Hola a todos. Hoxe vamos a informarvos a todos do noso boletín.
Si amigos, a Asociación Sarela publica un boletín trimestral. Nel fálase da asociación en xeral e sobre información de importancia para os afectados de dano cerebral adquirido e as súas familias.
O próximo boletín, que sairá no seguinte mes, está adicado o Centro de Día. Nos como usuarios, aportamos a nosa opinión das tarefas que facemos e de todo en xeral.
Interesante vai a ser, seguro que si.
Juan Manuel Vilar
DJ JOAQUÍN
Despois de andar durante dez anos polas aldeas galegas recollendo a herencia oral, aparece durante uns minutos por semana no programa da TVG "Luar", onde fala de música folk e presenta a súa investigación. Graba por primeira vez un álbum con Xosé Manuel Budiño, onde interpreta tres temas. Comenzado así o principio da complicidade entre os dous músicos.
Despois inventa o grupo Ajrú, do que a única grabación está no recopilatorio "Naciones Celtas II". Logo continúa colaborando con varios artistas como Os Diplomáticos de Monte Alto e Mano Negra, antes de grabar o seu primeiro disco, pero nesta vez en solitario, chamado Isué. Este disco recibe o premio como mellor disco do ano 2000 para a revista Folkworld e tamén recibe unha nominación como mellor artista do ano na radio BBC 3.
No 2003 volve co seu segundo disco, "Ajrú" que confirma a suas gañas no mundo da exploración e na difusión da herencia. "Sihá" 2007 é o seu traballo máis recente.
Poderedes vela no directo o 17 de novembro as 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
Joaquin e Ana
ZONA OCIO
O sábado pasado os profesionais deste centro asistiron a un espectáculo de humor en Santiago chamado 'Wanted'. Según nos contaron, Santi Millán (Sergio, de 7 vidas), Santi Rodríguez (o fruteiro) e Paco León (o Luismi, de Aída) conseguiron desencaixarlles as mandíbulas.
Non é moi doado resumir en palabras este show, pero sí poido animarvos a que vaiades o espectáculo si tendes a oportunidade. De seguro que sairedes con dor de mandíbulas. Pro eso é bo.
Suso
RINCÓN GASTRONÓMICO
Restaurante Mi Tasca
Está situado na Avenida de Mahía, no pobo de Bertamiráns. É un pequeño restaurante de comida caseira no que se poden degustar platos moi ricos e exóticos, como por exemplo a carne de pitón ou cocodrilo e os revoltos de algas ou de ourizos.
Para poder sentarse e disfrutar do bo comer, mellor reservar mesa no teléfono 981 890 456.
Santiago
SARELADAS
Principio, principiando,
principio quero, por
ver si principiando
principiar podo.
Cava o cavo na cova,
pero non acaba de cavar
porque na cova non acaba
o cabo de traballar.
Juan Rendo
jueves, 8 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario