"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 15 de mayo de 2008

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Foi un escritor polifacético ademais de arqueólogo, investigador e editor, que manifestou en todo o seu labor unha vontade de compromiso firme co país e coa cultura galega. Foi fiel ás súas ideas galeguistas, republicanas e de exquerda e sensible ante a pobreza no mundo.
En 1930 comeza a publicar poemas en xornais de Tui e Pontevedra, cidade na cal estudaba Maxisterio.
En 1933 entra nas Mocedades do Partido Galerista e pronuncia o seu discurso “Berro en lembranza dos herois de Carral”. Remata o seu libro “Os Ruíns” aló polo ano 1935, cando xa é mestre e forma parte do partido Galeguista. Comeza a estudar Filosofía e letras. En 1941, volve a Galicia e vive en Vigo, será cando publique o seu libro “Poemas de ti e de min” e cando é nomeado membro da Real Academia Galega e tamén comisario de Escavasións Arqueológicas de Vigo. Na década dos 50 publica varias obras, casa e ten tres fillos. E polos 60 funda cos seus irmáns as Edicións Castrelos.
OBRA: Poemas de ti e de min, Roseira do teu Mencer, Cancioneiro de Monfero e Canle segredo. Tamén os contos; Os Ruíns, A pega rabilonga e outras historias de tesouros.
(Juan Manuel Vilar e Josefino)


DJ JOAQUÍN

Milladoiro e o Cuarteto Caramuxo actúan na Coruña o Día das Letras Galegas.

FESTIVAL FOLK CANCIONEIROS

A consagrada formación Milladoiro e o cuarteto Caramuxo, gañador do Concurso Festival Folk Cancioneiros da Fundación Barrié, ofrecen o 17 de maio na Coruña o concerto final do certame, convocado pola entidade.

RINCÓN GASTRONÓMICO

Crema Pasteleira
Ingredentes
• 1/2 l de leite
• 4 ovos
• 150 gr de sucre
• 45 gr de fariña ou fécula
• 1 tona de limón
• 1 ramiña de vainilla ou canela
• 1 pouca manteiga
PREPARACIÓN:
Crema Pastelera: Fanse os ovos coa sucre, a fariña e unha pequena parte de leite en frío. Aparte, ponse a ferver o leite coa tona de limón e unha ramiña de vainilla ou canela según o gusto. Cando o leite ferva, bótase sobre a mistura batendo ben. Volvese ó fogo con coidado de que non se agarre. Séguese cocendo lentamente para que cuaxe de todo. É convinte remexer cunha espátula ou culler de madeira ata que colla consistencia. Unha vez rematada, exténdese sobre unha superficie lisa e bótanse uns anacos de manteiga por encima para manter a crema suave e que non faga costra. Recóllese e estírase varias veces. Cando esté frío, recóllese de novo nun recipiente.
Despois, esta crema pódese perfumar con chocolate, café o con calquer outro sabor para usala como postre ou como recheo.
(Ana e Matilde)

ZONA OCIO

BELEZA&NATALIA
O alisado termal é un tratamento para conseguir un pelo rizado e que quede o máis liso posible. Coñecese tamén como o alisado japonés ou definitivo.
É un tratamento moi agresivo, máis que a permanente. Non tes que preocuparte se queres facer o alisado termal e levas unha permanente, tinte ou mechas. Nestos casos, podes facer o alisado pero antes debes seguir un tratamento nutritivo intenso. Este tratamento previo pode chegar a durar varias semanas, canto máis estropeado esté o pelo, máis intenso ten que ser o tratamento. Non é o mesmo un pelo teñido que esté todo estropeado, que ter que botar mechas nuns poucos mechóns. O tratamento do alisado termal consiste no seguinte:
• Preparación do cabelo cun programa para nutrilo en profundidade.
• A continuación, mechón por mechón vaise aplicando unha crema para ir diminuíndo o rizo e o encrespamento. Según o tipo de cabelo pódese tardar de 5 a 45 minutos en “relaxar” o rizo. A continuación aclárase o pelo.
• Despois quitarase o rizo, pásase unha plancha iónica por todo o pelo facendo que o pelo quede completamente hidratado.
• E por último, aplícase un neutralizante deixándoo actuar durante 10 minutos e posteriormente aclárase.
Está totalmente desaconsellado poñer calquer tipo de pinzas ou turbantes no pelo e poñer o pelo detrás da orella ou lavalo antes das 48-72h despois do tratamento. Dependendo da perruquería, terás que volver para dar o toque final ao tratamento e así deixar o alisado do pelo perfecto.
O lavado do pelo despois do tratamento e ó mesmo que o de calquera outra persoa pero recobrando moita importancia no tema da hidratación e nutrición en todo o cabelo e nas puntas, conseguindo que estén perfectos con serums e mascarillas.

SUSO & MOTOR

Fernando Alonso é outro dende que deixóu McLaren, e nótase. A pesar de que deportivamente, a tempada 2008 está sendo unha tempada difícil, o español disfruta de cada momento do bo ambente que reina en Renault, moi diferente do que vivía na escudería de Woking. Sen aspiracións a nada este ano, Alonso só se centra en mellorar para o ano que ven e divertirse na pista.
A pesar da boa actuación de McLaren no GP de Turquía, con Hamilton no segundo posto, a escudería alemaña non quedou totalmente satisfeita. Heikki Kovalainen foi o máis decepcionado de todos. Despois de colocarse, por primeira vez na súa carreira, na primeira líña de saída, o finlandés cree que tiña que gañar a carreira.

(Suso & J.M)


SARELADAS

En Canle Segredo (1954)

¿Cánto dera eu agora por un ácio
daqueles que collíamos a furto
das parras encostadas
nas ruíñas de Dona Mariquita!

Ácios de uvas douradas, brancas, mouras,
ateigadas de zumes e lembranzas,
que unha man silandeira
-a man do tempo-
nos puña cada outono diante os ollos
abertos á cobiza. ¡Ai, Deus, quén dera!

Qué dera agora, niste van pechado,
onde morren os libros
un pouco a cada intre no meu peito,
un ácio... Ben sabedes: ¡unha pinga
de terra feita mel, de terra terra,
nos beizos apertados dun neniño!

E tornar a sentir a leda anguria
aquila que nos daba, cando a noite
viña pousando amodo,
con fuxidías sombras de paxaros,
nas ruíñas de Dona Mariquita.

(Isto estóu a querer, mentres cavilo
nun cativo que durme
xa pra sempre perdido no meu peito.)

¡Cánto dera eu agora por un ácio
que me levase cara o tempo morto!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Santiago e Juan Rendo)

No hay comentarios: