En Vidán, no lugar de Laraño van a facer un hotel que se dí que abrirá as portas no 2009 na que foi ata agora a antiga papelería de Brandía.
Esta convertirase nun hotel moi bonito e lujoso. As cousas que terá son: piscina de flotación en agua salada que disimula O Mar Morto, zona ajardinada, áreas de paseo. O Hotel tamén terá medio cento de habitacións e un spa e utilizará placas solares e enerxía xeotérmica. Quedará moi ecolóxico ¡Eso tiña que ser o que fixeran todos!
(Natalia y Matilde)
DJ JOAQUIN
Avalon é un grupo formado por Katia violín , Sara violin , Jorge violín e Jesús violín
O repertorio é variado teñen obras renacentistas, barrocas, clasicas, romántica e en especial
música tradicional inglesa, irlandesa e escocesa para cordas de piano; dentro do ámbito do que se denomina actualmente como “música celta”.
Levan mais de dez anos tocando en todo tipo de eventos: bodas, cócteles, desfiles, catas, cenas e comidas de empresa…
Proximamente actuaran en Haro (La Rioja) nos encontros “Via Musicae” de música de cámara.
(Joaquín)
RINCÓN GASTRONÓMICO
A primeira edición do Forum Gastronómico de Santiago será os días19 e 20 de Febreiro do 2008 en Santiago no Palacio de Congresos e Exposicións de Galiza.
O evento estará orientado ao público en xeral nos seus dous primeiros días e nos seguintes estará estrictamente destinado aos profesionais do sector da hostelería e restauración.
Presentaranse e utilizaranse unha gran variedade de productos, tales como viños, aceites ,conservas , fungos , carnes , peixes, algas , queixos, licores , mariscos, hortalizas etc. Ademais haberá exposións relacionadas coa hostelería tales como maquinaria , o vestiario, vaixelas, utensilios , libros e moitos máis.
O Congreso contará coa asistencia e participación de cociñeiros de primeiro nivel da cociña Galega, Nacional e Internacional que deleitarán aos asistentes con demostracións, conferencias, clases, talleres,etc
Estarán presentes nomes tan destacados como Jordi Roca, Vitor Sobral, Stephane Buyens, Paul Cunningham, Seiji Yamamoto, Koldo Miranda, René Redzepi, etc…
(Ana y Pablo)
ZONA OCIO
Aberto o prazo para apuntarse á excursión a Serra Nevada
A Deputación da Coruña organiza unha excursión á estación invernal de Granada que se desenvolverá do 22 ao 29 de marzo e na que poderán participar rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos. As persoas interesadas en participar nesta saída a Serra Nevada poden presentar a súa inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante, unha foto de carné, unha fotocopia de documento de asistencia sanitaria e outra do libro de familia. É necesaria tamén unha copia de aboamento da cota de inscrición, que se entregará despois do sorteo público e a confirmación da praza por parte do Concello. No caso de tratamento específico ou doenza a ter en conta, deberase achegar xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Ademais, será necesario un xustificante de empadroamento.Poden descargar a ficha de inscrición na ligazón situada ao remate desta nova. Deben entregar toda a documentación solicitada no Rexistro Xeral, situado na Casa da Concello de Bertamiráns.Os que participen nesta iniciativa gozarán de actividades de neve. Asistirán a un curso de esquí de 10 horas de duración impartido por monitores titulados pertencentes á Escola autorizada de esquí e gozarán con xogos na neve e esquí libre. Como complemento, a Deputación organiza actividades culturais e de lecer: visitas á Alhambra, ao parque das ciencias e Sacramonte entre outros. O aloxamento será nun hotel de tres estrelas no casco urbano de Granada.
(Suso e José Manuel)
SARELADAS
O PADRIÑO
Un día saíu un home, que tiña un fillo pequeno, a buscar padriño pra bautizalo. Indo polo camiño, encontróu con un home que lle preguntóu pra ónde iba, e dixolle que iba buscar padriño para o neno, e dixolle: -E, ¿tú quén eres? -Eu son o demo - díxolle o home que encontrara. - Pois tú non me sirves, que enredas moito no mundo. Seguíu o camiño, e, máis adiante, encontróu outro, e se saludaron da misma maneira, e il díxolle que era Dios. - Pois tú tampouco me sirves, porque a unhos daslles todo, i a outros nada - decía o que iba buscar. Máis adiante, encontróu outro home, e volvéronse saludar como antes, e díxolle que era a morte. -Tú eres o único que me sirves, porque non escolles a nadia -dixolle el.
O FILLO TOSCO
Era unha velliña que tiña unha filla monxa e un fillo medio tosco. Chegóu o momento que ela morréo, e o fillo (que era o que estaba con ela na casa) escribíulle á irmá que lle viñese ao enterro da mai, e ademáis que lles pagara aos curas, por que il non tiña unha cadela siquiera. A monxiña veo inmediatamente a casa, e mandóu que se fixese un enterro de primeira, que ela pagaría toso.
Asi o fixeron. Pero, á hora de pagar, ela escapóu, e o rapaz (que, como dixemos, era bastante tosco e probe), cando lle reclamaron que pagara il, dixo: -Que pague a zorra da miña irmá. -Vostede está loco. ¿Cómo lle chama eisí a unha muller que está casada con Cristo? - díxolle un dos curas. -Pois, logo, que pague meo cuñado.
(Juan Rendo, Juan Manuel Vilar y Santiago)
jueves, 14 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario