GALA BENÉFICA DOWN COMPOSTELA
Obxectos de diferentes personalidades foron poxados este xoves oito de maio en Santiago de Compostela a favor da asociación Fundación Down Compostela. Cousas do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, do vicepresidente, Anxo Quintana, ou do cantante Julio Iglesias... prezos de partida, desde os 50 euros dunha gravata a 600 dunha carta.
A particular poxa de obxectos 'ilustres' tivo lugar no salón de actos desta fundación. Isto foi levado a cabo por parte deste colectivo coñecido na capital galega pola súa intensa actividade a prol dos seus socios, unhas 95 familias que residen en Santiago e área de influencia.
A iniciativa estivo, ademais, apoiada por Onda Cero-Antena 3 Galiza, e contou co apoio da empresa de organización de eventos Trevisani e Victoria Mosquera.
(Juan Manual Vilar, Josefino)
ZONA OCIO
CINE&VENTURA
ATRAPADO NO TEMPO
Actores: Bill Murray e Andie MacDowell
El traballaba nas noticias do tempo. Tivo que facer, de mala gana, a historia da marmota.
A marmota será a que diga se o tempo será malo ou bo. Logo está a situación, a de que o tempo non cambia. É pola mañá, son as 6.00 e protagonista mira fora da ventá e ve a mesma situación, ve o mesmo mendigo, un tipo que vende seguros, vai a festa da marmota, e vive a situación na que remata sempre.
El trata de desfacerse de todo iso, de vivir sempre atrapado no tempo e trata de tirarse debaixo dun tren, tirouse dun edificio, tirouse cun vehículo por un arramplen..., pero o día seguinte esta igual.
Entón percátase que o mellor trátase de arranxar o mundo do seu redor, e comeza a estudiar clases de música, empeza a modelar o fillo, axuda o mendigo a que coma, e tamén axuda a mais xente.
O final hai unha festa na que aparecen todas as persoas que lle axudáronlle, (menos o mendigo que non lle axudou, que morreu). Aí, el xa pode despertar o día seguinte e seguir vivindo o resto dos días da súa vida.
(Ventura)
BELEZA & NATALIA
RASTAS
A mellor técnica e aquela na que se fan coas mans, sen usar productos raros nin outras cousas. Primeiro sepáranse os mechóns do pelo por filas para que as rastas queden ben repartidas pola cabeza. Cada mechón do pelo cárdase e enrédase entre si, tirando para que vaia formando a rasta ata que chegue ao final do mechón.
As puntas fanse ata onde se pode. Depende do tipo do pelo deben deixarse as raíces arranxadas para que dure máis tempo. Hai que meter a rasta pola raíz (faise varias veces pero sempre en sentidos opostos para que non se divida en dous a raíz) ata que se vexa que a raíz non queda floxa, porque dependendo do tipo do pelo hai veces que a rasta colle forma un pouco mais baixa ca raíz. De todas formas non se deben axustar porque en canto medra o pelo, hai que volver a facer o mesmo.
Cando están recén feitas as rastas sempre quedan peliños por fóra e dependendo do tipo do pelo e de que as veces está roto polas raíces sáense máis ou menos peliños. As rastas arránxanse cunha agulla de ganchillo para que estén mais compactas e bonitas.
(Natalia)
MOTOR & SUSO
Jorge Lorenzo sufriu unha espectacular caída durante a primeira xornada de entrenamentos libres do G.P. de China. O piloto Mallorquín saliu despedido nunha curva e según os primeiros exames sufriu unha fractura do maleolo medial nos dous nocelos. Posteriormente foi trasladado o Hospital Huashan en Shanghai onde se determiñara o alcance das súas lesións.
De momento, non puido disputar a segunda Xornada de entrenamentos e dudase que poida o Sábado. Sin duda, un revés para Giorgo, vivindo a súa progresión das últimas carreiras, aunque, sin duda, esto fará que afronte todavía con máis forza o campeonato.
(Suso& J.M)
DJ JOAQUÍN
VELADA ROCK CON M-CLAN
O Campus Sur foi o escenario elexido para poñer en marcha un dos grandes concertos das festas da Ascensión, que chegou da man da banda murciana M-Clan, que logrou xuntar a milleiros de afeccionados na presentación do seu último traballo discográfico, “Memorias de un espantapájaros”.
O seu novo disco supón un punto de inflexión na súa traxectoria. Así, sen perder de vista as súas raíces pop rock, o grupo fixo para este disco cancións con letras moito máis intimistas.
(Joaquín)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Barriñas de troita con dúas salsas (4 persoas)
INGREDENTES: 600 gr. troitas limpas, 1 paquete de canóninos, fariña, 2 ovos, pan raiado, sal, pementa, aceite virxen, vinagre.
Salsa de cebola: 1cebola roxa, 8 améndoas, 1 vaso de viño branco, ½ vaso de auga, aceite virxen extra.
Salsa de mostaza: 3 Xemas de ovos, 1 clara de ovo, 1 cullerarada de mostaza, 1 culleradara de alcaparras, aceite virxen extra, vinagre de estragón.
PREPARACION:
Para a salsa de cebola: picar a cebola, poñela a dourar nunha cazola. Picar as améndoas é incorporalas. Sazonar, verter o viño, deixar reducir o fogo alto durante 10 min.
Corta os filetes de troita en bastóns. Salpiméntalos e pásalos por fariña, ovo batido e pan raiado, fritindo polos dous lados.
Para salsa de mostaza: Poñer nunha xarra as 3 xemas de ovo, unha pizca de sal, triturar todo con unha batidora electrica e botar aceite pouco a pouco ata que quede unha salsa branca. Logo pasar a salsa a un bol e añadir mostaza, un chorro de vinagre, as alcaparras picadas e a clara montada a punto de neve. Misturar todo e servir nunha salseira. Limpar os canónigos, aliñalos con aceite, vinagre y sal e poñelos nunha fonte. Ó redor colocar os bastóns de troita cás dúas salsas.
(Ana e Matilde)
SARELADAS
O borracho no cabalo
Era un home que ía camiño da casa nun cabalo, e como viña da taberna, estaba borracho e non rexía ben, e cando montou na besta, montou ao revés, de cara para o rabo da besta, e agarrouselle ao rabo, e todo enfadado, dixo:
-¡Mecachis en Rusia! ¿Quen foi o lapón que lle cegou a cabeza a miña besta?
E, agarrado ao rabo da besta, decía que había pouco tempo que lla cortaran, que aínda a besta estaba quente.
A xente que alí estaba revolveuno, púxolle as bridas na man, e encamiñóuno para a súa casa.
Indo camiño da casa, caíulle a zamarra, e tuvo que baixarse a recollela, e pensou que atopara unha zamarra no camiño. Caíulle varias veces, ie iba na crenza de que eran zamarras que ía atopando, e íbaas poñendo encima da albarda da besta, ata que, chegando a casa, volvéulle a caer, e xa non quixo collela, e na casa, díxolle aos netos que traía unha partida de zamarras que atopara no camiño, e que a última que xa nin siquera a collera, que quedara cerca da casa.
(Santiago e Juan Rendo)
viernes, 9 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario