"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 22 de noviembre de 2007

O venres 16 foi o cunpreanos de Rocío, a nosa directora e psicóloga e tróuxonos galletas e castañas. Logo, cantámoslle o cumpreanos feliz. Ela quedou moi contenta porque tamén lle deron as compañeiras dous regalos; un gato de madeira e unha bufanda de colores. Despois asamos as castañas no microondas, pa toda a xente de Sarela. Saíron ricas e comémolas todos e todas. Xa estamos pensando en repetir outra vez.

(Matilde e Natalia)



RINCÓN GASTRONÓMICO

PASTEL DE CASTAÑAS

Faime falta:
1 kg de castañas
unha cucharadiña de manteiga
un pouquiño de sucre
4 xemas de ovo
medio vaso de leite
anisetes, sal , e “maicena”.
Chocolate
Galleta moída

Lávanse as castañas e férvense en auga cun pouco de sal. Pélanse e se machácanse. Logo poñemos o lume unha pota co leite, o sucre, a manteiga e as castañas. Deixamos ferver durante dous minutos. Tras este tempo engadimos os anisetes, as xemas, e a cucharadiña de “maicena”. Ponse todo nun molde engrasado para poñelo no forno.
Cando esté listo, sacámolo do molde e cubrímolo cunha capa fina de chocolate.
Por último, espolvoreamos con galleta moída.

(Ana e Juan Rendo)


DJ JOAQUÍN

UXÍA

É unha cantante galega que comezou a cantar moi xoven poesía galega, na que se centra o traballo das súas composicións. O seu primeiro grupo foi Na Lúa. Os seus traballos son estes:
1986 Álbum Foliada de Marzo
1987 Co grupo Na Lúa, o disco A Estrada de Maio,
1988 Ondas do mar de Vigo,
1995 Estou vivindo no ceo
1997 Colabora con María Salgado e con Rasha.

Xa sabedes, recomendada.

(Joaquín)



ZONA OCIO

NATURMAZ

¿Qué é? É unha empresa de turismo activo que combina ocio e aventura.

¿Dónde está? Aeródromo da Fervenza (Os Baus) no Concello de Mazaricos

¿Qué actividades ofrece? Voo, Paramotor, Cabalos, Tiro con arco, Paintball,
Escalada – Tirolina, Bicis de montaña, Piragüismo, Kayak, Banana, Buceo, Senderismo.

¿Cómo se contacta?
Aeródromo da Fervenza – Pazos – Os Baus
CP: 15256 Mazaricos
A Coruña

www.naturmaz.con info@naturmaz.con Tel: 981 107 902

(Suso)



SARELADAS

A CAROLINA

A saia de Carolina
ten un lagarto pintado
cando Carolina baila
o lagarto dalle o rabo

Bailaches Carolina
bailei sí señor,
dime con quen bailaches
bailei co meu amor

A Carolina é unha tola
que todo o fai o revés
vístese pola ca beza
e desvístese polos pés

Bailaches Carolina
bailei no cuartel
dime con quen bailaches
bailei co coronel

(Santiago e Juan M. Vilar)

No hay comentarios: