"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



viernes, 29 de febrero de 2008

FESTA DO QUEIXO

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre este ano o seu 32 aniversario. A primeira vez que se celebrou foi en 1975.
A Festa do Queixo celébrase a primeira fin de semana de marzo e nela, ademais de enxalzar este produto, realízanse diversas actividades artísticas, culturais, folclóricas e humorísticas. A festa é o encontro máis importante canto á comercialización do Queixo de Arzúa pero nas súas vendas inflúen tamén os mercados periódicos que teñen lugar no concello, os días 8 e 22 de cada mes, e que atraen visitantes de toda a comarca.

Dende 1989 este queixo recibe a denominación de Produto Galego de Calidade e elabórase a partir do leite de natural e enteira da vaca.

Este queixo prodúcese en todos os concellos da comarca Arzúa-Ulloa: Arzúa, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vilasantar (na provincia da Coruña) e Friol, Monterroso e Palas do Rei (na provincia de Lugo).
Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa: A zona de produción de leite apta para a elaboración do queixos abeirados por esta denominación abrangue os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada e mais outros limítrofes aos anteriores nas comarcas de Santiago, Ordes, Betanzos e Lugo.
Os queixos, que se presentan en pezas de 0,5 a 3,5 quilos, van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de xeito destacado a mención da Denominación de Orixe, e cunha contraetiqueta numerada expedida e controlada polo Consello Regulador.

(Suso)


NOVAS CON VENTURA

Fidel Castro anunciou por sorpresa, á solo catro días antes das eleccións que de novo non aceptará por razóns de saúde o cargo de presidente do Consello de Estado e o de Comandante Xefe, o que significa que comeza a súa xubilación tras cincuenta anos no poder é 19 meses de convalecencia.

Raúl Castro sucederá ó seu irmán como Presidente de Cuba. Ó Parlamente elexirá o irmán de Fidel como o Xefe de Consello de Estado. Anque Fidel seguirá como lider no Partido Comunista.

En catro palabras, de Raúl Castro, podemos decir que ten 76 anos, que estubo sempre o lado de seu irmán no Partido Comunista. Participou no asalto ó Cuartel de Moncada no ano 1959 co dictador Fulgencia Batista.
Raúl foi o que, desde o seu control do Exercito, permiteu gobernar o seu irmán maior desde 1.959.

(Ventura)


DJ JOAQUIN

Actuacións na Festa do Queixo!!

Na Festa do Queixo deste ano temos como grupos principais moi bos que son Muchachito Bombo Infierno e Mala Rodriguez, que actuarán o sabado día 1. Muchachito presentará o seu segundo disco, Visto lo visto, e a Mala presentará o seu último disco, Malamarismos, no cal colaboraron artistas do alcume de Julieta Venegas.

(Joaquín e Jose)


RINCÓN GASTRONÓMICO

Tarta de Queirxo de Arzúa-Ulloa

Ingredentes.
250gr queixo de Arzúa-Ulloa , ½ de leite,2 culleradas de brandy , 2 ovos , 1/2 nata líquida, 125 gr de galletas , 1 cullerada de manteiga, 4 culleradas de sucre .
Desfacelas galletas e misturalas coa manteiga derretida e o brandi. Forrar un molde desmontable é apartamos a mistura.
Quentámolo leite e a nata nun cazo, añadímolo sucre e o queixo e removemos ata que se derreta, apartámolo do fogo ata que quede unha crema homoxénea é añadimos os ovos, vertemos a crema nunha tartaleta e cocémola no forno a temperatura media durante uns 20 minutos ata que a crema cuaxe. Desmoldar é servir fría.

(Ana e Pablo)


ZONA OCIO

EXPOSICIÓNS DAS QUE PODEDES DISFRUTAR EN SANTIAGO:

Exposición. Jannis kounellis. Ata o 6 de abril. Sede da Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. L-V de 12 a 14 e de 16 a 21 horas. Sábados, domingos e festivos de 12 a 21 horas.

Exposición. Redes de coñecemento. A Junta para Ampliación de Estudios e a ciencia en Galicia. Ata o 25 de Marzo. Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval. M-S de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos de 11 a 14 horas.

Exposición. Ilustración orixinais do libro O robot que tiña medo dos nenos. Ata o 29 de Febreiro. Biblioteca Fundación Caixa Galicia. R/ Frei Rosendo Salvado, 14-16. Luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.

Exposición.100 años de Odontología en Galicia. Ata o 9 de Abril. Salón de actos da Faculta de Odontología USC.

Coro Lígneo da Catedral de Santiago de Compostela. Exposición permanente. Igrexa de San Martiño Pinario. Praciña de San Martiño. M-D de 10 a 14 e de 16 a 21.00 horas. Invitacións gratuítas na sede da FCG na rùa do Vilar, 19.

(Natalia e Matilde)


SARELADAS

EN MARTES, NON CASES NIN EMBARQUES
Parece ser que este refrán provén da época dos romanos que non querían casar en martes, día consagrado a Marte, quen, ó ser o deus da guerra, ía traer desacordos e pelexas no matrimonio. Máis tarde aplicouse tamén ó feito de embarcar e, co paso de tempo, ampliouse metaforicamente o seu significado para empregalo en calquera actuación significativa que se comece individual ou colectivamente.
O noso refraneiro está cheo de sentencias supersticiosas como Derramar viño é bo sinal, pero non o sal e A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo, relacionado este ademais coa relixión. Tamén abundan os refráns sobre o matrimonio, a voda, os desexos de casar, casamentos interesados, etc., dos que citamos algúns exemplos: Matrimonio de parentes ten moitos inconvenientes; Nin voda triste nin enterro alegre; ¡Meu San Antoniño, dáme agora un bo maridiño! ; Casamento por interés, o contento dura un mes. Sen embargo a penas existen refráns sobre embarques a pesar de que houbo moitos, sobre todo aqueles que trasladaron os nosos emigrantes a ultramar. O mesmo se botan de falta refráns sobre os propios emigrantes e a emigración que levou a tantos galegos a Castela, á América e a Europa, tema que, sen embargo, trataron maxistral e comprometidamente os nosos escritores como Rosalía, Curros, Castelao, Celso Emilio, Neira Vilas e outros.

(Santiago e Juan)

DEIXA O MUNDO COMO ESTÁ
Un galego i un andaluz estaban nunha fonda onde somentes lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz..
O andaluz comenzóu a falarlle ao galego do momento de rotación do mundo, e, pra esplicarlle mellor, comenzóu a move-lo prato, pois o que quería era deixa-la carne do seu lado, e namentres dicía:
-¿Lo ves? Así es como gira.
Pero o galego, entendeu o xogo, e voltando o prato, coa carne para sí berroulle o andaluz:
-¡Deixa o mundo como está ou féndoche a testa!

(Juan M.)

No hay comentarios: