lunes, 28 de mayo de 2007
ELECCIONS NA NOSA CASA
En Santiago onde viven Ana, Lidia, Matilde, Natalia, Ventura, Santiago, Javier Pablo, Jose, Rocio y Eugenia gañou o PSOE
En Brion onde viven Suso gañou el PSOE
En Arzúa onde vive Joaquin gañou el BNG
En Ames ondevive Juan gañou el PSOE
En Vedra onde vive Juan gañou el PSOE
En O Son onde vive Angelica gañou el PP
Suso
DJ JOAQUÍN
Eu recomendo que escoitedes o Canto del loco e en especial a cancion “Besos”Son un grupo famoso vai tempo que canta pero a xente empezoua coñocelos agora porque ten cancions moi bonitas e chaman a atencion a xente moza . Ten conciertos en moitos sitios e para coller entradas tes que apurarse non quedas sen elas . Se ides xa veras como quedaras contento . Recomendoche que compres un dous cd e xa veredes como vos gustara
Natalia
RINCÓN GASTRONÓMICO
Hoxe vou a falar dun restaurante que se chama “restaurante Teodora” en Arzúa. A comida é moi boa, recomendovos as ameixas á mariñeira, a lingua, e os postres (flan caseiro). Está bén de prezo é comese moi bé. Dirección: Rua de Lugo, 38, teléfono: 981500940
Outro restaurante é “O Mesón do Pelegrino”, tamén en Arzúa, comida moi boa, toda caseira. É obrigado comer queixo de Arzúa. Dirección: Rua Ramon Franco, 7. Teléfono: 981500145
Joaquín y Lidia
ZONA OCIO
Casablanca (1942)
Casablanca, Segunda Guerra Mundial. O principal obxectivo dos invasores é o líder checo o heroe da resistencia. Víctor Laszlo, que a súa única esperanza é Rick Blaine ( Humphrey Bogart), o propietario do Rick´s Café, un home que non arrisca a súa vida por ninguén... excepto por Ilsa ( Ingrid Bergman). Ambos encarnan uns antigos amantes que volven a unirse brevemente no caos da guerra.
Santiago
SARELADAS
Un parrulo de diante de dous parrulos, un parrulo no medio de dous parrulos é un parrulo atrás de dous parrulos;
¿Cantos serán os parrulos?
Cucurico, cucurico, non tes ollos, cu nin bico, e os fillos do cucurico teñen ollos, cu e bico.
Ventura y Suso
lunes, 14 de mayo de 2007
¿POR QUE É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ése, no 1863, publicouse en La Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio del "Rexurdimento", o rexurdimento cultural do galego.
É festivo en Galicia
Este ano vai adicada a Maria Mariño da que imos falar agora un pouco:
María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.
Naceu en Noia no ano 1907. Casa co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período tempo no País Vasco, onde morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresan a Galicia. Instálanse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida.. No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.
Morreo no ano 1967 e os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Suso e Joaquín
DJ JOAQUÍN
Mana un grupo conocido mundialmente. Canta por moitisimos sitios e ten moitos espectadores. E o ultimo cd que se titula “Amar es Combatir” ten cancions moi bonitas e agradables. En todos os discos que fixeron deixavos contentos ó escoitalos. Van cantar aquí en Santiago proximamente, o dia 22 de Junio no Monte do Gozo. A miña cancion preferida e “Labios Compartidos”
Natalia
RINCÓN GASTRONÓMICO
RESTAURANTE O FORNO
C/ HORREO 24 BAIXO. SANTAGO DE COMPOSTELA
TFNO. 981 565 721
O FORNOS e un dos millores restaurantes de Santiago, e un local que xa foi un restaurante da calle do Hórreo donde xegaban os autobusas. E un local de duas plantas e baixo.
A comida é moi abundante e dabemos decir que o marisco e desde camarón, centola, nécora e podemos comer o típico polbo e toda carnes, como o chuleton e a caza e logo postres.
Ventura
ZONA OCIO
O ILUSIONISTA
Unha das peliculas que mais me gustaron ultimamente foi “ O Ilusionista” dirixida por Neil Burger. Edwardf Norton fai o papel de ilusionista (chamado Einsenhein) que deixa ó publico abraido cos seus espectáculos de maxia, ata o principe Leopold acudo a un deles e decide demostrar que é todo un fraude. O que mais me gustou da pelicula toda o relacionado coa maxia e a persoaxe de Sophie (a prometida do principe e antiga amizade do ilusionista...). Recomendovos que a vexades porque é moi entretida e está moi ben
Alonso
SARELADAS
Can ladrador pouco mordedor
Santiago
lunes, 7 de mayo de 2007
Despedidas e cumpreanos
As novas de hoxe van adicadas para Diego e para o noso compañeiro Ventura.
Diego marcha porque vai facer unhas prácticas no centro de Día de Fontiñas . Leva aquí en Sarela moito tempo e acompañábanos a ir golf, a piscina e TACOA . Ímolo votar de menos. Diego despideuse de maravilla e con moitos pasteis. Anque eso é o de menos porque era un bo compañeiro.
En canto a Ventura, decir que vai a selo seu cumpreaños o dia 10 de Maio. Desexámoslle que lle sea un moi bo día e que o pase de maravilla e que coma unha boa tarta e, por suposto, cumpra moitos anos mais.
Natalia
DJ Joaquín
Antonio Flores: "Pongamos que hablo de Madrid"
Este cantante madrileño suicidouse no ano 1995 cando tiña 33 años . Era un cantante moi bo e era fillo de Lola Flores que tamen morreu 15 dias antes. Esta cancion é de Joaquin Sabina e Antonio cantouna no seu disco "Al caer el sol " de 1984. A canción fala da súa cidade e da movida de Madrid. Para min é moi boa.
Joaquín
Festa da troita en Sigüero
Este fin de semana, días 5 e 7 de Maio, celebrouse en Sigüeiro a festa da troita. Como tódolos anos celébrase a festa o primeiro ou segundo fin de semana de Maio durante mañá e tarde. A festa consiste nunha exposición de produtos e mercados con zona de degustación de troitas e carpas con comidas, onde preparan a troita de diversas formas.
Tamén se sirve troita polos bares con cada consumición.
Recomendo visitar esta festa porque está moi ben e vai moita xente.
Santiago
Zona Ocio
Esta semana temos dúas propostas:
EXCURSIÓN VERÍN-CHAVE
Foi o domingo 6 de Maio e un dos nosos usuarios foi partícipe dela. Aquí nos conta moi por encima o destacable da viaxe.
"Foi unha viaxe interesante entre ESPAÑA e PORTUGAL. Primeiro fomos a Santiago, logo a Ourense e logo a Verín.
Visitei as Bodegas de Gargalo de Roberto Verino.
Despois estiben na subida ó Castelo de Monterrei. Foi una visita guiada. Logo visitamos a igrexa e fomos a ver o parador.
Por último paramos en Chaves para ver as termas e o castelo e acercámonos a Portugal.
A volta a Santiago foi sobre as 23:30. Sen dúbida, recoméndoa. "
Ventura
CARTELEIRA
Vamos sinxelamente a contarvos as películas que podedes ver nos cines de Santiago de Compostela.
E incluso comentar dalgunha delas opinións de xente que xa as viron. Por si vos axuda e tal….
As películas son as seguintes:
La maldición de la flor dorada;
Retrato de una obsesión; Esta é recomendada.
Spiderman 3; Evidentemente, pos que xa viron as outras dúas este é obrigada.
La telaraña de Carlota
Cerdos salvajes
Premonition
Sunshine; Fará falla protector solar pa ver esta película.
Tú la letra y yo la música
Las vacaciones de Mr.Bean; Para momentos de risas
El número 23
I love Miami
La fuente de la vida; Según un compañeiro que xa a foi a ver, é unha película extraña que fai pensar e parécelle recomendable.
El buen pastor
Los abandonados
¿Quién dice que es fácil?
Hotel Tívoli; Antón Reixa pode deixarnos cun bo sabor de boca.
La vida en rosa
El infierno
Suso
Sareladas
Acordámonos de que en certa ocasión, no Taller de cociña, cando estábamos dictando os ingredientes da receita que nos tocaba pa ese día..........un dos nosos compañeiros escribiu "azul corante" en vez de "edulcorante". As risas que nos botamos todos cando o leu en voz alta foron tremendas. Eso sí, antes toleamos todos pensando en cal sería ese raro ingrediente que él tiña na receita.
Sarela