INTEGRACIÓN DE DISCAPACITADOS NA XUNTA
A Consellería de Presidencia mantén en tramitación un decreto polo que se crea o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Fundación Pública Galega, que será o órgano técnico de coordinación, asesoramento e participación coa finalidade de estudar, promover e coordinar as iniciativas que se desenvolvan para alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade na Administración autonómica. O obxetivo do goberno galego é conseguir que o 2% do emprego público o desenvolvan persoas con distintas discapacidades.
(Juan Manuel Vilar e Josefino)
ZONA OCIO
CINE&VENTURA
La dama de Shanghai
Actores: Rita Hayworth e Orson Welles
Un home (Mikel O’Hara) dando un paseo por Gran Park topou cunha fermosa muller (Elsa). Ela ofrécelle un traballo pero él non o quixo. O marido de Elsa (Bannister) é un home inválido das pernas.
Aparece un home (Grisby) que é un avogado que traballa para Bannister, todo vai pasando pouco a pouco e unha persoa ten que morrer. Grisby ofrécelle a Mikel 50.000 dólares para que el desapareza. Mikel fala con Elsa para marcharen xuntos, pero no momento de marchar, Elsa marcha co seu marido.
Grisby tiña que marchar, pero o axudante de Bannister, pídelle mais diñeiro. Grisby doulle un tiro. Mickel vai a buscar a axuda, xa que ve que hai dous homes mortos.
Finalmente, Mikel ten que ir o xulgado, e trata de escapar, toma moitas medicinas, axuda a Elsa, (esto transcorre nun parque de atraccións e é xenial ver como Orson Welles traballa na escea dos dous espellos). Morre Bannister. Mikel vai o xulgado de distrito.
E unha película xenial de Orson Welles da súa fase negra, donde él fai de director e de actor. Rita Hayworth estaba no seu esplendor.
BELEZA&NATALIA
MAQUILLAXE DE OLLOS
A forma dos ollos pódese modificar visualmente mediante un sutil xogo de luces e sombras sabiamente controladas. Para iso, non é necesario ser unha experta, basta con definir a forma do ollo e seguir unhas reglas básicas.
- Ollos separados. Para facer que parezcan máis xuntos débese aplicar a sombra clara sobre o párpado e a oscura na parte inferior, difuminándoa cara arriba; baixo a arcada da cella, un tono claro. Hai que evitar sempre os tonos nacarados.
- Ollos xuntos. Hai que poñer o acento na esquina externa para conseguir que parezcan mais separados. O tono claro aplicase na parte interna do párpado e o oscuro no exterior, difuminándoo cara as sens. Con un lápiz debuxase o contorno do párpado superior, empezando case na metade e estirando a liña lixeiramente cara fora.
- Ollos redondos. Tratase de alongalos e para eso débese aplicar a sombra clara no interior, difuminándoa lixeiramente cara o párpado; a oscura sombrease o borde do párpado e alongase cara o exterior.
- Ollos fundidos. O obxetivo é atraer cara adiante o párpado e, ó mesmo tempo, facer retroceder a cella. Débense evitar os tonos oscuros no párpado e os perlados baixo a cella. En cambio, un toque luminoso encima do iris favorécelle moito. Co lápiz e o eye-liner, dibuxase todo o borde do párpado superior, difuminándoo cara enriba ata o pliegue. Enriba aplícase a sombra oscura mate e difumínase; no interior e baixo a cella aplicase o tono claro
- Ollos almendrados. Débese acentuar a súa forma remontando a liña do lápiz o do eye-liner cara arriba; tamén a sombra oscura, aplicada no borde das pestañas e ensanchándose no exterior, difumínase cara arriba. A sombra clara ponse no interior do párpado e debaixo da cella.
- Ollos pequenos. Débense elixir tonos suaves e evitar os oscuros e profundos. Poñer un toque luminoso no centro do párpado móvil, xusto enriba do iris, para acentuar o seu color. A sombra oscura aplicase no ángulo externo do ollo, como debuxando un triángulo.
- Ollos rectilíneos. O tono claro aplícase no interior do párpado e baixo a cella, e o oscuro ponse horizontalmente estirándoo cara as sens.
- Ollos saltóns. Necesitan gañar profundidade e para iso hai que evitar as sombras perladas. Exténdese o tono claro sobre o párpado e o oscuro ó longo do pliegue.
(Natalia)
SUSO&MOTOR
O Gran Premio de Mónaco supuxo unha pequena decepción para Ferrari, que ata entón levaba o Mundial prácticamente impecable. O máis afectado polo resultado na carreira de Montecarlo foi Kimi Raikkonen, que perdeu o liderato da clasificación de pilotos.
"Foi unha carreira totalmente horrible. En ningún momento conseguíu que os neumáticos tiveran agarre. O coche era moi inestable, e apenas tiven visibilidade porque non puiden poñer a cabeza na saída. Foise todo as mans antes da saída. Non puidemos axustar a roda da atrás por un pequeno problema ca tuerca hasta que xa foi demasiado tarde, polo que foi sancionado", explicou Raikkonen.
Ademáis, o finlandés foi penalizado cun 'drive trough', o que rematou cas súas posibilidades de loitar polo podio: "Despois da sanción simplemente tratei de chegar á meta e sumar os máximos puntos posibles. Honestamente, o quinto posto e catro puntos serían un bo resultado, porque todos os nosos plans foronse ó traste".
DJ JOAQUÍN
JAVIER KRAHE regresa o pub DADO en Santiago de Compostela que se enchera en xuño de música e maxia.
O cantautor inagururará a axenda do próximo mes con dous días de concertos. Tamén habera varios recitais de jazz e unha exposición de acuarelas.
O cantautor Javier Krahe, un dos habituais do clube Dado, chegará, fiel a súa cita anual co público compostelán, para interpretar as súas mellores composicións os días 4 e 5. Krahe estará no escenario do Dado Dadá acompañados por 2 músicos habituais Fernando Anguita e Javier López de Guereñacon cos os que xa compartido actuación no Santiago.
(Joaquín)
RINCÓN GASTRONÓMICO
Concurso de tapas Santiago
Santiago e Tapas supón o primeiro concurso de cociña na pequena capital galega coa previsión de que se desenvolva do 28 de Xuño ao 13 de Xullo.
Todos aqueles establecementos de hostalaría compostelanos que dexesen participar a web do concurso é (www.santiagoetapas.com) ou enviando a folla de inscripción por correo postal, fax ou correo electrónico a secretaría técnica do concurso, o horario da oficina é de 10 a 14.
Cada establacemento pode presentar un máximo de tres tapas da súa oferta durante as datas do 28 de Xuño ao 13 Xullo para ofrecer aos visitantes e aos compostelanos as mellores elaboracións en forma de tapas.
Matilde e Ana.
SARELADAS
Mira ti que cousa nova
Que agora a “discapacidade”
pode traballar na Xunta
coma os funcionarios de verdade
E coma os mesmos funcionarios
Teremos moitos descanso
Pa poder ir ao Concurso de Tapas
A probar polo menos uns zancos
E despois de fartos,
Veremos algunha carreira
Pa animar a Fernando Alonso
Que cambie a cara tristeira
Tamen ganas e cartos teremos
pa poñernos todos guapos
e os consellos de Natalia
so nos falta mercar uns trapos
E así de guapos e mudados
aos funcionarios discapacitados,
so lles queda atender a DJ Joaquín
pa ir de concerto e quedar relaxados.
(Santiago e Juan Rendo)
jueves, 29 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario