"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 10 de enero de 2008

A ASOCIACIÓN SARELA PIDE UN NOVO CENTRO

O centro comercial Área Central acolleu o 2 e 3 de Xaneiro as Xornadas de Sensibilización do Dano Cerebral Adquirido organizadas pola asociación Sarela.
A asociación demandou a colaboración da Administración Local e Autonómica para a creación dun novo centro a través da cesión
dun terreo. Así poderían acudir persoas con maior dependencia e outros que precisan de actividades. Tamén a colaboración de empresas informáticas que lles axuden a renovar os seus equipos. O mesmo para conseguir unha nova furgoneta adaptada.
Desexamos con todas as nosas gañas que algo desto poda ser cumprido.

(Natalia e Ana)


DJ JOAQUIN

A novel cantante Edurne Garcia, quen quedou no sexto lugar do reality show
Operación Triunfo no 2005, sera a nova vocalista de La Oreja de Vang Gogh
O grupo fixo o anuncio a traves da páxina de internet los40.com, informou en Mexico
O diario El Universal.
Edurne, de 22 anos, xa estaría grabando un novo material discográfico xunto á banda que podería sair o mercado cara finais do 2008.
Logo de 11 anos, La oreja de Van Gogh quedouse sen Amaia Montero, a súa cantante principal, quen anunciou en novembro que buscaría lanzar unha carreira en solitario os 31 anos.

(Pablo y Joaquín)



RINCÓN GASTRONÓMICO

CALDO GALEGO
Tempada:
Todo o ano
Ingredientes:
Caldo do cocido
Fabas
Grelos
Patacas
Unto
Instruccións:
Escaldámolos grelos en auga moi quente para limpalos e que perdan algo de verde. Poñémolo caldo limpo a quentar e o ferver engadimo las patacas, cortadas como para tortilla, os grelos
escaldados, as fabas, remolladas do día anterior e o anaco de unto. Ten que cocer moi forte o primeiro e logo mais suave.

(Juan M.Vilar e J.M.)


ZONA OCIO

Este fin de semana poderedes disfrutar todos aqueles que vos goste esbarar sobre o xeo en patíns, da pista de xeo que estará no pavellón deportivo do Concello de Ames. Por cinco módicos euros poderedes alquilar uns patíns e dispor dunha hora para facer piruetas, e acrobacias sobre eles…bueno, ou polo menos intentalo.

(Santiago e Matilde)


SARELADAS

Hoxe pola mañá fomos a piscina, coma todos os Xoves. Primeiro vamos a nadas e logo os vestirarios a ducharnos e vestirnos. Pois ben, hoxe un de nós esqueceu o cinturón do pantalón na casa e caíanlle os pantalóns. ¡Qué risas! Agora está traballando sentado, no Taller de Periodismo, non vaia a ser que…

(Juan Rendo)

No hay comentarios: