"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 21 de febrero de 2008

SAÍMOS NA TELE

O mércores 20 viñeron os da Televisión de galiza para gravarnos nas actividades do Centro de Día.
Uns estabamos en Fisioterapia e os outros cas actividades de desenrrolo do blog; logo tomamos un cafeiño todos xuntos.
Despois tocaba clases de Golf no aeroclub. Fixemos un par de xogos que por certo nos saíron moi ben, e logo practicamos tiros largos.
A noticia estivo gustounos a todos os que formamos Sarela día a día porque reivindica a necesidade de centros mais grandes e que cubran as necesidades dos afectados de dano cerebral.
(Suso)


NOVAS CON VENTURA
Galicia, líder na axuda no aluguer

Ós datos presentados pola Consellería de Vivenda confirmaron que Galicia é a zona máis activa de España en tramitación da renda de emancipación. A ministra fixo onte balance da marcha deste apoio ó aluguer para os traballadores entre 22 e 30 anos, cás cifras da comunidade como gran exemplo: máis de catorce mil galegos demandaron información da renta, catro mil presentaron xa a solicitude, e a Xunta resolveu 736 expedientes, dos cales 731 son positivos. Esa cifra supon casi un 40% das 1.880 aprobadas en toda España, e dentro de 15 días recibirán a súa paga mensual.
A Conselleira Chacón apuntou que, os documentos para pedir á renta de emancipación convertíronse nun gran éxito en Internet, con mais dun millón de descargas de formularios a través da rede. Ademais, fixerónse xa 2,5 millóns de consultas telefónicas.
(Ventura)


DJ JOAQUÍN

Andres do Barro naceu en Ferrol no ano 1947 no seo dunha familia militar e morreu no ano 1989. Foi un dos primeiros cantantes en utilizalo galego na dictadura franquista e unha das suas cancións máis famosas é a do “O Tren”. No ano 1999 fixo 30 anos a edición deste disco.
(Joaquín e Jose Manuel)


ZONA OCIO

Axenda cultural de Santiago
Do día 20 de Decembro ó 24 de Febreiro no Auditorio de Galicia estará recolléndose nunca nova mostra ó V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas desde o 23 ata o 29 de Febreiro estará o Invisibeis no CSC DO Ensanche a fotógrafia de Esther Tabeada, unha mirada á cara máis incómoda de Barcelona o municipal do Ensanche e a Exposición de tapices de Caritas Dubrovin nos centros socioculturais presenta Personaxes e paisaxes nunca colección de quince tapices elaborados pola artista filandesa Carita Dubrovin Sandstrom
(Natalia e Pablo)


RINCÓN GASTRONÓMICO

BOLO DE VENTO DE ANIS
(buñuelo)

Ingredentes:
4 ovos
½ fariña de trigo
1 sobre de levadura (royal)
auga
½ de sucre
sucre moida
250 gr manteiga
1 l de aceite

Preparación:
Os 4 ovos ben batidos na batidora. Férvese a auga e despois debe de enfriar. Logo nunha mesa os ingredentes de pó ponse a fariña, o sucre e a manteiga. Tense que misturar moi ben , añadese a raiadura de limón despois a auga, ponse a levadura, a manteiga. Despois nunha tixola ponse a quentar o aceite, friense os bolos de vento e despois voteselle sucre moida os bolos de vento.

(Ana e Matilde)


SARELADAS

As Bruxas de Meigarallás
Aló nun pobo chamado Meigarallás, había unha muller que tiña dúas fillas. Cando xa eran mozas, casóu a máis vella con un herdeiro do pobo inmediato, chamado Labracengos. Dalí a pouco tempo, empezóu a correr un rumor de que a mai i a filla solteira se dedicaban a facer bruxerías. A filla que estaba casada fou un día a velas pra aconsellalas que non deran que falar á xente e que se deixasen de facer bruxerías. Elas negaron todo, e decían que endexamáis se lles pasara pola imaxinación de facer tal cousa; pero a filla non se fióu gran cousa, e, pra sabelo de certo, fixo que lle daba sono e deitóuse nun banco que había tras do lume. Cando a mai i a filla pensaron que durmía, empezaron a comentar o asunto. E dixo a mai:
-Pois cala, que mas ha de pagar. Hei de ir en forma de tábao cando o home ande arando cos bois e heillos facer remoscar a ver si se lle desgracia un.
-¡O caso é se a matan! - díxolle a filla solteira.
-¡Qué va! Menos de que me dían un ramallo de lourero bendito, non me poden facer nada, i eso non o van levar prá arada...
A filla, que se facía a dormida, tomóu boa conta do que oía. Ao día siguinte, foise pra casa e, cando chegóu, atopóu ao home xinguindo os bois no patio.
- ¿E logo? ¿Pra ónde vas cos bois, Antón? - díxolle ela.
-Vou arar ao leiro do lameiro.
- Boeno, pois eu vou contigo.
- ¿I a qué has de vir si os bois andan ben?.
- Boeno. Inda que anden, eu vou e nada máis.
Ela colléu o ramiño de loureiro bendito e metéuno debaixo do mantelo; e ambos os dous marcharon pra o leiro.
Serían as dez da mañán cando aparece un tábao grandísimo picando nos bois. Ela empezóu a poaus, pero o tábao seguía, hasta que logo, vai ela e saca de debaixo do mantelo o ramalliño de loureiro bendito. E, dándolle con il, marchóu con unha pata rota o tábao.
Desde aquela mesmo, os bois seguiron arando tranquilamente, hasta que acabaron. Esí que acabaron, fóronse pra casa, e, según chegaron, sentiron tocar a difunto en Meigarallás. Todos quén sería, quén non sería, hasta que dixo a muller:
- Seguramente foi miña mai.
- ¿E logo? ¿Estaba mala, ou? -dixo o home.
- Non, pero pasóu esto.
Contóulle o ocurrido, e logo foron aló, e, efectivamente, fora a misma.
(Santiago, Juan Rendo e Juan. M Vilar)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

non mo podía crer o outro día cando, sentadiña no meu sofá de meu piso de tarragona, poño a tvg vía satélite e reconozco a santi dentro da pantalla....logo, cando empecei a reaccionar, vin que tamén saían suso, joaquín, natalia, juan, pablo, jose,ana e demais familia!!!asi que podo decir que VOS VIN POLA TELE e non sabedes o contenta que me puxen!casi se pode decir uqe me alegrastes o que me quedaba de día. Resulta moi bonito estar lonxe da túa casa e encontrarte de repente conque non só tes noticias de xente á que aprecias de forma inesperada, senón que tes oportunidad de velos fisicamente!!!!
A todo esto!parece ser que falan de centros de día! se buscades psicóloga/monitora/traballadora anónima xa sabedes ande atopala jaja..miña inestimable colaboración está ó voso alcance.
Bueno! nonvos enredo mais!
biquiños para todos de galaica anónima en tarragona!

sther dijo...

Hola rapaces! son Esther!!Debia de facer un ou dous meses que non lía o voso xornal, e acabo de estar mooooiii sorprendida. Ultimamente non fago máis que traballar, e éme imposible achegarme como prometín a saudar! Espero poder achegarme canto antes, seguides estando na asociacion os xoves a partires das 12??
Estou moi contenta de que o xornal vaia tan ben!!, e espero que todo o demais tamén!!
A ver se nos vemos pronto!
Un saúdo!