"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



sábado, 14 de junio de 2008

Como outros anos, os días 19 e 20 de Xuño, celebrarase na Praza do Toural o mercadiño de Sarela.
Se vos achegades, poderedes ver todas as cousas que se fan no centro: marcos de fotos, cadernos, pendentes, colares, caixiñas e moitas cousas máis.
O horario será das 17:00 ás 20:00 horas. Ademais, o venres faremos un pequeno xogo con cans “voluntarios” de Sarela.
Esperámosvos a todos.

Con esta nova despedímonos de todos vos, pero ata a volta do verán eh?, non pensedes que é para sempre.
Desde Sarela desexamosvos que pasedes unhas boas vacacións de veran e que non faltades a cita co noso blog no vindeiro mes de Setembro.

Juan M. Vilar e Pablo


ZONA OCIO

CINE & VENTURA

CHARADA 1963
Actores = Cary Grant /Audrey Hepburn
Comedia. Intriga
Unha muller volve dunhas pequenas vacacións nunha estación de esquí disposta a pedir o divorcio ao seu marido, pero cando chega a París atópase con que este foi asasinado. As sospeitas, según a embaixada americana, recaen en 3 homes que buscan un diñeiro que aparentemente tiña o seu home, pero que en realidade pertence ao goberno dos Estados Unidos.

Ventura


BELEZA & NATALIA

BRONCEADO EN SPRAY

Hai un líquido que aplicado sobre a pel en forma de spray, nos dá unha bonita cor morena parecida a das películas de ciencia ficción.
Trátase dun produto que mistura varios compoñentes naturais. Os máis importantes son o DHA (Dihidroxiacetona), un derivado incoloro da caña de sucre, e o Aloe Vera, que humidece a pel e axuda a fixar a cor.
O bronceado formado pola reacción do DHA ten a característica de absorber gran parte da luz ultravioleta polo que protexe a pel do envellecemento prematuro pero non das queimaduras solares, polo que debemos seguir cuidándonos da radiación solar.
A técnica da aplicación é moi sinxela, lévase a cabo de forma individual nunha cabina, onde se aplica a mistura sobre a pel utilizando para iso unha especie de pistola que lanza o spray uniformemente sobre o corpo. O procedemento demórase entre 20 e 30 minutos, tempo tras o cal a persoa está quieta polo menos durante 15 minutos máis, para que o líquido se fixe na pel.
A duración do bronceado obtido dura entre unha e tres semanas. Se o producto se aplica sobre a pel previamente exfoliada hai que utilízar diariamente unha crema humictante, para axudar a que a pel se rexenere e o bronceado sexa máis duradeiro.

Natalia


MOTOR&SUSO

Como non vou poder seguir informándovos durante a tempada do verán das novas do motor, aquí vos deixo a listaxe das carreiras para que as podades seguir. Xa sei que non será o mesmo sen os meus comentarios pero…

20-22 de junio: Gran Premio de Francia (Magny-Cours)

4-6 de julio: Gran Premio Británico (Silverstone)

18-20 de julio: Gran Premio de Alemania (Hockenheim)

1-3 de agosto: Gran Premio de Hungría (Budapest)

22-24 de agosto: Gran Premio de Europa (Valencia)

Deica Setembro e boas vacacións compañeiros do motor.

Suso e J.M.


RINCON GASTRONÓMICO

Tratase da Festa do viño que se celebra coma todos os anos no concello de Barro. Poderedes achegarvos todos aqueles que poidades ou que queirades.
E difícil nomear tódalas actividades “interesantes” así que simplemente vos diremos que as festas son o Venres 15 e o Domingo 17, e case calquer momento é bo (especialmente polas mañás) para probar os caldos da zona. Ademais para o domingo está organizada unha sardiñada de balde.

Matilde e Ana


DJ JOAQUÍN

O 21 de Xuño poderedes ver a Deluxe en concerto no Pabellón do Multiusos do Sar. Tamén ao longo destes dous meses haberá moitos outros concertos interesantes polas nosas terras. Todos aqueles amantes da boa música poderedes informarvos a través do concello e da súa páxina web www.compostelacultura.org.
Que pasedes un moi bo verán acompañados polas boas ondas da música.

Joaquín e Josefino


SARELADAS

Anunciando o mercadillo
e un pouco antes do San Xoán
despedímonos coma outros anos
pero so pola tempada do verán.

A todos os que nos seguides
desexámosvos de corazón
que disfrutedes deste verán
e que teñades boas vacacións.

E que de nós non nos esquezades
e lembrade que voltaremos,
pois aló polo mes de Setembro
de novo conectados estaremos.

Anque nos insistimos
que si nos queredes coñecer
achegádevos a Praza do Toural
que non vos a desmerecer.

Juan Rendo e Santiago

jueves, 5 de junio de 2008

O PRIMEIRO CENTRO DE DÍA DE ALZHEIMER XA COMEZOU A FUNCIONAR

O primeiro centro de día de Alzheimer e outras demencias de titularidade autonómica comezou onte a funcionar con normalidade dentro do complexo residencial da terceira idade de Volta do Castro, en Santiago.
O citado centro conta con corenta prazas e funciona dende as oito da mañá ata as oito da tarde ininterrumpidamente, co servizo de transpote para recoller aos usuarios nos seus domicilios.
Os usuarios ademais de contar cun servizo co horario full time, tamén poden almorzar, cantar e merendar nas instalacións.
O centro conta con fisioterapeuta, psicólogo e terapeuta ocupacional, ademais de auxiliares de clínica específicos.
Este centro é o primeiro dos once que Vicepresidencia porá en marcha en Galicia.
(Juan e Josefino)


ZONA OCIO

CINE&VENTURA

La gata sobre el tejado de zinc
Actores = Elizabeth Taylor e Paul Newman

Un home saltando un valado, (Brik, que estaba bébedo) rompeu unha perna. Así comeza a historia dunha familia, un vello (Gooper, que era o xefe da familia e era un dictador) e a súa muller, Maggie.
Todos están na festa dos 65 anos do vello, excepto Brik que está bebendo. O vello quere saber o que lle pasou a un compañeiro de fútbol de Brik, polo que chama a Maggie para saber o que pasou.
O vello ten unha enorme plantación, e ten plans para Brik pero el
quere marchar, anque o vello non lle deixa, pero Brik dille que vai morrer pronto. O vello vai o soto e seu irmán Gooper sabe que esta solo, Brik baixa e fala con el.
O vello aparece como xefe da familia, Gooper remata ca súa familia, e Brik e Maggie rematan ca mentira de que estaba preñada de 3 meses.
Esta e unha película que tivo 7 nominacións aos Oscar do ano 1.958.


NATALIA & BELEZA

Proposta polo loiro, proponse a combinación de efectos de cores que van dende o loiro dourado ata os marróns máis intensos con cobrizo. Existe a opción do loiro nos laterais para endulzar a mirada mentres a zona parietal se cobre de tonos máis oscuros. A ubicación de distintas tonalidades obten resultados diferentes en función do peinado ou recollido que se escolla. Outra proposta, é a aposta por tonos intensos nas puntas para aportar máis movemento as melenas largas: prodúcese un cambio de efecto da cor de marróns intensos dourados ata rubios degradados.
Aposta polas cálidas cores douradas combinados con reflexos.
O pelo dourado axuda a resaltar o bronceado da pel e os dentes parecen máis brancos.
Ilumina a túa cara e danche un look máis glamouroso.
Distrae o ollo das imperfeccions da pel, como as orellas por exemplo.
Recupera a cor da infancia, rexuvenece, sempre que non che pases de platino.
Moitas das mulleres tíñense nas perruquerías
A química de coloración sintetizou novos loiros de laboratorio que chegan iluminados co efectos especiais en tornasol e nácar. Tonos 100% virtuais, co máximo poder aclarante e unha protección selectiva da estructura capilar. Cada mes e medio ou 2 meses, a súas raíces piden a gritos unha cita urxente coa “tinturista”.
Ademais de construir volúmes e modernizar o estilo, os tintes profesionais garantizan a calidade do resultado e personalizan o acabado final a medida do corte e o estilo do peinado

SUSO&MOTOR

Esta pasada fin de semana disputábase en Vigo o 44º “Rallye Rías Baixas” Redcom, cuarta proba do Campeonato de España e a terceira para os participantes do Desafío Peugeot, certame no que compite o coruñés Iván Ares, pilotou apoiado por o RACC. O coruñés viviu unha proba chea de incidencias.
A localidade pontevedresa de Vigo acolleu o pasado sábado a cuarta proba puntuable para o Campeonato de España de Rallis e a Mitsubishi Evo Cup, o “Rallye Rías Baixas”. Alberto Hevia (Mitsubishi Lancer Evo IX), foi o gañador da monomarca e consolida o frente do certame. E é que a fortuna non termina de acompañar a parexa gallega nesta temporada. Se na pasada proba de Cantabria quedábanse sen palanca de cambios e sufrían ademais un pinchazo no último tramo, e nesta ocasión o “Rallye Rías Baixas” tampoco permitiu volver a alzarse co liderato do Desafío Peugeot, a pesar de superar os seus principais rivais. O piloto de Palas de Rei tivo un Rías Baixas complicado. A súa primeira participación co Punto S2000 nunha carreira do Campeonato de España saldouse cun abandono no tercer tramo tras unha lixeira saida da pista. Un pequeno toque dañou o sistema de lubricado do Fiat Punto S2000, abandonando para evitar unha avería maior no “Rallye Rías Baixas” Redcom.

Suso & J.M

DJ JOAQUÍN.

ANDRÉS CALAMARO

Sábese que España é coma o seu segundo fogar, será por iso que é un dos artistas arxentinos máis convocantes deste país. Andrés Calamaro bateu record de audiencia coa súa xira veraniega do ano pasado “Dos son multitud” ó lado de Fito y Fitipaldis. Foron 20 mil os asistentes ó show que o dueto brindou no que se luciron con temas como “El salmón”, “Te quiero igual”, “Tuyo siempre”, “Loco”, “Corazón en venta” e “Me arde”. O ex Rodriguez volve a España para amosalo seu último disco grabado en sociedade con Cachorro López, “5 minutos más”. Nós podemos velo no recinto feiral de Pontevedra o día 7 de Xuño por 23 euros (anticipada) ou 25 euros (na taquilla). Pasádeo ben.

RINCÓN GASTRONÓMICO

O concello de Ribadumia presentou esta mañá 4 Xuño as primeiras xornadas de comidas da conserva que se celebrarán a vindeira fin de semana coincido coa festa do viño tinto do Salnés. Unha oportunidade única para coñecer as innumerables posibilidades que a conserva pode ter na nosa cociña. A degustación para o público e o concurso de cata serán os pratos fortes das xornadas. Tres días cargados de festa culinaria.
Dende o día 6 ata o 8 de Xuño poderanse coidar o padal coas actividades que este ano o concello quixo poñer en marcha coas primeiras xornadas de degustacion da conserva que coincidirán no tempo coa festa do viño tinto do Salnés. Unha iniciativa que trata de poñer en valor un sector tan importante na comarca do Salnés como son as conserveiras acompañada polo mellor viño tinto da comarca.
O concello agradece a colaboración de 10 das 20 conserveiras que existen na comarca do Salnés por contribuír co proxecto As xornadas comezarán o venres 6 de Xuño as seis e media da tarde cunha demostración culinaria a cargo de dous recoñecidos restauradores no centro social de Barrantes dirixida a público en Xeral co obxectivo de dar a coñecer as posibilidades culinarias da conserva. As 8 da tarde haberá unha visita guiada á conserveira “Conservas de Cambados. Xa no sábado 7 abrirase a carpa oficial na que se espera a visita de diversas autoridades, como o presidente da deputación Rafael Louzán.
Poderase contemplar a exposición “Antigas fábricas de conserva do Salnés” e xa no domingo 8 as 12 da mañá celebrarase o primeiro concurso de cata de conserva. e a 1 e media da tarde haberá unha degustación gratuíta de conservas da comarca. Unhas xornadas que esperan se consoliden no tempo como un atractivo referente na comarca do Salnés.
(Ana e Matilde)

SARELADAS

OS CANTEIROS E O VIÑO
Eran tres canteiros, que traballaban de compañeiros, e ós que lle gustaba moito o viño. Tanto bebían que non lles chegaba o que gañaban, e entón decidiron que de alí en diante o que o nomease, pagaría de multa o gasto de todos.
Acordárono así e pasou un día, e pasaron dous, e pasaron tres.. máis, ¿quen se contiña? A sede tiñaos secos, e un día que estaban xantando os tres tiñan unhas caras moi tristes.
Un dos canteiros, principiou a se laiar e dicía:
-¡Ai dil, ai dil!
E o segundo, comprendéndolle a intención, apoiaba:
- ¡E que non se pode pasar sen el!
Entón o terceiro, vendo que todos estaban conformes e sen rompe-la consgina, dixo:
-¡Pois coller a xarra, e ir por el!
E botando man da xarra foron polo viño, máis como ninguén o nomeara, pagárono entre os tres.

(Juan Rendo e Santiago)