O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen por su creación literaria en idioma galego ou pola sua defensa nosa lingua. Cada ano adicase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que é preciso alo menos des anos dende o su falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, somente no 1998 houbo unha dedicación conxunta ós poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas suas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ése, no 1863, publicouse en La Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio del "Rexurdimento", o rexurdimento cultural do galego.
É festivo en Galicia
Este ano vai adicada a Maria Mariño da que imos falar agora un pouco:
María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.
Naceu en Noia no ano 1907. Casa co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período tempo no País Vasco, onde morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresan a Galicia. Instálanse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida.. No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.
Morreo no ano 1967 e os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Suso e Joaquín
DJ JOAQUÍN
Mana un grupo conocido mundialmente. Canta por moitisimos sitios e ten moitos espectadores. E o ultimo cd que se titula “Amar es Combatir” ten cancions moi bonitas e agradables. En todos os discos que fixeron deixavos contentos ó escoitalos. Van cantar aquí en Santiago proximamente, o dia 22 de Junio no Monte do Gozo. A miña cancion preferida e “Labios Compartidos”
Natalia
RINCÓN GASTRONÓMICO
RESTAURANTE O FORNO
C/ HORREO 24 BAIXO. SANTAGO DE COMPOSTELA
TFNO. 981 565 721
O FORNOS e un dos millores restaurantes de Santiago, e un local que xa foi un restaurante da calle do Hórreo donde xegaban os autobusas. E un local de duas plantas e baixo.
A comida é moi abundante e dabemos decir que o marisco e desde camarón, centola, nécora e podemos comer o típico polbo e toda carnes, como o chuleton e a caza e logo postres.
Ventura
ZONA OCIO
O ILUSIONISTA
Unha das peliculas que mais me gustaron ultimamente foi “ O Ilusionista” dirixida por Neil Burger. Edwardf Norton fai o papel de ilusionista (chamado Einsenhein) que deixa ó publico abraido cos seus espectáculos de maxia, ata o principe Leopold acudo a un deles e decide demostrar que é todo un fraude. O que mais me gustou da pelicula toda o relacionado coa maxia e a persoaxe de Sophie (a prometida do principe e antiga amizade do ilusionista...). Recomendovos que a vexades porque é moi entretida e está moi ben
Alonso
SARELADAS
Can ladrador pouco mordedor
Santiago
lunes, 14 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
o q non me pasa a min non lle pasa a ninguen! roubaronme o movil en valencia. comprei outro e o dia siguiente roubaronmo tamen, xunto cos documentos de identidade...
durante unha semana non puden ir o banco pq cancelei a tarjeta e vinme obligada a tirar con aproximadamente oito euros para toda unha semana. a tarjeta tiñaa no bolsillo e o carnet apareceu na policia... desde logo son unha desjraciada.
Vos que tal estades? contademe aljo oh!
Publicar un comentario