e Javier (taller de informática).
Sen mais despedímonos ata o próximo mércores cando comezaremos a falar das nosas actividades e talleres.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)