"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 15 de noviembre de 2007

Amigos e amigas, esta semana a noticia máis importante a comentar é que tivemos unha enquisa En Localia o Mártes as 19:30 no programa Plató Aberto.
Ó programa acudiron Luciano Fernández; o Secretario Xeral de Sarela e o seu fillo Javier, tamen afectado por Dano Cerebral Adquirido.
Noraboa os dous porque foi unha bonita enquisa.

Equipo Sarela


DJ. JOAQUÍN

Budiño

Xosé Manuel Budiño é un gaiteiro de Moaña.
O comezo do 1980 vai o colexio de gaitas Semente Nova de Moaña. É membro da banda de gaitas Xarabal, e en 1991 funda o grupo “Fol de Niu”. Logo préstase con bandas Como ALTAN (Irlanda), CAPERCAILLIE (Escocia), OSKORRI (Euskadi),...e tamén con outros e outra artistas como Kepa Junkera ou Uxía Senlle.
É aló polo 1996 cando presenta o seu proxecto en solitario, chamado Paralaia.
A súa discografía vai dende o 1997 con Paralaia, 2000 con Arredor, 2004 con Zume de Terra e agora, no 2007 estrea novo traballo chamado El Rincón del Jarramplas, que estrea o próximo 27 de Novembre.
De seguro que merece a pena escoitalo. Os que o fagades podedes deixar a vosa opinión no noso blog.

Joaquín


RINCÓN GASTRONÓMICO

Se queredes ir de tapas por Lugo, tomade nota:

§ A nosa terra (Rúa Nova, 8) Para tapear a gusto
§ A Tasca (Cruz, 3) Para os que aman o viño
§ Bar Bravú (Cruz, 16) Tapas caseiras
§ Bodega de Pedro (Avda. Magoy, 102) Gran ambente na zona do campus
§ Adega (Plaza do Campo, 4) Tapas de todas as clases
§ Casa Seijo (Avda. Plácido Peña, 36) Tradición a bo precio.
§ La Fortaleza (Campo de la Virgen) Tapear a gusto
§ Las 5 Vigas (Cruz, 5) Clasico de tapas
§ Mesón A Rúa (Nova, 13) Viños e tapas
§ Mesón As Fontiñas(C/Ciudad de Lugo, 3) Fidelidade culinaria
§ Mesón do Labrego (A 17 Km. de Vilalba) O máis típico

Santiago


ZONA OCIO

Exposición na Fundación Granell

Do 8 de Novembro ó 9 de Decembro e dentro da programación do Servicio de Didáctica da Fundación Granell, daráselle acollida a un proxecto didáctico adaptado as artes plásticas e con desenrrolo nun centro formativo da Serra de Outes.
A exposión viaxar a pé, recolle o proxecto didáctico levado a cabo por Marián Paredes Villalonga co alumnado do CEIP Emilio Navasques da Serra de Outes. O obxectivo desto é acercar ós nenos de forma sinxela e efectiva a través dun mecanismo clásico da arte do siglo xx, e propio tamén do surrealismo: a intervención plástica dun obxecto de uso cotiá para darlle unha nova función estética, neste caso os zapatos.
Recomendada

Suso


SARELADAS

Cóntame esta compañeira que cando seu pai era novo e as mozas se metían con él, porque tiña unha nariz grande, el contestáballe:

Estou nunha terra
tan miserable
se eu non me alavo
non hai quen me alave

Juan e Ana

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pois por aqui sigo paseando. hoxe estou en barcelona pero volto pola tarde para tarragona. o outro dia falei con rocio e dixnlle que estou buscando traballo para quedar por aqui unha temporadiña asi que non sei que sera de min. de todas formas se non encontro nada volverei xD e pasarei por ahi a tocarvos un pouco as narices...que vos parece???biquiños para todos desde catalonia...

Anónimo dijo...

XA TEÑO TRABALLO YUPI!
vou a traballar nunha academia con nenos con tdah e hiperactividade! que beeeeen!