"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



miércoles, 10 de enero de 2007

Primeira reunión de amigos de Sarela


Hoxe sae á luz o Boletín Novas de Sarela que se realizará durante o taller de xornalismo da Asociación de Dano Cerebral Sarela, de Santiago de Compostela. Este Blog virá actualizado cos nosos traballos cada mércores, gracias á axuda de Esther que nos acompaña no taller. Trátase do que chamamos novas da alegría, xa que non se contarán cousas tristes, senón o traballo na asociación, as actividades que realizamos na vida cotiá, reportaxes sobre as nosas vidas, entrevistas divertidas...
Para presentarnos dicir que a Redacción Sarela está composta por Alonso, Matilde, Juan, Ventura, Suso, Joaquín, e José Manuel. A Asociación Sarela traballa baixo a Dirección de Rocío, que é psicóloga, e o traballo na asociación ven levado a cabo por Ana (terapeuta ocupacional), Angélica (logopeda), Joaquín (fisioterapeuta), Eugenia (traballadora social), Sandra (transportista), Carmen (taller de manualidades) e Javier (taller de informática).
Sen mais despedímonos ata o próximo mércores cando comezaremos a falar das nosas actividades e talleres.

4 comentarios:

Volvoreta dijo...

Que ben amigos,ánimo con este proxecto tan bonito, estarei atenta tódolos mércores para seguilas vosas historias.
Unha aperta a todos.
Volvoreta.

Anónimo dijo...

A min xa me chamástedes a atención hai tempo. ¡Que cousas facedes tan bonitas!. Vinvos en Area Central e no vran no Toural de Santiago. Ánimo que a todos nos fai falta o voso esforzo.

Anónimo dijo...

Ola,
está moi chulo o blog de Sarela

Un saúdo

Gaspar

Anónimo dijo...

pero que juapismos que salides ahi todos....a pena e que a foto salga un pouco oscura!