"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



viernes, 25 de abril de 2008

O Día internacional dos traballadores ou Día internacional do traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial.
Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axusticiados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partires do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Por mor disto, na vindeira semana, non haberá blog nosos queridos lectores, polo que...ata a seguinte semana!!

(Juan M. Vilar e Santiago)

ZONA OCIO

CINE&VENTURA

HANNAH E AS SÚAS IRMÁS

Actores = Woody Allen (Mikey), Mia Farrow(Hannah), Bárbara Hershay (Lee), Dianne Wiest (Holly)

Todo comeza nun Día de Gracias, ninguén ten problemas, pero vese que, hai unha actriz que foi alcólica, un avó que foi pianista de pouco rendo...
Hannah ten que levar todo o peso da festa e ela é a que leva sempre o traballo dos seus fillos. Lee pídelle sempre cartos para os seus negocios que nunca lle van ben. Logo está Holly que nunca vai a festa porque sempre está baixa de moral por mor do seu marido.
Aparece Mikey, que vai sempre con presa, e que leva os regalos do Día de Gracias. É Hipocondríaco, e coma sempre cre que ten algo malo.
A historia da vida dos protagonista transcorre paralela e cai mudando cos acontecementos.Todoremata noutro Día de Gracias, Hannah continua co seu marido. Miky deixa a televisión e sige con Lee que se quedou preñada, Holly atopa unha parella distinta e traballa na universidade.

BELEZA&NATALIA
CHOCOTERAPIA
O uso do cacao con fins estéticos obtense mediante a aplicación superficial do delicioso alimento sobre a pel. O chocolate ten propiedades antioxidantes tanto por vía oral como cutánea.
O cacao é un alimento vivificante con propiedades estimulantes, que reanima e conforta o corpo . É unha excelente terapia para subir o ánimo e axuda a eliminala fatiga. O seu sabor doce aumenta o nivel de serotonina. Por eso as chocolatoadictas mitigan as súas penas co preciado manxar. Dende o nivel dietético, o mellor é o chocolate puro, o negro sen leite e mellor sen sucre. Sen dúbida a sensación xeral de benestar, será maior se liberas tódalas calorías posibles.
Ademáis do seu sabor doce e o seu aroma como materia prima está exento de golosina, o cacao ten propiedades naturais con beneficios terapeúticos. Non en vano, os maias chamábano alimento dos deuses. Cada froito en forma de baia contén entre 30 e 40 sementes.
Existen as especies da árbore do cacao: o “Forastero” e o “Criollo”. Ámbalas conteñen antocianinas, flavonoides con propiedades rexeneradoras e reconstituíntes. magnesio e vitaminas B1 e o ácido fólico. É por tanto un alimento excepcional que proporciona grandes dosis de enerxía nutritiva.


MOTOR&SUSO
Rali de Noia II
O piloto ferrolano Pedro Burgo, o que acompañou o seu irmán Marcos, adxudicouse con gran autoridade o XXIV Rali Ría de Noia, proba valedoira para o campionato galego da especialidade. A bordo do seu Mitsubishi Evo VIII, Burgo logrou impoñerse en casi tódolos tramos de velocidade.
Con esta victoria, o piloto ferrolano, que xa ganou a primera proba do campeonato galego en Lalín, afianzase ao frente da clasificación. Luis Penido, acompañouse de Eladio Ronquete, co seu Mitsubishi EVO VI, que debutaba esta tempada no Campionato Galego.
Por detrás destos, Luis Vilariño, cunha gran actuación, mantivo unha boa terceira posición co seu Fiat Grande Punto S2000 e acompañado de Ramón López. Bamarti con Manuel Campos Fuentes e un Peugeot 306 Maxi, non tivo o seu día, xa que sufriu problemas mecánicos na segunda pasada por Outes e por encima resultou penalizado con dez segundos.
A carreira foi moi accidentada pola choiva anque non se produxeron incidentes importantes, somentes as habituais saídas da calzada e averías. O rali organizado pola escudería Berberecho, estivo composto por catro tramos con dúas voltas cronometradas por cada un, que totalizaron 94 kilómetros.
Un dos grandes atractivos do rali era ver xuntos, despois de dous anos, a Bamarti (actual campeón galego), Pedro Burgo e Manuel Senra, xa que este último está centrado no campeonato nacional. Senra, un asiduo das probas noiesa, tívose que conformar cun sexto posto na xeral.
(SUSO & J.M)


DJ JOAQUÍN
Sábado, 26 Abril 2008
A Coruña
20:30 Teatro Colòn

Eleftheria Arvanitaki, unha voz auténtica que congrega a miles de persoas en cada concerto, ofrecendo unha combinación grega de raiz e unha nova estética surxida dos sons urbáns. Boa música e moito entusiasmo é o que nos levamos das actuacións de Eleftheria, a artista mais
Coñecida da música Rebética, así como a promotora e impulsora deste xénero, ata entón pouco difundido.

(Joaquín)

RINCÓN GASTRONÓMICO
A asociación cultural de A Madalena do Milladoiro, Ames, conseguiu que a calidade das súas tapas se impuxe as fortes choivas que no pasado domingo se cebaron coa área de Terras, e deu saída o groso de dúas mil racións. Entre outras esquisiteces había fideuá, langostinos, empanadas de varios ingrendentes, churrasco, champiñóns, chourizos, navallas e nécoras. Acudiron centos de persoas durante todo o día, figurando as navallas como prato mais demandado pola xente.
(Matilde e Ana)


SARELADAS
CHISTE

Ía un home cun burro e cun can andando por un camiño. O home e o can apuraban moito o paso, polo que o burro dixo:
- Non corrades tanto, oh!!
O home ao escoitalo burro comezou a correr co medo sen parar ata que chegou debaixo dunha árbore. O can seguiuno. Cando colleron folgos dille o can:
- Que susto os meteu o carajo do burro ao falar eh, amigo!
(Juan Rendo)

1 comentario:

Anónimo dijo...

acabo de ve-la reseña de ventura acerca da peli de woody allen. non sabia que nesa peli salía mia farrow.
que tal vos vai todo?
estarei dentro de pouco en gz asi que intentarei ir a vervos...q da outra vez non tuven tempo.
un bico moi grande da usuaria anónima.
¿sabedes q xa fai un ano que marchei?