
1) ¿ Como te chamas?
Natalia Gestoso Remuiñán
2) ¿ Cantos anos tes?
Teño 24 anos
3) ¿Onde vives?
Vivo en Santiago de Compostela
4) ¿ Estudiaches algún oficio?
Estudiei peluquería e estética en Llongueras
5) ¿ Tes irmás?
Si, teño un irmán, que ten 28 anos e chámase Eloy
6) ¿ E mozo?
Non, curiosos. Tiven un mozo e agora non me gusta ninguén
7) ¿ Que fas na túa vida?
Pasear por Santiago, ver a miña familia, comprar roupa, tomar café, ir ó cine....
8) ¿ Por que estás en Sarela?
Porque tiven un accidente de moto e aquí axudáronme a recuperarme. Ensináronme a falar, a camiñar, etc...
9) ¿ Gústache vir?
Sí, porque o paso de maravilla cos compañeiros, imos á piscina, temos informática, actividades manuales, taller de periodismo....
10) ¿ Gústache a música?
Si gústame a música en Español como “Fito e Fitipaldis” e “ El canto del Loco. Tamén me encanta bailar
11) ¿ Que outras aficións tes?
Saír da casa inda que chova , mirar escaparates ca miña nai e logo cando estamos cansas tomar un café.
12) ¿ Gústanche as filloas?
Non, gustanme as orellas para tirarche delas.
1 comentario:
pois xa sabes natali!...a buscar un moso para ir ver escaparates!!!
Publicar un comentario