Enquisa a Marga e Rosa
(Alumnas en prácticas do Curso de “Asistente Persoal”)
Hoxe é o día no que rematades as vosas prácticas connosco. Por iso, decidimos facervos unha pequena enquisa pa que nos contedes como foi o voso paso por Sarela.
¿Cáles foron as actividades que máis vos gustaron?
R: Manualidades e os traballos en grupo.
M: Todas, porque son variadas e completas.
¿Creedes que aprendíchedes algo con nós?
R: Moito
M: Aprendínque tendo todos diferentes problemas se poden realizar diversas actividades xuntos.
¿Esperávades unhas prácticas asi?
R: Non
M: Non, sorprendeume a variedade e a atención que se lles presta os usarios
¿Repetiríades?
R: Sí
M: Sí, creo que o estar eiqui podería aportarme cada día un pouco máis de coñecemento.
Que sepades que todos nos, estamos agradecidos polo voso traballo e participación aquí, e que esperamos que vos vaia moi ben.
¡Ah! Noraboa a Rosa que atopou traballo e comeza o luns, e sorte a Marga pa que o atope axiña. Biquiños.
(Ana)
DJ JOAQUÍN
Leilía
As compoñentes de Leilía chámanse: Felisa Segade, Monserrat Crespo, Ana Rodríguez, Patricia Segade, Mercedes Rodríguez e Rosario Rodríguez.
O seu recorrido é abraiante:
1991: Mellor grupo Folc-tradicional na “Mostra cidade vella” Santigo de Compostela. 1992: Selecionadas para o “Certame de jóvenes Itérpretes (INJUVE).
1998: Premio ó Mellor Grupo Galego de Música Tadicional, ortorgado polo progama da TVG “Luar”
1999: Premio Agapia a mellor banda sonora por “A Rosa de Pedra”
2001: Premio “Galicia en Femenino” pola aportación artística, outorgado pola Xunta de Galicia.
2004: Premio “Mellor canción en galego” por “Pedras contra tanques”, concedido pola Academia das Artes e Ciencias da Música.
E asúa discografía a seguinte:
2005 Son de Leilía
2003 Madama
1998 Ie verdade, ié mentira
1994 Leilía
(Joaquín e Natalia)
ZONA OCIO
Propostas para este fin de semana por Santiago de Compostela
Venres 14 de Decembro
- O centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle a obra de Lodeiro. Ás 12:49
- No Espacio 48; Roberto González e David Trullo sopréndennos coa súa retrospectiva 2005- 2007. Será as 20:00 horas.
- Na Galería Sol & Bartolomé temos `O soño de Platón’. Ás 20:00 horas.
Sábado 15de Decembro
- Noite Branca no barrio de San pedro. 12:20
- No salón de Teatro haberá A Gaviota no salón Teatro. 12:49
- Marea e Dismal no Multiusos do Sar. Ás 22:30
Domingo 16 de Decembro
- Teatro Principal: 12:00 Actuación da Banda Municipal de Música e ás 20:30 solidarízate con “Implicate 07”
- Libraría Aenea: Ás 19:00 expón “Rizoma”
(Suso)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Guirlache de zaragoza
Ingredentes:
½kg. Sucre 400gr de améndoas peladas Zume de medio limón
Aceite de xirasol Anises de confitería
Preparación:
Por as améndoas no sucre, xunto có zume de limón, nun cacharro á fogo vivo, dando voltas cunha culler ou pá de madeira, desprendendo a mezcla que se vai pegando ás paredes.Cocer ata que se caramelice o sucre e vertelo rápidamente sobre unha mesa de mármol engraxada cun aceite neutro (de xirasol ou améndoas).Dar forma rectangular ou cadrada cá axuda de dúas espátulas. Repousar e botar por encima os anisetes.
Sírvese cortado en barriñas
(Juan Rendo e Juan Villar)
SARELADAS
Xuntáronse catro un día
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco
Vai o gato metido nun saco
vai o gato para terra de laxe
vai o gato metido nun saco
ai, gatiño! xa non volve mais
Que mal lles parecía
a calquera deses catro,
que os meteron nun saco
como meteron o gato
Vai o gato metido….
Aquel gato era un artista
Traballaba na ribeira
agora é un bañista
na praia de castiñeiras
(Santiago e Matilde)
jueves, 13 de diciembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario