
1 ¿ Quen fundou SARELA?
Un grupo de familiares afectados por Dano Cerebral Adquirido.
2 ¿ En que ano se constitueu?
No 2000
3 ¿ Por qué se creou?
Para poder axudarse mutuamente
4 ¿ Por qué se chama SARELA?
En referencia ó río Sarela, pois queremos que os recursos necesarios para a atención o Dano Cerebral Adquirido flúan como as súas augas.
5 ¿ Con cantos socios contades?
Con 170 persoas asociadas.
6 ¿ Hai mais Asociacións de Dano Cerebral en España?
Sí. Tan so en Galicia somos 5.
7 ¿ Con qué profesionais conta SARELA?
Con aqueles profesionais que van a ser imprescindibles nunha atención integral: fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, logopeda, traballadora social, psicólogo, psiquiatra, monitores e voluntarios.
8 ¿ Qué servicios ofrece?
Atención e rehabilitación.
Centro de día.
9 ¿ Cal é o obxetivo do Centro de Rehabilitación?
Favorecer e lograla máxima autonomía persoal daquel afectado por dano cerebral Adquirido.
10 ¿ Cantos pacientes hai en Rehabilitación?
Sobre 25 persoas en réxime ambulatorio.
11 ¿ Cantos talleres hai no Centro de Día?
Actualmente estanse levando a cabo sete: estimulación cognitiva, informática, periodismo, golf, piscina, T.A.C.O.A. (Taller de coidado de animais) e actividades manuais. O remate de cada periodo de talleres vanse incorporando outros novos.
12 ¿ Cantos usuarios tendes?
11 usuarios que veñen diariamente.
13 ¿ Axúdanvos voluntarios ou alumnos en práticas?
Si, acuden varios voluntarios da universidade e outros espontáneos.
1 comentario:
aqui a voluntaria espontanea que acude lunes e viernes osease Eva Manteiga Sande para servirles...Estou moi contenta por colaborar con vos. Ser voluntaria superou as miñas expectativas!!....pero rocio...¿non habia outra foto tua mais actual?jaja
Publicar un comentario