"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 22 de mayo de 2008

SERÁ VERDADE?

Atopamos unha nova nun xornal local que di que según un estudo realizado “sete de cada dez españois aseguran decantarse polo fútbol antes cao sexo”, anque seica os que encabezan este “ranking” son os suecos. O estudo foi levado a cabo pola empresa Canon e do mesmo sairon resultados tales como;
- Os suecos son os aficionados europeos máis apaixonados polo fútbol xa que: un 95% di que o fútbol é a única actividade que desata a súa paixón, un 63% planifica a súa vida ao redor de eventos futbolísticos e un 88% bicou ou apertou a un descoñecido durante un partido.
- Portugueses, belgas, alemáns e británicos son os máis choróns: tres de cada catro admiten que choraron nun partido de fútbol.
- Os españois son os europeos máis supersticiosos e os que máis rutinas seguen cando xogan os seus equipos favoritos xa que: un 69% frente a un 40% de media europea e sete de cada dez prefieren ver un partido de fútbol ao sexo. Seguen esta liña 6 de cada 10 españois que planifican a súa vida ao redor dos encontros futbolísticos.
- Os colores non supoñen un obstáculo a hora de elexir as amizades. Sobretodo no caso dos españois, polo contra para os belgas esto si parece ser importante para determiñar o grupo de amigos.
- Un 61% dos españois recoñece que entre os seus persoaxes máis admirados están os xogadores profesionais de fútbol.

(Matilde e Juan M. Vilar)


ZONA OCIO

CINE&VENTURA

Título: En terreno vedado (Brokeback mountain)
Director: Ang Lee
Os feitos pasaron no ano 1.963, un home estaba esperando o carón dunha furgoneta vella a que lle deran traballo. O pouco ábrese a porta e un home contrátao como axente forestal, xunto con outro compañeiro. Comezan o día seguinte.
Pois chegaron a un acordo Ennis e Jack e comezaron a traballar cun gran rebaño de ovellas, eles durmían no monte, e pola maña escapaban. Pola maña un facía o traballo e outro quedaba no monte. Unha noite Jack tiña que durmir na tenda, e pola noite Ennis tivo unha borracheira colleuno o frío.
Logo Jack chamouno e fixeron o amor, pero pola mañá, Ennis non quería nin falar con el. A maña seguinte estaban xogando entre eles e veunos o encargado. Jack tivo que marchar porque morreu seu pai e ademais estaba pendente da “Mili”. Ennis ía a casar dentro de sete meses
Ennis casou e tivo dúos fillos, a súa muller traballaba nun supermercado. Jack ías aos rodeos, e andaba buscando con outros homes, atopou unha muller que tiña moito diñeiro tamén casou e tivo un fillo.
Despois de catro anos volvéronse a ver e comezaron de novo o seu romance. Pero veunos a muller de Ennis, polo que pediu o divorcio. A Jack matáronno.


BELEZA & NATALIA

As unllas sintéticas axudan lucir as mans pulcras e femeninas en todo momento,
hai unha ampla variedade de materiais que dan aspecto natural. Para que o seu uso non sexa contraproducente, deben levarse unha serie de coidados especias que evitan problemas estéticos e de hixiene.
Imos entón a coñecer as peculiaridades do uso e coidado destos produtos para realzar as cualidades estéticas.

Tipos:
A grandes rasgos, as unllas postizas divídense en dous tipos: prefabricadas e as que se moldean de acordo as necesidades de cada man. Entre as máis coñecidas de ambos grupos encontramos:
- De xel: Son unllas de plástico que lucen naturais, aunque non en todos os casos, debido a que, como son prefabricadas, moitas veces non se axustan o cen por cen a anatomía da man; tamén poden ser demasiado curvas e non adherirse ben. Para colocalas utilízanse capas de xel, logo póñense a secar baixo unha lámpada de luz negra, e para rematar límanse e púlense.
- Lino ou seda: Fórmanse con capas de tela superpostas ata dar a forma desexada, e axustanse a limalas e pulilas. O inconvinte é que tamén se usa unha unlla de plástico como soporte, así que teñen a desventaxa de que non sempre se adaptan de maneira idónea.
- Acrílico ou porcelana: Son as máis recomendables, elabóranse cun molde para formar unllas idénticas as das persoas, e para axustar só se liman e pulen. Ademais, é posible definir a forma da punta, un pouco curvada hacia abaixo (de "ave") ou arriba. Como son transparentes, é fácil ver o estado da unlla natural e tamén é posible cambiarlles a diario a cor do esmalte.
- Acrílico da cor: A súa elaboración é idéntica as anteriores, coa diferencia de que o material con que se fabrican sexa de cor. Aunque nunca se despintarán, teñen o inconvinte de que non permiten verificar que a unlla natural esté no bo estado.

Mantenemento e coidados:
É moi importante o control das unllas sintéticas cada dúas semanas no salón de beleza, para que luzcan como recén postas, e cotidianamente merecen coidados como os que se dan as naturais.
No caso de que unha unlla postiza se despegue, é importante limpala con alcohol, o mesmo que a natural, antes de pegala de novo. Sempre que haxa dor, cambios na coloración ou lesións na unlla verdadeira, debe retirarse a sintética e consultar a un médico.
Así mesmo, algúns barnices, quitaesmaltes e pegamentos irritan a pel ou provocan reaccións alérxicas; se esto ocurre debe suspenderse a aplicación e cubrir a pel que rodea as unllas con jalea de petrolato. Probarase entón os productos etiquetados como non irritantes ou hipoalerxénicos, e se persisten os problemas débese acudir ó dermatólogo.
Non debe empuxarse a cutícula hacia atrás, xa que este hábito pode ser perxudicial debido a que o texido serve como barreira protectora. Mellor consulte a súa especialista en beleza.


MOTOR&SUSO

Valentino Rossi volveu. A verdade é que nunca se foi. O piloto italiano gañou a carreira de Motos GP do Gran Premio de China, cuarta proba do Mundial, tras unha intensa pelexa con Dani Pedrosa, que acabou segundo. Completou o podio o actual campión, Casey Stoner.
O fin de semana de China non será recordado con agrado por Jorge Lorenzo. O piloto español tivo que sair infiltrado e, ademáis, levouse un susto na volta de quentamento previa a saída, o quedarse parado a súa moto na parrilla. Conseguíu arrincar e completou o xiro sen problemas, pero dado o seu estado físico e o esforzo realizado pasóulle factura, por que a sua saída non foi demasiado boa.
Rossi e Pedrosa mantiveronse na cabeza ata o final, cando Valentino votou o resto e Dani non puido responder. O italiano celebrou a victoria por todo o alto e quitouse a espiña que levaba cravada do Gran Premio de Portugal do 2007, e o que consiguiu o último triunfo. En canto a Pedrosa, despois de rodar toda a carreira a ritmo do récord preferiu non arriscar para asegurar un segundo posto que lle daba o liderato da clasificación xeral. Terceiro acabou Stoner, que volve así o podio tras dous grandes premios moi grises.
En canto a Jorge Lorenzo, celebrou o seu vixésimo primeiro aniversario cunha actuación casi heroica. Cun pé roto e outro seriamente tocado, cun brazo doído da recente intervención quirúrxica e con magulladuras e abrasións diversas, superou un por un a cinco pilotos e fíxose ca cuarta praza. Sobra calqueira comentario.

CLASIFICACIÓN: 1ºROSSI, 2ºPEDROSA, 3ºSTONER, 4ºLORENZO


DJ JOAQUIN

EXTREMODURO

Debido a unha tendinitis que sufre Cantera, os concertos previstos para esta fin de semana en Santiago e Lugo aplázanse para os dias 4 de xullo (Santiago) e 5 de xullo (Lugo).
As entradas anticipadas para ambos concertos son válidas para as novas datas, e aqueles que as teñan e non estean interesados na nova data, poden proceder a sua devolución.


RINCÓN GASTRONÓMICO

CHEGA O IORGUR INFANTIL ECOLOXICO

Sen aditivos, sen potenciadores do sabor ni de nata o leite en po añadidas. So de leite fresca de produción ecolóxica e con textura cremosa pensando nos máis pequenos da casa. Estas son as claves do yogurt ecolóxico diseñado pola aula de produtos lácteos (APL) de LUGO para casa grande de Xanela do concello coruñés de Mesia. Ademais de levar só leite fresca e prescindir dos aditivos o novo iogurte presenta unha menor porcentaxe de grasas saturadas pero é rico en proteínas e calcio.
Esperase que o vindeiro mes de Xuño baixo a marca Yogur Junio-Casa Grande de Xanceda apareza nos nosos supermercados e estará elaborado con fresas.

(Ana)


SARELADAS

Mira ti que cousa esta
Da que nos imos enterar
Que pa estar mellor na cama
Un balón temos que mercar

Nin unha saia atrevida
Nin un rico bombón,
Agora pa espertar os mozos
Somentes fai falla un balón.

Nin que a Claudia Schiffer
Desfile moi amodiño
A eles as pernas que lles gustan
Son as de Ronaldiño

E as mozas teremos todas
Ao quedar faltas de conquistas
Que engancharnos ao fútbol
e tamén aos futbolistas.

(Santiago e Josefino)

No hay comentarios: