Excursión ao Algarve
Saímos o Mércores día dezanove pola mañá moi cedo en autobús e dirixímonos o Sur de Portugal a unha zona moi visitada turísticamente chamada o Algarve. Chegamos para a hora do xantar e pola tarde adicámonos a visitalas instalacións do hotel “Vila Galé” situado no Vale do Olival e os seus arredores. Na mañá do Xoves visitamos Sagres e o Cabo San Vicente e pola tarde fomos ata a cidade de Olhao e o Faro, que é a capital de Algarve. O longo do Venres, coñecemos a cidade de Silves, famosa pola súas ruinas e logo unha antiga aldea de pescadores chamada Carvoeiro, tamén Vilamoura por ser un dos maiores complexos turísticos de Europa e a Albufeira, donde se atopan unhas das máis famosas e belas praias do Algarve. O sábado e penúltimo día de estancia alí, adicámolo tempo a visitar Castromarín e continuamos despois cara a desembocadura do río Guadiana ata a fronteiriza cidade de Vilareal de Santo Antonio. A tarde tivémola libre para poder mercar algún que outro agasallo. Saímos de volta os nosos lugares de orixe o Domingo pola maña tralo almorzo.
Sen dúbida é unha excursión recomensable para todo aquel que lle apetezca coñecer o Sur do noso país veciño.
(Juan Manuel Vilar)
ZONA OCIO
CINE&VENTURA
Mar Adentro
Esta historia fala de Ramón Sampedro, un veciño da parroquia de Sonense de Sampedro que tivo un accidente fai corenta anos cando se tirou de cabeza a auga nunha furna e como consecuencia quedou tivo unha lesión que o deixou inmobilizado totalmente. Ramón soñaba como mar dende a súa cama e vivía ca súa familia que o axudaba. Logo coñeceu a unha amiga, Xulia, que sería unha persoa importante na súa vida e na súa morte.
Eu penso que a película fala de dúas historias distintas e que son paralelas; Ramón quere morrer e que Xulia quere vivir.
Mar adentro significa que hai un mar adentro de Ramón Sampedro que pide morrer e pide que alguén o axude.
Pola contra Xulia, trata de vivir, ten unha enfermidade dexenerativa e loita contra o mesmo mar adentro.
(Ventura)
BELEZA&NATALIA
Manicura Francesa
A Manicura Francesa non soe sair ben a primeira, así que non te desesperes. Vai probando varias veces, pillaraslle o tranquillo. Para que che saia ben, en tendas hai unha especie de pegatinas que che axudan a que non che saian das unllas o pintalas.
O primeiro que debes facer e unha manicura completa das mans
Cando xa o temos as mans perfectamente hidratadas e as unllas limadas e sen pel morta podemos empezar a pintalas
Para facer a manicura francesa necesitamos adquirir duas pinturas un branco e outro carne ou se non rosado clariño.
Primeiro pintamos a unlla completamente co esmalte cor carne ou rosa e esperamos que seque
Logo impregnamos o cor branco con moi pouco esmalte e facemos unha pequena franxa no extremo superior da unlla .Facemos este paso unha por unha e esperamos a que seque
Unha vez secas para que se pegue perfectamente a franxa branca que pintamos damos unha segunda capa de pintaunllas cor carne ou rosado
(Natalia)
MOTOR&SUSO
Fernando Alonso apenas fixo dúas carreiras no mundial de Fórmula 1 e Fernando xa deixou caer que podría buscarse outro equipo, esta vez Ferrari. "yo siempre intento estar en el mejor coche", declarou Alonso. "Ahora estoy en Renault porque quiero volver a ganar, como en 2005 y 2006, si no sucede este año que sea el próximo. Pero tengo la opción de irme para poder estar en el mejor auto, y claramente Ferrari es uno de los mejores". Creo que con esto non fai falta falar mais.
(Suso e J.M.)
DJ JOAQUÍN
As festas da Pascua en Padrón non puideron empezar con mellor pé. O concerto do grupo madrileño de pop-rock Pereza levou ata a capital do Sar a centos de xoves achegados de tódolos sitios de Galicia.
O macro escenario sobre o que actuou a banda madrileña quedou nun lateral do campo de fútbol do Souto. Nos improvisados vestiarios, o grupo daría boa conta dun cáterin, así como empanadas, tortillas, galletas, cervexas, red bull, refrescos e algunha que outra bebida destilada. Co primeiro “boas noites Padrón” os centos de xoves berraron ao mesmo son vítores e entonaron algunhas das letras coas que o grupo triunfou no Souto. Pereza interpretou temas tan archicoñecidos como Princesas, Pienso en aquella tarde ou Todo, xunto a cancións do seu novo traballo Aproximacións. O público aguantou o intenso frío ao pé do escenario, bailando, saltando ou gravando imaxes do concerto, mentres ca outros, os menos, buscaban o abrigo das gradas.
(Joaquín)
RINCON GASTRONÓMICO
Tarta manzana
Ingredentes:
1 kg de mazas
1 vaso de fariña
1 a mitade dun de leite a outra de auga
4 ovos
¾ dun vaso de sucre
½ medio sobre de levadura
manteiga para o molde
Preparación:
Hai que pelalas mazas. Trocealas todas menos unha. Bater ben os ovos e misturarlos coa fariña,o sucre, a levadura, o leite, a auga e os ovos.
Recubrir coa manteiga o molde. Verter a masa. Cubrir ca maza sosbrante cortada en rodaxas e espolvorear con sucre en pó por encima. Despois fornear durante corenta minutos a temperatura media co forno previamente quente.
(Ana e Matilde)
SARELADAS
Vale máis un mal acordo ca un bo preito
O absurdo dos preitos ponse de manifesto naquel conto popular, como populares son os refráns, que nos narra a discusión de dous labregos que ían de mañá cedo para a feira e oíron cucar o cuco. Cada un deles afirmaba que o cuco cantara para el, pois xa se sabe que o canto do cuco trae boa sorte a quen o oe de primeiro. Como non se puxeron de acordo decidiron ir a un xuíz. Contáronlle o sucedido e plantexáronlle o que pretendían. O xuíz quedou abraiado co que lle solicitaban, pero, despois de pensar un pouco, dixo:
- Déanme vinte pesos cada un e despois dígolles para quen cantou o cuco.
Os dous así o fixeron e o xuíz axiña resolveu:
- O cuco non cantou para ningún de vostedes. O cuco cantou para min que gañei corenta pesos.
(Santiago e Juan Rendo)
jueves, 27 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario