"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 28 de junio de 2007

¡¡DEICA SETEMBRO!!

Anque imos dar unha noticia un pouco triste, dámola con moito gusto porque………….. ¡¡¡ímonos de vacacións!!! Pero tranquilos, que Setembro está a volta da esquina.
Con esto, xa vos decimos que estaremos de novo con vos en Setembro. ¿Ou que pensábades?

Esperamos que vos divirtades moito e que aproveitedes o máximo os vosos días libres. ¿Están para eso, non?

¡Veña!, un saludo de parte dos que estamos en Sarela.



Bo verán para todos.




RINCÓN GASTRONÓMICO

O xoves día 21, os usuarios e familiares de Sarela fómonos de “comilona”.
O lugar elexido foi A CURTIDORÍA e o menú que degustamos foi o seguinte:

1º PLATO
- Caldo Galego.
- Ensalada de pasta.

2 º PLATO
- Merluza a Galega.
- Ternera guisada.

POSTRE
- Pera o viño.

¡Comemos moi ben! Animamos a todo aquel que queira que visite o restaurante.
Esta no Rúa da Conga en Santiago de Compostela.


BO PROVEITO




SARELADAS

As solucións as adiviñas da semana pasada son:

1 - Augardente
2 - Crucifixo
3 - Río

Bueno xente pa despedir estas Sareladas (de momento), ímosvos contar a pequena historia do nacemento da música.

Era aló polos tempos de maricastaña, cando ían Pachín e o seu
Pai andando por unha rúa cando pasou un carro de vacas a toda velocidade. Tanta levaba, que lle dixo Pachín a seu pai: “¿Parará papá?” o que o pai lle respondeu “¿Parará Pachín?”. Pararapapá, pararapachín, pararapapá, pararapachín, pararapará, pararapachín…….



DJ JOAQUÍN

Aproveitando que teremos a Alejandro Sanz por Santiago de Compostela próximamente, ésta semana adicámola a este cantante.
Primeiro decirvos, pos que aínda non o sepades, que o concerto será o 4 de Agosto no Multiusos do Sar.
E sobre Alejandro Sanz , nomear uns datos que xa o din todo sobre ésta estrela da música; 10 discos editados, 6 dvds, 21 millóns de copias vendidas, 200 discos de platino, 15 Latin Grammy Awards, a grabación do ano por “Tú no tienes alma”……etc…..
“El Tren de los momentos” é o seu último disco



ZONA OCIO

Antes de nada escrívovos para decirvos que me vou de vacacións mañá. ¿Envidia ehhhh? Se fai bo tempo irei a plaia pola zona de Vilagarcía e no caso de que faga malo (que con este verán que temos de momento…..) pois supoño que me quedarei por Santiago e Órdenes, e probablemente tamén me acerque a Noia.

Xa sabedes que as vacacións son pa descansar e desconectar e para iso non fai falla marchar moi lexos. A min este plan xa me chega de sobra. Anque, aqueles que podades, facedes moi ben.

Boas vacacións a todos

1 comentario:

Anónimo dijo...

alejandro sanz en santiago?que torrente de originalidad.
que tal vos vai por ahi? ides ir todos a playa?