"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



viernes, 29 de febrero de 2008

FESTA DO QUEIXO

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre este ano o seu 32 aniversario. A primeira vez que se celebrou foi en 1975.
A Festa do Queixo celébrase a primeira fin de semana de marzo e nela, ademais de enxalzar este produto, realízanse diversas actividades artísticas, culturais, folclóricas e humorísticas. A festa é o encontro máis importante canto á comercialización do Queixo de Arzúa pero nas súas vendas inflúen tamén os mercados periódicos que teñen lugar no concello, os días 8 e 22 de cada mes, e que atraen visitantes de toda a comarca.

Dende 1989 este queixo recibe a denominación de Produto Galego de Calidade e elabórase a partir do leite de natural e enteira da vaca.

Este queixo prodúcese en todos os concellos da comarca Arzúa-Ulloa: Arzúa, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vilasantar (na provincia da Coruña) e Friol, Monterroso e Palas do Rei (na provincia de Lugo).
Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa: A zona de produción de leite apta para a elaboración do queixos abeirados por esta denominación abrangue os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada e mais outros limítrofes aos anteriores nas comarcas de Santiago, Ordes, Betanzos e Lugo.
Os queixos, que se presentan en pezas de 0,5 a 3,5 quilos, van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de xeito destacado a mención da Denominación de Orixe, e cunha contraetiqueta numerada expedida e controlada polo Consello Regulador.

(Suso)


NOVAS CON VENTURA

Fidel Castro anunciou por sorpresa, á solo catro días antes das eleccións que de novo non aceptará por razóns de saúde o cargo de presidente do Consello de Estado e o de Comandante Xefe, o que significa que comeza a súa xubilación tras cincuenta anos no poder é 19 meses de convalecencia.

Raúl Castro sucederá ó seu irmán como Presidente de Cuba. Ó Parlamente elexirá o irmán de Fidel como o Xefe de Consello de Estado. Anque Fidel seguirá como lider no Partido Comunista.

En catro palabras, de Raúl Castro, podemos decir que ten 76 anos, que estubo sempre o lado de seu irmán no Partido Comunista. Participou no asalto ó Cuartel de Moncada no ano 1959 co dictador Fulgencia Batista.
Raúl foi o que, desde o seu control do Exercito, permiteu gobernar o seu irmán maior desde 1.959.

(Ventura)


DJ JOAQUIN

Actuacións na Festa do Queixo!!

Na Festa do Queixo deste ano temos como grupos principais moi bos que son Muchachito Bombo Infierno e Mala Rodriguez, que actuarán o sabado día 1. Muchachito presentará o seu segundo disco, Visto lo visto, e a Mala presentará o seu último disco, Malamarismos, no cal colaboraron artistas do alcume de Julieta Venegas.

(Joaquín e Jose)


RINCÓN GASTRONÓMICO

Tarta de Queirxo de Arzúa-Ulloa

Ingredentes.
250gr queixo de Arzúa-Ulloa , ½ de leite,2 culleradas de brandy , 2 ovos , 1/2 nata líquida, 125 gr de galletas , 1 cullerada de manteiga, 4 culleradas de sucre .
Desfacelas galletas e misturalas coa manteiga derretida e o brandi. Forrar un molde desmontable é apartamos a mistura.
Quentámolo leite e a nata nun cazo, añadímolo sucre e o queixo e removemos ata que se derreta, apartámolo do fogo ata que quede unha crema homoxénea é añadimos os ovos, vertemos a crema nunha tartaleta e cocémola no forno a temperatura media durante uns 20 minutos ata que a crema cuaxe. Desmoldar é servir fría.

(Ana e Pablo)


ZONA OCIO

EXPOSICIÓNS DAS QUE PODEDES DISFRUTAR EN SANTIAGO:

Exposición. Jannis kounellis. Ata o 6 de abril. Sede da Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. L-V de 12 a 14 e de 16 a 21 horas. Sábados, domingos e festivos de 12 a 21 horas.

Exposición. Redes de coñecemento. A Junta para Ampliación de Estudios e a ciencia en Galicia. Ata o 25 de Marzo. Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval. M-S de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos de 11 a 14 horas.

Exposición. Ilustración orixinais do libro O robot que tiña medo dos nenos. Ata o 29 de Febreiro. Biblioteca Fundación Caixa Galicia. R/ Frei Rosendo Salvado, 14-16. Luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.

Exposición.100 años de Odontología en Galicia. Ata o 9 de Abril. Salón de actos da Faculta de Odontología USC.

Coro Lígneo da Catedral de Santiago de Compostela. Exposición permanente. Igrexa de San Martiño Pinario. Praciña de San Martiño. M-D de 10 a 14 e de 16 a 21.00 horas. Invitacións gratuítas na sede da FCG na rùa do Vilar, 19.

(Natalia e Matilde)


SARELADAS

EN MARTES, NON CASES NIN EMBARQUES
Parece ser que este refrán provén da época dos romanos que non querían casar en martes, día consagrado a Marte, quen, ó ser o deus da guerra, ía traer desacordos e pelexas no matrimonio. Máis tarde aplicouse tamén ó feito de embarcar e, co paso de tempo, ampliouse metaforicamente o seu significado para empregalo en calquera actuación significativa que se comece individual ou colectivamente.
O noso refraneiro está cheo de sentencias supersticiosas como Derramar viño é bo sinal, pero non o sal e A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo, relacionado este ademais coa relixión. Tamén abundan os refráns sobre o matrimonio, a voda, os desexos de casar, casamentos interesados, etc., dos que citamos algúns exemplos: Matrimonio de parentes ten moitos inconvenientes; Nin voda triste nin enterro alegre; ¡Meu San Antoniño, dáme agora un bo maridiño! ; Casamento por interés, o contento dura un mes. Sen embargo a penas existen refráns sobre embarques a pesar de que houbo moitos, sobre todo aqueles que trasladaron os nosos emigrantes a ultramar. O mesmo se botan de falta refráns sobre os propios emigrantes e a emigración que levou a tantos galegos a Castela, á América e a Europa, tema que, sen embargo, trataron maxistral e comprometidamente os nosos escritores como Rosalía, Curros, Castelao, Celso Emilio, Neira Vilas e outros.

(Santiago e Juan)

DEIXA O MUNDO COMO ESTÁ
Un galego i un andaluz estaban nunha fonda onde somentes lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz..
O andaluz comenzóu a falarlle ao galego do momento de rotación do mundo, e, pra esplicarlle mellor, comenzóu a move-lo prato, pois o que quería era deixa-la carne do seu lado, e namentres dicía:
-¿Lo ves? Así es como gira.
Pero o galego, entendeu o xogo, e voltando o prato, coa carne para sí berroulle o andaluz:
-¡Deixa o mundo como está ou féndoche a testa!

(Juan M.)

jueves, 21 de febrero de 2008

SAÍMOS NA TELE

O mércores 20 viñeron os da Televisión de galiza para gravarnos nas actividades do Centro de Día.
Uns estabamos en Fisioterapia e os outros cas actividades de desenrrolo do blog; logo tomamos un cafeiño todos xuntos.
Despois tocaba clases de Golf no aeroclub. Fixemos un par de xogos que por certo nos saíron moi ben, e logo practicamos tiros largos.
A noticia estivo gustounos a todos os que formamos Sarela día a día porque reivindica a necesidade de centros mais grandes e que cubran as necesidades dos afectados de dano cerebral.
(Suso)


NOVAS CON VENTURA
Galicia, líder na axuda no aluguer

Ós datos presentados pola Consellería de Vivenda confirmaron que Galicia é a zona máis activa de España en tramitación da renda de emancipación. A ministra fixo onte balance da marcha deste apoio ó aluguer para os traballadores entre 22 e 30 anos, cás cifras da comunidade como gran exemplo: máis de catorce mil galegos demandaron información da renta, catro mil presentaron xa a solicitude, e a Xunta resolveu 736 expedientes, dos cales 731 son positivos. Esa cifra supon casi un 40% das 1.880 aprobadas en toda España, e dentro de 15 días recibirán a súa paga mensual.
A Conselleira Chacón apuntou que, os documentos para pedir á renta de emancipación convertíronse nun gran éxito en Internet, con mais dun millón de descargas de formularios a través da rede. Ademais, fixerónse xa 2,5 millóns de consultas telefónicas.
(Ventura)


DJ JOAQUÍN

Andres do Barro naceu en Ferrol no ano 1947 no seo dunha familia militar e morreu no ano 1989. Foi un dos primeiros cantantes en utilizalo galego na dictadura franquista e unha das suas cancións máis famosas é a do “O Tren”. No ano 1999 fixo 30 anos a edición deste disco.
(Joaquín e Jose Manuel)


ZONA OCIO

Axenda cultural de Santiago
Do día 20 de Decembro ó 24 de Febreiro no Auditorio de Galicia estará recolléndose nunca nova mostra ó V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas desde o 23 ata o 29 de Febreiro estará o Invisibeis no CSC DO Ensanche a fotógrafia de Esther Tabeada, unha mirada á cara máis incómoda de Barcelona o municipal do Ensanche e a Exposición de tapices de Caritas Dubrovin nos centros socioculturais presenta Personaxes e paisaxes nunca colección de quince tapices elaborados pola artista filandesa Carita Dubrovin Sandstrom
(Natalia e Pablo)


RINCÓN GASTRONÓMICO

BOLO DE VENTO DE ANIS
(buñuelo)

Ingredentes:
4 ovos
½ fariña de trigo
1 sobre de levadura (royal)
auga
½ de sucre
sucre moida
250 gr manteiga
1 l de aceite

Preparación:
Os 4 ovos ben batidos na batidora. Férvese a auga e despois debe de enfriar. Logo nunha mesa os ingredentes de pó ponse a fariña, o sucre e a manteiga. Tense que misturar moi ben , añadese a raiadura de limón despois a auga, ponse a levadura, a manteiga. Despois nunha tixola ponse a quentar o aceite, friense os bolos de vento e despois voteselle sucre moida os bolos de vento.

(Ana e Matilde)


SARELADAS

As Bruxas de Meigarallás
Aló nun pobo chamado Meigarallás, había unha muller que tiña dúas fillas. Cando xa eran mozas, casóu a máis vella con un herdeiro do pobo inmediato, chamado Labracengos. Dalí a pouco tempo, empezóu a correr un rumor de que a mai i a filla solteira se dedicaban a facer bruxerías. A filla que estaba casada fou un día a velas pra aconsellalas que non deran que falar á xente e que se deixasen de facer bruxerías. Elas negaron todo, e decían que endexamáis se lles pasara pola imaxinación de facer tal cousa; pero a filla non se fióu gran cousa, e, pra sabelo de certo, fixo que lle daba sono e deitóuse nun banco que había tras do lume. Cando a mai i a filla pensaron que durmía, empezaron a comentar o asunto. E dixo a mai:
-Pois cala, que mas ha de pagar. Hei de ir en forma de tábao cando o home ande arando cos bois e heillos facer remoscar a ver si se lle desgracia un.
-¡O caso é se a matan! - díxolle a filla solteira.
-¡Qué va! Menos de que me dían un ramallo de lourero bendito, non me poden facer nada, i eso non o van levar prá arada...
A filla, que se facía a dormida, tomóu boa conta do que oía. Ao día siguinte, foise pra casa e, cando chegóu, atopóu ao home xinguindo os bois no patio.
- ¿E logo? ¿Pra ónde vas cos bois, Antón? - díxolle ela.
-Vou arar ao leiro do lameiro.
- Boeno, pois eu vou contigo.
- ¿I a qué has de vir si os bois andan ben?.
- Boeno. Inda que anden, eu vou e nada máis.
Ela colléu o ramiño de loureiro bendito e metéuno debaixo do mantelo; e ambos os dous marcharon pra o leiro.
Serían as dez da mañán cando aparece un tábao grandísimo picando nos bois. Ela empezóu a poaus, pero o tábao seguía, hasta que logo, vai ela e saca de debaixo do mantelo o ramalliño de loureiro bendito. E, dándolle con il, marchóu con unha pata rota o tábao.
Desde aquela mesmo, os bois seguiron arando tranquilamente, hasta que acabaron. Esí que acabaron, fóronse pra casa, e, según chegaron, sentiron tocar a difunto en Meigarallás. Todos quén sería, quén non sería, hasta que dixo a muller:
- Seguramente foi miña mai.
- ¿E logo? ¿Estaba mala, ou? -dixo o home.
- Non, pero pasóu esto.
Contóulle o ocurrido, e logo foron aló, e, efectivamente, fora a misma.
(Santiago, Juan Rendo e Juan. M Vilar)

jueves, 14 de febrero de 2008

HOTEL EN BRANDÍA

En Vidán, no lugar de Laraño van a facer un hotel que se dí que abrirá as portas no 2009 na que foi ata agora a antiga papelería de Brandía.
Esta convertirase nun hotel moi bonito e lujoso. As cousas que terá son: piscina de flotación en agua salada que disimula O Mar Morto, zona ajardinada, áreas de paseo. O Hotel tamén terá medio cento de habitacións e un spa e utilizará placas solares e enerxía xeotérmica. Quedará moi ecolóxico ¡Eso tiña que ser o que fixeran todos!



(Natalia y Matilde)

DJ JOAQUIN

Avalon é un grupo formado por Katia violín , Sara violin , Jorge violín e Jesús violín

O repertorio é variado teñen obras renacentistas, barrocas, clasicas, romántica e en especial
música tradicional inglesa, irlandesa e escocesa para cordas de piano; dentro do ámbito do que se denomina actualmente como “música celta”.
Levan mais de dez anos tocando en todo tipo de eventos: bodas, cócteles, desfiles, catas, cenas e comidas de empresa…
Proximamente actuaran en Haro (La Rioja) nos encontros “Via Musicae” de música de cámara.

(Joaquín)

RINCÓN GASTRONÓMICO

A primeira edición do Forum Gastronómico de Santiago será os días19 e 20 de Febreiro do 2008 en Santiago no Palacio de Congresos e Exposicións de Galiza.
O evento estará orientado ao público en xeral nos seus dous primeiros días e nos seguintes estará estrictamente destinado aos profesionais do sector da hostelería e restauración.
Presentaranse e utilizaranse unha gran variedade de productos, tales como viños, aceites ,conservas , fungos , carnes , peixes, algas , queixos, licores , mariscos, hortalizas etc. Ademais haberá exposións relacionadas coa hostelería tales como maquinaria , o vestiario, vaixelas, utensilios , libros e moitos máis.

O Congreso contará coa asistencia e participación de cociñeiros de primeiro nivel da cociña Galega, Nacional e Internacional que deleitarán aos asistentes con demostracións, conferencias, clases, talleres,etc
Estarán presentes nomes tan destacados como Jordi Roca, Vitor Sobral, Stephane Buyens, Paul Cunningham, Seiji Yamamoto, Koldo Miranda, René Redzepi, etc…


(Ana y Pablo)

ZONA OCIO


Aberto o prazo para apuntarse á excursión a Serra Nevada
A Deputación da Coruña organiza unha excursión á estación invernal de Granada que se desenvolverá do 22 ao 29 de marzo e na que poderán participar rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos. As persoas interesadas en participar nesta saída a Serra Nevada poden presentar a súa inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante, unha foto de carné, unha fotocopia de documento de asistencia sanitaria e outra do libro de familia. É necesaria tamén unha copia de aboamento da cota de inscrición, que se entregará despois do sorteo público e a confirmación da praza por parte do Concello. No caso de tratamento específico ou doenza a ter en conta, deberase achegar xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Ademais, será necesario un xustificante de empadroamento.Poden descargar a ficha de inscrición na ligazón situada ao remate desta nova. Deben entregar toda a documentación solicitada no Rexistro Xeral, situado na Casa da Concello de Bertamiráns.Os que participen nesta iniciativa gozarán de actividades de neve. Asistirán a un curso de esquí de 10 horas de duración impartido por monitores titulados pertencentes á Escola autorizada de esquí e gozarán con xogos na neve e esquí libre. Como complemento, a Deputación organiza actividades culturais e de lecer: visitas á Alhambra, ao parque das ciencias e Sacramonte entre outros. O aloxamento será nun hotel de tres estrelas no casco urbano de Granada.


(Suso e José Manuel)

SARELADAS


O PADRIÑO
Un día saíu un home, que tiña un fillo pequeno, a buscar padriño pra bautizalo. Indo polo camiño, encontróu con un home que lle preguntóu pra ónde iba, e dixolle que iba buscar padriño para o neno, e dixolle: -E, ¿tú quén eres? -Eu son o demo - díxolle o home que encontrara. - Pois tú non me sirves, que enredas moito no mundo. Seguíu o camiño, e, máis adiante, encontróu outro, e se saludaron da misma maneira, e il díxolle que era Dios. - Pois tú tampouco me sirves, porque a unhos daslles todo, i a outros nada - decía o que iba buscar. Máis adiante, encontróu outro home, e volvéronse saludar como antes, e díxolle que era a morte. -Tú eres o único que me sirves, porque non escolles a nadia -dixolle el.

O FILLO TOSCO
Era unha velliña que tiña unha filla monxa e un fillo medio tosco. Chegóu o momento que ela morréo, e o fillo (que era o que estaba con ela na casa) escribíulle á irmá que lle viñese ao enterro da mai, e ademáis que lles pagara aos curas, por que il non tiña unha cadela siquiera. A monxiña veo inmediatamente a casa, e mandóu que se fixese un enterro de primeira, que ela pagaría toso.
Asi o fixeron. Pero, á hora de pagar, ela escapóu, e o rapaz (que, como dixemos, era bastante tosco e probe), cando lle reclamaron que pagara il, dixo: -Que pague a zorra da miña irmá. -Vostede está loco. ¿Cómo lle chama eisí a unha muller que está casada con Cristo? - díxolle un dos curas. -Pois, logo, que pague meo cuñado.

(Juan Rendo, Juan Manuel Vilar y Santiago)

viernes, 8 de febrero de 2008

¡VIVA A FILLOA!
O Concello da Xunta declarará como festa de interese turístico de Galicia a Festa da Filloa, que se celebrará anualmente no concello coruñés de Boqueixón o domingo seguinte o martes de Carnaval.
A filloa, a reina da festa, está feita de ovos, leite, agua, farina e sal ; a súa calidade débese a maestría dos artesanos para manter a temperatura indicada das pedras donde fan as filloas e a finura de ditas filloas. Durante a festa pódense degustar soas, con mel, e viño do Ulla.
Ademais na festa tamén teñen cabida para outros productos como: orella, chourizo, churrasco, mel…. puramente autóctonos.
Durante esta festa pódense observar: concursos de disfraces, desfiles, xogos populares ademais da música.

(Natalia e Matilde)


NOVAS CON VENTURA

A HISTORIA DO DÍA DE SAN VALENTÍN

Existen varias teorías sobre á historia de San Valentín. Algunhas afirman que os orixes atópanse en SAN VALENTÍN, un romano que se converteu en mártir por negar e renunciar á súa fe cristiá, ademais de intentar axudar a escapar ós cristiáns dos cárceres. Este home morreu o día 14 de febreiro, 269 A.d.C.
Según outra teoría, SAN VALENTÍN fora cura no templo durante o tempo que estivo no poder Clodio III. O Emperador que mandaba en Roma naquel momento, ordeou que os homes xoves deberían ser soldados, ademais de prohibirlle contraer matrimonio. Levando á contraria ó que o emperador dicía, Valentín continuou adiante en segredo co rito do matrimonio para parellas xoves. Cando o Emperador o descubriu, apresouno.
A lenda di que San Valentín deixou unha carta despedida á filla do carceleiro, da cal quedara namorado dende que ó encarcelaran. Esta carta sería a primeira carta de amor de San Valentín.

(Ventura)


ZONA OCIO

Fin de Semana Romántico por San Valentín
Balneario Compostela
Os Ánxeles en Brión

2 Saunas de calor seco
1 Ducha bitérmica e unha de aromas
1 Gan baño turco ( Calor húmido)
Escarcha de auga xiada
1Circuito circulatorio de pernas
1 Sala de relaxación con mármores quentes e cromoterapia
Menu do chef:
Primeiro plato, segundo e postre (non inclúe bodega): 39 euros + IVA

(Suso e Pablo)


DJ. JOAQUÍN

THE POWER OF LOVE (2000)

VARIOS ARTISTAS
Se o que buscades é un álbum sobre todo variado, aquí tendes unha boa opción. Neste recopilatorio atoparedes algunhas das mellores cancións de amor das últimas décadas. Tendes música romántica para rato, xa que a colección componse de catro CDs que inclúen mostras de amor para tódolos gustos, dende All round the World de Lisa Stanfield ó Unchaited Melody dos Righteous Brothers.

MIS ROMANCES (2001)

LUIS MIGUEL
Luis Miguel xa pode considerarse todo un experto neso de versionar boleros. Este é o cuarto álbum que saca nos últimos anos con este tipo de cancións, e que din que con eles logrou súa madurez musical. Calquera dos catro poderían incluirse na nosa lista, pero nos imos decantando polo máis recente: nel atoparedes boleros clásicos como Tú me acostumbraste, Amor, amor, amor, La última noche o Perfidia.

(Joaquín e JM)


RINCÓN GASTRONÓMICO

BOMBÓN RECHEO

INGREDENTES:
100grs de chocolate con leite
100grs de chocolate branco
25grs de manteiga de cacahuete
moldes para bombóns
100 grs de doce de leite

Esmigallar o chocolate branco, poñelo nun recipiente e metelo ó baño maría para desfacelo, logo bótase a manteiga de cacahuete, mistúrase ben e despois poñelo a repousar.
Despois esmigallar o chocolate con leite metelo ó baño maría e temperalo, mais tarde, refrixeralo uns minutos e armalos bombóns.
Para armalos bombóns:
Primeiro, colocar unha capa de recheo de crema de cacahuetes e enfriar de 3 a 5 minutos, depende o frío que teña a nevera. Pasado un tempo desmoldar, debe ser cun lixerio golpe ó molde, limpar os bordes con un cuchillo fino.
Antes de envolvelos hai que metelos na nevera unhas 3 horas.
NOTA: Se queres darlle máis consistencia ó recheo pódese engadir doce de leite.

(Ana e Juan Rendo)


SARELADAS

XAN E A FILLA DO REI
· Unha vez era unha filla dun rei que prometera casarse co que líe propuxera unha adiviñanza que ela non soubra acertar. Pero tamén desafiara coa forca aos que lle propuxeran algo que ela adiviñase.
Xa se presentaran moitísimos pretendentes e a todos os aforcaba, porque sempre lles acertaba o que lle propoñian.
Nunha aldea, cerca da corte, habia un mozallón que era o máis burro de toda a rodeada e tamén se líe meteu na chola ir pretender á princesa. Os irmáns del, para que non os fora avergonzar, pois xa o contaban por morto, trataron de convencelo de que non fora pero, ao que viron que non había maneira de tornalo, e para non pasaren pola vergoña de que seu irmán, o máis burro de canto se vía cos olios, se atrevera a pretender á filía do rei, envenenároníle un bolo de pan que levaba para a merenda.
O bo do Xan, que así se chamaba o mozo, colleu unha burra que tiña que lle chamaban Marta e púxose en camiño para o palacio do rei. Cando xa levaba un bo pedazo andado deulle o sono e quitoulle as alforxas á burra e deítouse a dormir. Mentras dormía a burra comeulle o bolo e, como estaba envenenado, morreu no intre. Cando Xan despertou xa era de noite e viu tres lobos
coméndolle a burra. Meteuselle tal medo que se subiu a un castiñeiro que habla ah a carón e, dende o arbre, tirouhle un tiro a un lobo e, en vez de acertaríle ao lobo, matou unha lebre que andaba por alí pacendo. A mañán, cando se baixou do castiñeiro, xa estaban os lobos mortos. Colleu a lebre que matara e marchou máis contento ca unhas pascuas. Ahí cerca había unha ermida, meteuse dentro e, coas follas do misal, guisou a lebre, que tiña dous lebratiños na barriga. Como a carne da lebre e dos lebratos lle fixera moitisima sede foise á pía da auga bendita e botou un bo trago. Mentras tanto, armouse unha tronada de tódolos diaños e a enxotada arrastrou os despoxos da burra poío río abaixo. De que parou de chover, púxose o meu Xan outra vez ao camiño e, ao pasála ponte, viu que ía a burra polo río abaixo e sete corvos enriba dela corveando.
Cando chegou a xunto da filía do rei, propúxolle unha adívíñanza con tódalas cousas que lle pasaran polo camiño. A adiviñanza era así:
-Pan matou a Marta,e ela matou tres despois de morta.Tírei ao que vine matei ao que non vin.Comín enxendrado e non nacidocon falas do Esprito Santo guisadoBebín unha cunca de auga sereaque non estaba nin no ceo nin na terra.Pasei un duro sobre un brandoe vin sobre un morto sete vivos cantando.

E como a filla do rei non foi capaz de acertarlle a adiviñanza tivo que casar con Xan.
(JM Vilar)

viernes, 1 de febrero de 2008

FITUR

A comunidade autónoma explota na feira de turismo mais grande do mundo a súa fachada oceánica. Cidades, rías, interior e gastronomía, xunto co Camiño de Santiago, son eixes de oferta para atraer visitantes. O “stand”alcanza nesta edición 1.650 metros.
Galicia venderá en Madrid a países dos cinco continentes participantes en Fitur, a maior feira de turismo, baixo o paraguas global do destino atlántico, xa que, salvo Canarias, ningunha outra comunidade ten fachada o océano.
Fitur é a feira por excelencia do turismo. Na edición do ano pasado o certamen que se celebra no recinto de Iferma rexistrou a entrada de 250.000 persoas, das que 160.000 eran profesionais.Tamén contou coa presenza de 13.190 empresas e 840 expositores directos procedentes de 170 países dos cinco continentes. Este ano, según datos dos organizadores, deu un salto. Esperemos que po vindeiro ano o salto sexa aínda maior.

(Natalia y Suso)

NOVAS CON VENTURA

O CARNAVAL EN GALICIA

En Febreiro celébranse as festas do antroido. As mais festexadas da Provincia de Ourense.

En Verin os CIGARRONS son tabén moi soados. Son festas de interese turístico nacional. Os CIGARRONS é o personaxe central. Este traxe pesa sobre 25 kilos, os que o portan é por que o levan na sangre, unha tradición que se transmite de pais a fillos. Non é facil de levar xa que as “chocas” pesan moito (son de madeira), leva palla e outros elementos que dificultan moito á movilidade. Hai que entrenar e para vestirse necesitanse varias persoas que axuden.
(Ventura y Juan Rendo)

DJ JOAQUÍN

CHARANGAS
Charanga (chamado txaranga no pais vasco e xaranga en Valencia) está composta por un grupo de músicos que mentras tocan van camiñando polas rúas.
Cando comezaron estaban compostas por músicos aficionados,da zona na que tocaban, coa música básica e repetitiva. Co tempo fóronse profesionalizando , formando grupos de músicos mais o menos estables que van a moitos lugares ó largo do ano, buscando a calidade musical.
Normalmente interpretan cancións populares cas letras pícaras e os éxitos musicais do ano, aínda que algunhas, tamén compoñen cancións propias.
Agora que comeza o entroido, moitas das charangas camiñarán e amenizarán as festas de tódalas cidades e vilas de Galicia.
(Ana y Joaquín)

RINCÓN GASTRONÓMICO

FILLOAS DE SANGUE

Ingredentes:
1 l de leite
4 ovos
1 vaso de sangue de porco
1 cullaradiña de canela
fariña (a que poida admitir)
manteiga de porco ou touciño
zucre
canela
raiadura dun limón

Bátense os ovos e botáselle á leite, o sal, a raidura do limón e unha cullaradiña de canela. Despois bótase a fariña ata formar unha pasta solta. Despois a sangue de porco misturándoa moi ben. Si a pasta ten grumos pásase polo coador. Ponse nunha tixola ó fogo, e usando un garfo untamos o fondo con manteiga ou touciño. Unha vez que a tixola este ben quente, bótase pasta ata que se solidifique e logo dámoslle a volta pa que se douren do outro lado. Retíranse. Si se quere espolvoreaselle canela ou zucre ó gusto.

(Ana y Pablo)

ZONA OCIO

As actividades previstas para o Antroido 2008 organizadas pola conselleria de festas, contarán cun orzamento de 118.914 euros. nesta cantidade inclúese o pregón, o desfile do martes de antroido, os bailes infantil e de adultos, a queima do meco e diversas actividades nas rúas e prazas entre o 2 e o6 de febreiro.
As carrozas, comparsas e demais participantes farán a súa presentación diante da estación do ferrocarril, apartires das 16:00 horas do dia 5 de febreiro. o itinerario do desfile, que comezará ás 17:30 horas, será o seguinte: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frai Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e Xoán Carlos I.
(Santiago y José Manuel)

SARELADAS

O boticario, o parvo e as moscas

Un home, que tiñan por medio aparvado, entrou unha vez na botica, e díxolle ao boticario: -¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí! -Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso. O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco. O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe dicindo según as separaba: -Esta é "mosco". Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era mosca, todas eran "moscos". Claro, non lle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa. Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que lle iba a mandar ao boticario. Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel. O boticario contestóulle: -Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón. -E máis a tiña - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel.

(Juan Vilar)