A comunidade autónoma explota na feira de turismo mais grande do mundo a súa fachada oceánica. Cidades, rías, interior e gastronomía, xunto co Camiño de Santiago, son eixes de oferta para atraer visitantes. O “stand”alcanza nesta edición 1.650 metros.
Galicia venderá en Madrid a países dos cinco continentes participantes en Fitur, a maior feira de turismo, baixo o paraguas global do destino atlántico, xa que, salvo Canarias, ningunha outra comunidade ten fachada o océano.
Fitur é a feira por excelencia do turismo. Na edición do ano pasado o certamen que se celebra no recinto de Iferma rexistrou a entrada de 250.000 persoas, das que 160.000 eran profesionais.Tamén contou coa presenza de 13.190 empresas e 840 expositores directos procedentes de 170 países dos cinco continentes. Este ano, según datos dos organizadores, deu un salto. Esperemos que po vindeiro ano o salto sexa aínda maior.
(Natalia y Suso)
NOVAS CON VENTURA
O CARNAVAL EN GALICIA
En Febreiro celébranse as festas do antroido. As mais festexadas da Provincia de Ourense.
En Verin os CIGARRONS son tabén moi soados. Son festas de interese turístico nacional. Os CIGARRONS é o personaxe central. Este traxe pesa sobre 25 kilos, os que o portan é por que o levan na sangre, unha tradición que se transmite de pais a fillos. Non é facil de levar xa que as “chocas” pesan moito (son de madeira), leva palla e outros elementos que dificultan moito á movilidade. Hai que entrenar e para vestirse necesitanse varias persoas que axuden.
(Ventura y Juan Rendo)
DJ JOAQUÍN
CHARANGAS
Charanga (chamado txaranga no pais vasco e xaranga en Valencia) está composta por un grupo de músicos que mentras tocan van camiñando polas rúas.
Cando comezaron estaban compostas por músicos aficionados,da zona na que tocaban, coa música básica e repetitiva. Co tempo fóronse profesionalizando , formando grupos de músicos mais o menos estables que van a moitos lugares ó largo do ano, buscando a calidade musical.
Normalmente interpretan cancións populares cas letras pícaras e os éxitos musicais do ano, aínda que algunhas, tamén compoñen cancións propias.
Agora que comeza o entroido, moitas das charangas camiñarán e amenizarán as festas de tódalas cidades e vilas de Galicia.
(Ana y Joaquín)
RINCÓN GASTRONÓMICO
FILLOAS DE SANGUE
Ingredentes:
1 l de leite
4 ovos
1 vaso de sangue de porco
1 cullaradiña de canela
fariña (a que poida admitir)
manteiga de porco ou touciño
zucre
canela
raiadura dun limón
Bátense os ovos e botáselle á leite, o sal, a raidura do limón e unha cullaradiña de canela. Despois bótase a fariña ata formar unha pasta solta. Despois a sangue de porco misturándoa moi ben. Si a pasta ten grumos pásase polo coador. Ponse nunha tixola ó fogo, e usando un garfo untamos o fondo con manteiga ou touciño. Unha vez que a tixola este ben quente, bótase pasta ata que se solidifique e logo dámoslle a volta pa que se douren do outro lado. Retíranse. Si se quere espolvoreaselle canela ou zucre ó gusto.
(Ana y Pablo)
ZONA OCIO
As actividades previstas para o Antroido 2008 organizadas pola conselleria de festas, contarán cun orzamento de 118.914 euros. nesta cantidade inclúese o pregón, o desfile do martes de antroido, os bailes infantil e de adultos, a queima do meco e diversas actividades nas rúas e prazas entre o 2 e o6 de febreiro.
As carrozas, comparsas e demais participantes farán a súa presentación diante da estación do ferrocarril, apartires das 16:00 horas do dia 5 de febreiro. o itinerario do desfile, que comezará ás 17:30 horas, será o seguinte: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frai Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e Xoán Carlos I.
(Santiago y José Manuel)
SARELADAS
O boticario, o parvo e as moscas
Un home, que tiñan por medio aparvado, entrou unha vez na botica, e díxolle ao boticario: -¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí! -Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso. O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco. O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe dicindo según as separaba: -Esta é "mosco". Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era mosca, todas eran "moscos". Claro, non lle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa. Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que lle iba a mandar ao boticario. Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel. O boticario contestóulle: -Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón. -E máis a tiña - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel.
(Juan Vilar)
viernes, 1 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario