As novas de hoxe van adicadas para Diego e para o noso compañeiro Ventura.
Diego marcha porque vai facer unhas prácticas no centro de Día de Fontiñas . Leva aquí en Sarela moito tempo e acompañábanos a ir golf, a piscina e TACOA . Ímolo votar de menos. Diego despideuse de maravilla e con moitos pasteis. Anque eso é o de menos porque era un bo compañeiro.
En canto a Ventura, decir que vai a selo seu cumpreaños o dia 10 de Maio. Desexámoslle que lle sea un moi bo día e que o pase de maravilla e que coma unha boa tarta e, por suposto, cumpra moitos anos mais.
Natalia
DJ Joaquín
Antonio Flores: "Pongamos que hablo de Madrid"
Este cantante madrileño suicidouse no ano 1995 cando tiña 33 años . Era un cantante moi bo e era fillo de Lola Flores que tamen morreu 15 dias antes. Esta cancion é de Joaquin Sabina e Antonio cantouna no seu disco "Al caer el sol " de 1984. A canción fala da súa cidade e da movida de Madrid. Para min é moi boa.
Joaquín
Festa da troita en Sigüero
Este fin de semana, días 5 e 7 de Maio, celebrouse en Sigüeiro a festa da troita. Como tódolos anos celébrase a festa o primeiro ou segundo fin de semana de Maio durante mañá e tarde. A festa consiste nunha exposición de produtos e mercados con zona de degustación de troitas e carpas con comidas, onde preparan a troita de diversas formas.
Tamén se sirve troita polos bares con cada consumición.
Recomendo visitar esta festa porque está moi ben e vai moita xente.
Santiago
Zona Ocio
Esta semana temos dúas propostas:
EXCURSIÓN VERÍN-CHAVE
Foi o domingo 6 de Maio e un dos nosos usuarios foi partícipe dela. Aquí nos conta moi por encima o destacable da viaxe.
"Foi unha viaxe interesante entre ESPAÑA e PORTUGAL. Primeiro fomos a Santiago, logo a Ourense e logo a Verín.
Visitei as Bodegas de Gargalo de Roberto Verino.
Despois estiben na subida ó Castelo de Monterrei. Foi una visita guiada. Logo visitamos a igrexa e fomos a ver o parador.
Por último paramos en Chaves para ver as termas e o castelo e acercámonos a Portugal.
A volta a Santiago foi sobre as 23:30. Sen dúbida, recoméndoa. "
Ventura
CARTELEIRA
Vamos sinxelamente a contarvos as películas que podedes ver nos cines de Santiago de Compostela.
E incluso comentar dalgunha delas opinións de xente que xa as viron. Por si vos axuda e tal….
As películas son as seguintes:
La maldición de la flor dorada;
Retrato de una obsesión; Esta é recomendada.
Spiderman 3; Evidentemente, pos que xa viron as outras dúas este é obrigada.
La telaraña de Carlota
Cerdos salvajes
Premonition
Sunshine; Fará falla protector solar pa ver esta película.
Tú la letra y yo la música
Las vacaciones de Mr.Bean; Para momentos de risas
El número 23
I love Miami
La fuente de la vida; Según un compañeiro que xa a foi a ver, é unha película extraña que fai pensar e parécelle recomendable.
El buen pastor
Los abandonados
¿Quién dice que es fácil?
Hotel Tívoli; Antón Reixa pode deixarnos cun bo sabor de boca.
La vida en rosa
El infierno
Suso
Sareladas
Acordámonos de que en certa ocasión, no Taller de cociña, cando estábamos dictando os ingredientes da receita que nos tocaba pa ese día..........un dos nosos compañeiros escribiu "azul corante" en vez de "edulcorante". As risas que nos botamos todos cando o leu en voz alta foron tremendas. Eso sí, antes toleamos todos pensando en cal sería ese raro ingrediente que él tiña na receita.
Sarela
2 comentarios:
Hola! soy Inés, este lunes no pude ir, el que viene supongo que iré, aunque ya ando toda agobiada con exámenes, trabajos y esas cosas. Otra vez estoy muy de acuerdo con la eleccion de Joaquín, Flaca de Calamaro es una de mis canciones favoritas y la de Pongamos que hablo de Madrid también!! Bueno, felicidades al cumpleañero y un saludo a Diego y a Eva, espero que les vaya muy bien.
hola aqui eva desde valencia no hotel de catroe strellas no que durmo. marcho mañan para salou outra vez e estou escarallada de traballar. levo toda a semana sen parar, do centro o hotel e do hotel o centro, traballando de oito e media a nove em edia da noite pero ainda asi estou contenta. acordome de vos todolos lunes de mañan... moitos bicos a todos...
p.d: calamaro e un freaky.
Publicar un comentario