Queridos Reis Magos:
Este ano portámonos bastante ben. Seguimos loitando polos nosos dereitos como sempre, ainda que ás veces, os atrancos minen as nosas forzas e os “poderes públicos” non teñan suficientemente en conta nin a nosa problemática nin as nosas necesidades.
Por eso, queremos pedirvos que nos axudedes a que nos escoiten, e que poidamos contarlle o traballo que facemos e así tomar as decisións cun criterio axeitado; ainda que sabemos que andan moi ocupados, precisan coñecer máis que as teorías de moda para tomar decisións con xeito.
Por outro lado, materialista, cada vez somos máis, esto fainos medrar como colectivo para reivindicar mellores atencións e recursos, pero tamén, deixa o Centro das Cancelas pequeño para que máis xente poida beneficiarse das nosas actividades.
Así que pedimos:
Que a administración local e autonómica nos axude a crear outro centro maior, sería perfecto a cesión dun terreo e o apoio na construccion do edificio. Acudirían persoas con maior dependencia e tamén aqueles que sin poder voltar a retomala súa vida previa ó acontecido, poidan realizar unha serie de actividades diferentes, que fan que “Unha vida salvada merece ser vivida”.
Xa que as tecnoloxías avanzan moi rápido e os equipos informáticos que nos donaron e que tanto utilizamos comezan a fallar, non nos viría mal que a través de empresas que se dedican á informática nos fixeran chegar algún.
Fixaros que medramos que xa non collemos todos na furgoneta adaptada. Poida que esto o teñan en conta Concesionarios e Obras Sociais, xa que para poder ir dun lugar a outro ás veces vémolas e desexámolas.
Queremos agradecervos o que cada ano poidamos ter máis actividades fora do centro e que pouco a pouco desfrutemos dos recursos comunitarios que se ofertan, ademáis permite que a sociedade se conciencie de que estamos aquí e que esto pode pasarlle a calqueira de nós.
Traiades o que traiades prometemos que este ano seguiremos coa mesma ilusión de sempre, intentando transmitila a outras persoas que tamén sufriron un dano cerebral adquirido e ás súas familias. Demostrando que non nos vamos rendir a pesares das portas pechadas. Por eso, ante todo, pedímosvos que nos sigades dando forza e esperanza.
P.D.: Por último pedimos que no noso nome agradezades a súa aportación persoal e/ou económica:
- I.E.S. Monte de Conxo, polos seus equipos informáticos e a súa axuda en adaptacións do mobiliario.
- Donantes anónimos con diferentes aportacións de 1.500 €, 3.000 €, 3.000 €, 12.000 € e mobiliario.
- Ós medios de comunicación pola súa axuda na difusión e defensa das necesidades das persoas con dano cerebral adquirido.
- Ós voluntarios que nos acompañan e apoian.
- Ós distintos profesionais que nos informan, orientan e atenden xenerosa e solidariamente.
Esperamos que o vindeiro ano esta lista sexa moito maior.
Gracias. Recibide unha grande aperta de todos os que formamos a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.
Bueno, solo queda desexarvos UN BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!! Voltaremos cas nosas novas o 10 de Xaneiro do 2008!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
(Equipo de Sarela)
DJ JOAQUÍN
Nestas datas, si albiscamos un pouco polas tendas de música, atopámonos cun número importante de CDS recopilatorios. Aquí vos deixamos unha lista deles:
Blanco y Negro hits 07
Recopilatorio de Heroes del Silencio
Coldpley recopilatorio
Los nº 1 de los 40 Principales
Los nº 1 de Cadena 100
Anuncios de televisión
(Natalia e Joaquín)
ZONA OCIO
Informámosvos de que o Venres día 21 de Decembro, faremos a festa de Nadal. Este ano reunirémonos no Pub Século XX para pasar unha tarde xuntos e desfrutar destas festas (quedamos ás 17:30 na Praza de Praterías). Haberá boa música e algo de picar (faremos un fondo aportando 5 euros por persoa). Esperamosvos a todos.
E coma todos os anos faremos os días 2 y 3 de Xaneiro o noso Mercadiño no Centro Comercial de Area Central donde amosaremos todas aquelas cousiñas que facemos en el taller de actividades manuais e que por un prezo módico poderedes adquirir.
Recibide unha aperta forte e que todos disfrutemos o mellor que poidamos destas datas, porque unha vida salvada merece ser vivida.
(Ana, Matilde e Suso)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Tarta de piña
Ingredientes:
4 ovos
1 iogur de piña
2 vasos de iogur de sucre
3 vasos de iogur de fariña
1 sobre de levadura
1 cucharada da manteiga
1 lata pequena de piña
Caramelo líquido
Pasos:
Extender nun molde o caramelo líquido
Encima do caramelo colocar as rodaxas de piña en almíbar
Batir ben os ovos e misturar o resto de los ingredientes
Verter encima da piña e do caramelo
Introducir ó microondas e por na máxima potencia durante 8 minutos
Ó rematar, retirarlo e botarlle por encima o zume da piña.
Unha vez frío, desmóldase.
(Juan Rendo e Santiago)
SARELADAS
Con un sombreiro de palla
Un galego a Belén foi
Mentras adouraba ó Neno,
Comeulle o sombreiro o boi.
Deixade os pastores
Deixadeos pasar
Que van a cantar o Rei
A Xesús no portal
Nunhas pallas deitadiño
I en coiriños aí está!
Sendo Dono deste mundo
E Señor de canto hai.
Deixade os pastores
Deixadeos pasar
Que van a cantar o Rei
A Xesús no portal
(Juan Vilar e J.M.)
jueves, 20 de diciembre de 2007
jueves, 13 de diciembre de 2007
Enquisa a Marga e Rosa
(Alumnas en prácticas do Curso de “Asistente Persoal”)
Hoxe é o día no que rematades as vosas prácticas connosco. Por iso, decidimos facervos unha pequena enquisa pa que nos contedes como foi o voso paso por Sarela.
¿Cáles foron as actividades que máis vos gustaron?
R: Manualidades e os traballos en grupo.
M: Todas, porque son variadas e completas.
¿Creedes que aprendíchedes algo con nós?
R: Moito
M: Aprendínque tendo todos diferentes problemas se poden realizar diversas actividades xuntos.
¿Esperávades unhas prácticas asi?
R: Non
M: Non, sorprendeume a variedade e a atención que se lles presta os usarios
¿Repetiríades?
R: Sí
M: Sí, creo que o estar eiqui podería aportarme cada día un pouco máis de coñecemento.
Que sepades que todos nos, estamos agradecidos polo voso traballo e participación aquí, e que esperamos que vos vaia moi ben.
¡Ah! Noraboa a Rosa que atopou traballo e comeza o luns, e sorte a Marga pa que o atope axiña. Biquiños.
(Ana)
DJ JOAQUÍN
Leilía
As compoñentes de Leilía chámanse: Felisa Segade, Monserrat Crespo, Ana Rodríguez, Patricia Segade, Mercedes Rodríguez e Rosario Rodríguez.
O seu recorrido é abraiante:
1991: Mellor grupo Folc-tradicional na “Mostra cidade vella” Santigo de Compostela. 1992: Selecionadas para o “Certame de jóvenes Itérpretes (INJUVE).
1998: Premio ó Mellor Grupo Galego de Música Tadicional, ortorgado polo progama da TVG “Luar”
1999: Premio Agapia a mellor banda sonora por “A Rosa de Pedra”
2001: Premio “Galicia en Femenino” pola aportación artística, outorgado pola Xunta de Galicia.
2004: Premio “Mellor canción en galego” por “Pedras contra tanques”, concedido pola Academia das Artes e Ciencias da Música.
E asúa discografía a seguinte:
2005 Son de Leilía
2003 Madama
1998 Ie verdade, ié mentira
1994 Leilía
(Joaquín e Natalia)
ZONA OCIO
Propostas para este fin de semana por Santiago de Compostela
Venres 14 de Decembro
- O centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle a obra de Lodeiro. Ás 12:49
- No Espacio 48; Roberto González e David Trullo sopréndennos coa súa retrospectiva 2005- 2007. Será as 20:00 horas.
- Na Galería Sol & Bartolomé temos `O soño de Platón’. Ás 20:00 horas.
Sábado 15de Decembro
- Noite Branca no barrio de San pedro. 12:20
- No salón de Teatro haberá A Gaviota no salón Teatro. 12:49
- Marea e Dismal no Multiusos do Sar. Ás 22:30
Domingo 16 de Decembro
- Teatro Principal: 12:00 Actuación da Banda Municipal de Música e ás 20:30 solidarízate con “Implicate 07”
- Libraría Aenea: Ás 19:00 expón “Rizoma”
(Suso)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Guirlache de zaragoza
Ingredentes:
½kg. Sucre 400gr de améndoas peladas Zume de medio limón
Aceite de xirasol Anises de confitería
Preparación:
Por as améndoas no sucre, xunto có zume de limón, nun cacharro á fogo vivo, dando voltas cunha culler ou pá de madeira, desprendendo a mezcla que se vai pegando ás paredes.Cocer ata que se caramelice o sucre e vertelo rápidamente sobre unha mesa de mármol engraxada cun aceite neutro (de xirasol ou améndoas).Dar forma rectangular ou cadrada cá axuda de dúas espátulas. Repousar e botar por encima os anisetes.
Sírvese cortado en barriñas
(Juan Rendo e Juan Villar)
SARELADAS
Xuntáronse catro un día
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco
Vai o gato metido nun saco
vai o gato para terra de laxe
vai o gato metido nun saco
ai, gatiño! xa non volve mais
Que mal lles parecía
a calquera deses catro,
que os meteron nun saco
como meteron o gato
Vai o gato metido….
Aquel gato era un artista
Traballaba na ribeira
agora é un bañista
na praia de castiñeiras
(Santiago e Matilde)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)