"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



viernes, 2 de noviembre de 2007

DÍA DE TODOLOS SANTOS

O Día de Tódolos Santos é unha festa relixiosa que se celebra en moitos países de tradición cristiana.
Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro; namentres que na Igrexa Ortodoxa é o primeiro domingo despois de Pentecostés. Venérase a tódolos santos que o teñen, unha festa propia no calendario litúrgico. Por tradición no día feriado non laborable.
Existen versións que señalan que esta data foi establecida como unha resposta ante a celebración pagana no Samhain, ahora chamado Halloween (nome que provén da frase "All hallow's Eve" ou "Víspera de Todos os Santos" entre os anglosaxóns), que marcaba o final do ano celta.
Aquí en España, neste día as persoas visitan os cemeterios levando frores e velas. E dependendo do lugar celébrase de xeitos diferentes;
En Galicia cacompáñase ca celebración do Magosto.
En Cataluña a denominada castañada na que se comen boniatos, castañas e panellets.
En Cocentaina (Alicante) a "fira de tots sants" ou feira de tódolos santos.
En Extremadura, vaise de gira ó campo a merendar a chaquetía.
Ventura e Juan Rendo

DJ. JOAQUÍN

Nesta xornada vamos a recomendar outro estilo de música, para ser acordes a tódolos gustos. Informámosvos de que haberá un Concerto da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. A actuación será o 15 de Novembro as 21:00 horas.Baixo a batuta do director Antoni Ros Marbá, a real Filharmonía de Galicia e a pianista vasca Marta Zabaleta interpretan ‘Le tombeau de Couperin’, composta por Maurice Ravel, unha suite de Debussy e un concerto para piano de Mozart.
Aqueles que decidades disfrutar deste concerto, animámosvos a que comentedes e deades a vosa opinión no noso blog.
Estarei pendienteJoaquín

RINCÓN GASTRONÓMICO

Hotel Restaurante Balboa
Ésta casa do bo comer, atópase na saída de Santiago de Compostela, pola estrada de Pontevedra (N 550), a 1,5 km do centro, en concreto, na Ponte da Rocha.

As especidades da casa son:
- Polbo á galega
- Gambas ó alliño
- Entrecote de tenreira
- Linguado á prancha.
- Grilada de peixes e mariscos
- Chuleta de tenreira
- Navallas o limón
- Polvo con gambas o alliño

Podedes facela vosa reserva no número 981 52 15 98, ou a través do mail balboa@hr-balboa.com.
Bo Proveito

Ana y Suso

ZONA OCIO

Entre o concello de Santiago de Compostela e o Departamento de Educación e Mocidade, e mailo Consorcio da Cidade de Santiago ponse a disposición dos centros visitas didácticas a exposición “Santiago dc” , con motivo da conmemoración dos quince anos da Fundacion do Real Padroado da Cidade de Santiago, no antigo edificio do Banco de España, na praza das Praterías.
Esta exposición, está ideada como unha forma diferente de achegarse a realidade urbana da cidade e aos seus cambios e transformacións, arredor dunha ampla colección de fotografías da cidade nos últimos anos do século XIX e nos primeiros do XX. Deste xeito, a mostra convértese nun paseo pola memoria da cidade e do seu futuro.
Ao longo do percorrido pola exposición vanse descubrindo, seguindo un plano colocado sobre o pavimento, diferentes espazos da cidade, a través de estampas antiguas de principios de século, así como os edificios mais emblemáticos que nos axudaran a comprender a actual configuración da cidade de Compostela.
Este programa comezou o 1 de Outubro e prolongarase ata o mes de Decembro.
Nos fomos a visitala e gustounos moito. Recomendamos ir a vela. Ademais se vos acompañan os guías que nos tivemos, será todo un pracer.
Dende Sarela un saúdo especial para eles.

Natalia e Juan Villar

SARELADAS

Cómo anécdota desta semana, comentar as risas que nos botamos todos o venres 26 (Día do Dano Cerebral) por mor do Helio dos globos. Resulta, que éste é un gas que o aspiralo deforma as cordas vocais facendo que a voz se escoite moi aguda e metálica, ou sexa, voz de macaco. Unha das terapeutas foi a primeira en probalo, logo tamén algúns de nos. Que divertido. Eso sí, con precaución, xa que non deixa de ser un gas nocivo.

Santiago

1 comentario:

Eva dijo...

non me digades que llo puxestes a jose!
ostras polo que vexo xa non son forero anonimo.....que pena! eu que creia que estabades morrendo da intriga ante miña identidade descoñecida!
biquiños para todos!