"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 18 de octubre de 2007

DÍA NACIONAL DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

O día 26 de outubro é unha data importantísima para todos nos, queremos achegarnos á sociadade do xeito máis visible, ésto podemos conseguilo coa presencia de tódalas persoas que día a día conviven co dano cerebral adquirido, familiares, persoas afectadas, profesionais, voluntarios, amigos, veciños…

Por mor disto, a Asociación Sarela ten programadas pa próxima semana as seguintes actividades:

Xoves 25 de outubro: visita ó Partamento Galego de tódalas asociacións de Galicia, sobre as 12.30 horas, aínda que poderá adiantarse ás 11.30 se é preciso. Nesta visita, ó mesmo tempo, os representantes da Federación Galega entrevistaranse cos tres grupos parlamentarios, para presentar o Plan Galego de Atención ó Dano Cerebreal Adquirido.

Ó rematar esta visita iremos a comer ó Restaurate Balboa, na Ponte da Rocha, sobre as 14.15 horas.

Venres 26 de outubro: de 10.00 a 13.00 horas mesa informativa no hall do Hospital Clínico Universitario, estarán persoas afectadas e profesionais de Sarela, ademais de outras persoas que queiran acompañarnos.
De 16.30 a 18.00 mesa informativa na Praza doToural e de 18.00 a 19.30 na Praza Roja.

Farase a MARCHA DA ESPERANZA, camiñando dende o Toural ata a Praza Roja, todos os que collamos na rúa, para as 19.30 facer unha CHOIVA DE GLOBOS que dará remate a este día. Queremos que éste sexa o día do comezo a un maior coñecemento do Dano Cerebral Adquirido por parte da sociedade e dun maior compromiso institucional que permita as persoas afectadas e os seus familiares manter a Esperanza de que aqueles que agora inician este camiño, sí reciban a atención axeitada.


Apuntamos que, o noso pesar, debido a estas actividades, vémonos obrigados a
aplazar o blog pa seguinte semana. Eso sí, de seguro que teremos moito que contar na seguinte!!! Non nos faltedes!!!
Un gran saúdo de todos os que formamos SARELA



jueves, 11 de octubre de 2007

DIA NACIONAL DE DANO CEREBRAL

O Consello de ministros, á proposta do Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, declarou que o Día 26 de Outubro sexa o Día do Dano Cerebral Adquirido. O obxetivo deste acordo e convertir esta data nun acontecemento capaz de movilizar a sociedade e implicala na prevención deste tipo de lesións.
O propósito desta data é ademais implicar as Asociacións de persoas afectadas e os seus familiares, así como todas as entidades relacionadas cá atención o colectivo de persoas, e de maneira especial a Administración do Estado, Autonómica e Local.
Natalia y Suso

DJ JOAQUÍN


Héroes del silencio
Unha moi boa, moi boa noticia é que HÉROES DEL SILENCIO volven a deleitarnos cos seus concertos. Esta banda mañica con Enrique Bunbury, Joaquín Cardiel, Pedro Andreu e Joan Valdivia deixáronse ver no concerto que deron en Zaragoza onte as 21:20 diante de 37.000 persoas.
Este venres 12 de Outubro volven a tocar na capital maña, que o sepades que non hai entradas.
Ana y Joaquín

ZONA OCIO

Fai quince días visitamos o acuario do Grove. A todos nos pareceu moi
interesante e animamosvos a visitalo.
Pa que teñades unha pequena referencia, decímosvos que o Acquariumgalicia é unha empresa privada de capital galego, que naceu en
1996 co afán de planificar, construir e xestionar o primeiro acuario de Galicia. Para elo escolleu a localidade do Grove, un lugar cheo de historias escritas a golpe de marea, onde home e mar se mesturan mais ala do tangible. Asi o 17 de Maio de 1997, Acquariumgalicia abría as súas portas e convertíase na primera instalación acuarística da comunidade gallega, volcada á divulgación dos nosos mares e a conservación do patrimonio marítimo. Ao longo do ano son innumerables as familias, operadores turísticos, centros educativos, asociacións e particulares que nos visitan para coñecer as riquzas das nosas rías e comprender a importancia do mar no desenrrolo local da comunidade galega.
Juan y Ventura



RINCÓN GASTRONÓMICO

Barquiños sorpresa
Ingredientes:
- Salchichas
- Jamón cocido
- Queso Mozzarella

Preparación:
Colocamos nun plato unha loncha de xamón cocido. Logo poñémolle encima unha de queixo. Logo a salchicha. Despois enroscamos todo e aseguramos o rolo pinchando cun palillo. Metémolo no microondas tres minutos e ….¡listo para tomar!.
Santiago

SARELADAS

Nesta sección sempre falamos de “sareladas” que nos ocorren a nos, usuarios deste centro de día, pero hoxe contamos unha que lle aconteceu a unha das nosas traballadoras.
Resúmese en que, ca emoción que tiña por chegar a Sanxenxo o díada excursión, foise da gasolineira sin pagar, e tivemos que dar volta.
Xa sabedes, canta mais presa, mais vagar.

Santiago

jueves, 4 de octubre de 2007

Xa volvemos das vacacións!!!!!!!!!!

Saudámosvos a todos de parte de Sarela e esperamos que o pasaredes tan ben coma nos e que aproveiterades ben o verán. Anque seguro que votástedes de menos leer as noticias de Sarela tódalas semanas. Non vos preocupedes porque volvemos a escribir a partir deste mes de Outubro. Contaremos as nosas noticias todos os Mércores.

Agora xa o sabedes tendes cita connosco todas as semanas.

Esperamos facelo mellor que o ano pasado

(Natalia Gestoso)


RINCÓN GASTRONÓMICO

Sandwich de tomate

Ingredientes: Tomates grandes. Queixo en lonchas. Xamón cocido en lonchas. Ourego

Preparación: Córtanse os tomates en rodajas. Nun plato vamos colocando as rodajas de todos os ingredientes da seguinte forma: Primeiro o tomate, segundo o xamón cocido, terceiro o queixo e cuarto o tomate de novo.

Por último metemos o plato no microondas durante un minuto para que se funda o queixo. Pódese tomar frío ou quente.

(Santiago González)

DJ. JOAQUIN

Este fin de semana celébrase en Ames a Festa da Xuventude. E concretamente en Bertamiráns haberá un concerto o sábado día 6 es 22:00 horas do grupo: La Musicalité

Éstos son unha banda mallorquina formada por Jaime Perpiña (voz e baixo), Marc Palmer (guitarra), Oscar Nadal (teclado) e Jaime Bou (batería).
Presentan o seu novo disco INSOMNIO, un traballo que según eles merece a pena.

(Joaquín e Ana)

ZONA OCIO

CARTELEIRA

AREA CENTRAL

La qran estafa
Hora punta 3
La extraña que hay en ti
Salir pitando
Cásate conmigo
Guardianes del día
Disturbia
Ratatouille
La jungla 4.0

VALLE INCLÁN

La jungla 4.0
Mataharis
The last kiss
Caótica Ana
El ultimatum de Bourne
Un corazón Invencible
Hairspray, Adam Shankman

MULTICINES COMPOSTELA

Papa Canguro
Los testigos
La carta esférica
¿Y tu quién eres?
Dos días en París
Transilvana
Cásate conmigo

(Juan Rendo)


SARELADAS

“Huevito”

Este fin de semana pasado estuvemos todos en Sanxenxo.
Pasamolo moi ben e temos vacias anecdotas que contar.
Entre elas esta:
O sábado a noite un dos compañeiros que dormía con dúas
monitoras, comezou a gritar decindo “huevito”.
Elas pensaro que estaba soñando e non lle fixeron caso.
Pero, como él as veces non se esforza en falar mellor, o que
estaba decindo era vomito¡… en fin, houbo que mudala
cama

(Juan M. Vilar)