A illa de Salvora, que pertence a parroquia riveirense de Aguiño, abreu o
seu terreo aos visitantes. Desde fai uns días pódese acceder ao lugar a través dos servizos que ofertan as navieras Turimares e Aquarium O Grove. O embarque pode facerse nos portos de Aguiño, Ribeira, O Grove e Cambados. De tódolos xeitos está pendente un proxecto de adecuación da zona, así como tamén de recuperación e creación de sendeiros peatonis para facelo acceso máis axeitado. O obxetivo é o de promover e disfrutar do coñecemento dos valores naturais da illa por parte do público.
(Juan Manuel Vilar e Juan Rendo)
CINE&VENTURA
O Capitán Kidd
Actores: Charles Laughton, Randolph Scott, Barbara Britton
O final do século XVII, o capitán Kidd fíxose famoso porque era moi despiadado, sobre todo odiábano os barcos españois. O capitán lograba que o inxenuo monarca Guillerme III contratara os seus servizos para o coidado dos barcos da coroa británica que viñan da India cargados de valiosos tesouros.
Nun dos viaxes, Kidd ten un enfrentamento co oficial británico Adem Mercy, que non acata as ordes do capitán e ante todo defende a súa amada, Lady Anne. O problema xurde cando Adam descubre que o capitán e o asasinoo do seu pai.
Durante un dos seus enfrontamentos Adam resulta ferido, pero cando Kidd chega a Londres e o rei está a punto de agrallecerlle os seus servicios, o pirata e desenmascarado por Adem é a súa amada Anne.
O capitán Kidd ten unha lista de todos os piratas que ía matando para quedarse el co tesouro e levarllo así el o Rei para recibir el o agradecemento e compensación.
MOTOR&SUSO
Rally Ría de Noia
O longo desta fin de semana, co motivo dos recoñecementos dos tramos, todos os participantes inscritos no Rallye Ría de Noia surcarán as estradas da comarca do Barbanza, anotando as características e dificultades do recorrido ao que terán que enfrontarse este sábado 19 de abril, co motivo do Rally Ría de Noia, organizado pola Escudería Berberecho na que é a 24ª edición.
Entre todos esos participantes, presumiblemente estará tamén incluída a totalidade dos 29 equipos inscritos na proba como competidores do Volante RACC Galicia. Hai que destacar que o Volante RACC Galicia abreulles recentemente, tanto a Víctor Senra como a Iván Ares, a porta grande do Campeonato de España, compentindo no 2007 e 2008 dentro do equipo RACC Motorsport. Quizá algúns destos 29 pilotos que veremos en Noia o 19 de abril siga o mesmo camiño no 2009.
XXIV Rallye Ría de Noia
Organizador: Escudería Berberecho
Días: 18 e 19 de abril
Kilómetros totais: 307,150
Kilómetros cronometrados: 94,8
Número de tramos: 8 (4 diferentes)
Día do Rally: Sábado, 19 de abril Tramos (Km.) -Hora paso 1º:
A) San Paio (10,2 kms) - 8h31 e 11h10
B) San Finx (12,5 kms) - 9h24 e 11h53
C) Outes (8,5 kms) - 16h11 e 18h48
D)Montemuiño (15,85 kms) - 16h59 e 19h36
(Suso e JM)
BELEZA&NATALIA
Extensións
Hai extensións que son mechóns soltos de pelo, aparte de non quedar nada natural (porque vense mechas soltas, claramente que non é o teu pelo), aplícanse con queratina e si que poden estropear un pouco o pelo.
Hai outras que son de clip-in, que para moitos son as mellores. As extensións compranse por sets. Son como "cortinas", e aplicansee suxetándoas o teu propio pelo, con unha especie de gomiñas ríxidas. Quedan moi naturais porque o ser capas enteiras, fúndense co tu pelo, pola contra cas mechas soltas, e ademais son súper cómodas e duran moitísimo tempo, podes levalas durante ano e medio. Solo tes que ir a perruquería e que chas suban cando o pelo che medre de 2 a 3 dedos.
As ventaxas; pois quedan moi naturais, non dañan o pelo, podes quitalas cando queiras na perruquería, gárdalas, e ao tempo vólvelas a poñer si queres.
Fáciles de peinar.
As desventaxas; pois que realmente non é o teu pelo e require un coidado especial, tes que aplicarte mascarilla SEMPRE que o laves, para que che quede ben desenredado e peinalo sen darlle tiróns.
Perdes mais tempo en arreglarte o pelo porque debes de alisalo/rizalo para que quede exactamente coma o teu pelo natural.
Ben, agora , elixe ti.
DJ JOAQUÍN
Concerto de Conchita
29 de Abril do 2008-04-16 Hora: 21 horas no Teatro Principal
A cantante madrileña e compositora Conchita, artista revelación do ano 2007, presenta o seu álbum revelación do debut “Nada Más”; un regalo para os oídos cargado de inxenuidade, melancolía, fraxilidade e tenrura, onde salientan notables títulos como “Nada que perder” , segundo “single” do álbum que encabeza as listas de radio españolas.
(Joaquín)
RINCON GASTRONÓMICO
CANAPÉS DE SALMON AFUMADO
INGREDENTES:
Langostinos cocidos, anchoas afumadas, salmón afumado, salsa rosa, ovo cocido, mahonesa, vinagreta, e pan torrado.
PREPARACION:
Cubrimos a rebanda do pan torrado con ovo duro picado. Encima poñemos o filete de salmon, unha anchoa tamén afumada e un langostino e decoralo con salsa rosa e vinagreta.
(Matilde e Ana)
SARELADAS
Amoriños collín
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os poido olvidar;
non os poido olvidar
non os poido olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar
(Santiago e Juan Rendo)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario