Visita a exposición Galicia Dixital
O venres pasado fomos a visitar unha exposición aquí en Santiago. A exposición esta na praza de San Martín Pinario, por detrás da Catedral. A visita durou o pé dunha hora e estiveron connosco unha guía e un auxiliar, que axudaba o noso compañeiro da cadeira de rodas. Para poder disfrutar das actividades tivemos que poñer unhas gafas de vision 3 D. Vimos desde o fonde mariño ata o camiño de Santiago, pasando por lugares coma o Cebreiro e Os Ancares, pero o que máis nos gustou foi a montaña rusa por encima da catedral de Santiago.
(Juan Manuel Vilar)
ZONA OCIO
CINE&VENTURA
LA GUERRA DE LOS ROSE
Actores = Michael Douglas, Kathleen Turner, Danny Devito
A idea de Bárbara é de comprar unha enorme casa. Ela e o seu home compran unha enorme casa e traballan duramente. Vese unha feliz parella, acomodada, e cunha vida social moi importante.Pero un bo día, empezan os tramites polo divorcio, e empezan moitos problemas para conseguir a casa.
Os problemas seguen e pouco a pouco, tanto eles como a casa vanse derrubando. Él quere seguir con Bárbara pero ela non quere seguir con él..
A escea que máis me gusta e a do final, cando Bárbara salta encima da gran lámpada do salón e remata ficando sostida da man del.
MOTOR&SUSO
Con unha saída endemoniada e atendido dende o muro polo seu entreador e manaller Alberto Puig, (e despois da conciliación real, volveu a cargar tintas sobre Lorenzo) colocouse primeiro na primeira curva, e xa non deixou a primeira deica a meta.
Toda unha leción pa conducir no Gran Premio de España, que supón a súa vitoria 28 e pasa a liderar o mundial quente por diante do seu compatriota e rival Jorge Lorenzo, e do seu ídolo Italiano Valentino Rossi.
Por outro lado Casey Stoner saleuse dúas veces da pista e entrou na posición 11. A Honda de Nicki Hayden entrou na cuarta.
Clasificación Xeral
1. Daniel Pedrosa (ESP/Honda RC 212 V) 45:35.121 a 157,183 km/h.
2. Valentino Rossi (ITA/Yamaha YZR M 1) a 2.883
3. Jorge Lorenzo (ESP/Yamaha YZR M 1) a 4.339
4. Nicky Hayden (USA/Honda RC 212 V) a 10.142
5. Loris Capirossi (ITA/Suzuki GSV RR) a 27.524
6. James Toseland (GBR/Yamaha YZR M 1) a 27.808
7. John Hopkins (USA/Kawasaki ZX RR) a 28.296
8. Andrea Dovizioso (ITA/Honda RC 212 V) a 28.449
9. Shinya Nakano (JPN/Honda RC 212 V) a 32.569
10. Chris Vermeulen (AUS/Suzuki GSV RR) a 35.091
11. Casey Stoner (AUS/Ducati Desmosedici) a 42.223
12. Marco Melandri (ITA/Ducati Desmosedici) a 44.498
13. Anthony West (AUS/Kawasaki ZX RR) a 45.807
14. Alex de Angelis (RSM/Honda RC 212 V) a 45.871
15. Toni Elías (ESP/Ducati Desmosedici) a 1:09.558
(Suso e JM)
BELEZA&NATALIA
¿Lista para obter un cabelo rizado?
Todo sobre as permanentes: As 9 regras a seguir
As permanentes chegaron moi lonxe dende os anos 80. Podes obter permanentes que simplemente dan corpo o cabelo fino e débil, podes obter ondas soltas e sexys, ou podes optar polos tirabuzóns que moitas mozas có cabelo lacio codician (e do que algunhas có cabelo rizo natural están cansadas).
1. ¿Quén debería facela? As permanentes funcionan mellor nos cabelos que non son teñidos. Os químicos son moi duros ¿Non estás segura de si teu cabelo é un bo candidato para unha permanente? Pregúntalle o teu estilista. Senón velí un vello truco: colle un mechón do cabelo e pono nun vaso de auga, si se funde significa que o teu cabelo está dañado e se flota está san.
2. ¿Cánto tempo leva facer unha permanente? Entre unha e duas horas, dependendo do longo do cabelo. Tamén ten en conta que unha permanente tarda 28 horas en fixarse. Dalle un pouco de tempo antes de preocuparte polos resultados.
3. ¿Cánto dura unha permanente? Xeralmente entre dous e seis meses.
4. ¿En dónde encontro un bo estilista? Primeiro chama a teu salón de beleza pregunta se teñen algún especialista en permanentes. Tal vez debas facer algunas chamadas para encontrar unha especialista.
5. Non salas da túa casa sen unha fotografía. Necesitas levar unha ou varias fotografías contigo do tipo de onda que queiras. Simplemente decíndolle a túa estilista o tipo de rulo deixate un peligro de rematar cuns tirabuzones moi axustados.
6. Unha consulta previa e necesaria. Coméntalle a o teu estilista o que queiras (móstralles as fotografías) senón también lo que no quieres.
7. A estreitez do rizo depende do tamaño do rulo. Pídelle a tua estilista que che amose os distintos tipos de rulos que ela usa.
8. Algúns cabelos son mais complicados de rizar que outros. Se eres de orixen africano ou asiático, entonces querrás a alguen que se especialice en facer permanentes co teu tipo de cabelo.
9. Podes preparar teu cabelo. Para preparar o teu cabelo para unha permanente, podes usar un acondicionador humitante despois de enxoagar o champú. Evita utilizar acondicionadores fortes no teu cabelo polo menos 24 antes da permanente, senón a permanente non agarrará ben.
(Natalia)
DJ JOAQUÍN
Entre 4.000 e 4.500 fans poderán presencialo concerto que Hombres G ofrecerá o 12 de abril,
a partir das 22.00 horas, no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, anque o aforo pode chegar ata as 5000 persoas.
O concerto de Hombres G enmarcase dentro da “programación heteroxenea” que se promove no Multiusos e que, en próximas datas, complementarase coa actuación doutro artista de carácter internacional, cuia contratación estase perfilando.
O grupo composto por David Sumers, Dani Mezquita, Rafa Gutiérrez e Javi Molina actuará sobre unha plataforma de 14 por 18 metros.
A venta das entradas é na Fundación Caixa Galicia de modo anticipada de ou por taquilla electronica o prezo son 20 euros e 22 euros no mesmo día.
(Joaquín e Pablo)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Calçots a grila
A calçotada é unha comida típica da rexión occidental de Cataluña, orixanaria de Valls na comarca do Alt Camp. Nas últimas décadas estendiuse e pódese comer en calquera parte da comunidade durante o final do inverno é comezos da primavera,os calçots é unha varidade de ceboletas especial que se asan é despois cómense coa man, é cunha salsa especial que se chama salvitxana parecida a salsa romesco , mentras tanto as brasas aproveitanse carnes ou embutidos para ó segundo plato.
Cocidos no seu punto a capa exterior dos calçots calcínase, deixando o interior tenro e cremoso. Tradicionalmente lévase a mesa unha tella de barro, que axuda a conservalo quente. O procedemente da inxesta arrancando a capa carbonizada coas mans faise inevitable mancharse é ponse un babeiro polo pescozo ata os xeonllos. As datas típicas para degustar esta especie doce e durante os meses de inverno e primavera.
(Ana e Matilde)
SARELADAS
A costa cóstalle
Subila costa
E como lle costa
Vai e…. deitase!
Ja ja ja.
(Santiago e Juan Rendo)
viernes, 4 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
hola chicos soy Ruth. Pues estaba haciendo un trabajo en el ordenador y me puse a mirar vuestro blog. osea q os fuisteis de vacaciones no? que morro teneis,jajajaj. Bueno pues muchos besistos para todos y voy a seguir con lo mio. Algún día de estos me pasaré por ahí para loquearos un poco, especialmente a ti Anita, jajajajja.
son Eva!
aqui ando a saludar!...volvin ó parque a traballar en fins de semana....a ver se vides de visita un finde ooooh!
Publicar un comentario