Sobre como celebrou o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido a Asociación Sarela, un xornal galego, publicou unha noticia na edición do Luns 27 de Outubro. Velaquí un resumo da mesma:
A celebración do Día Mundial do Dano Cerebral en Santiago tuvo onte uns protagonistas moi especiais. O Club Agility Compostela colaborou coa Asociación Sarela organizando unha exhibición canina na que participaron seis cans de diferentes razas.
O paseo da Ferradura foi escenario dunha carreira de obstáculos na que os cans tuveron que sortear, pirámides ou túneles no menor tempo posible. As boas condicións meteorolóxicas propiciaron que na Alameda se desen cita alrededor de 500 persoas.
Ademáis, o colectivo Sarela leeu un manifesto no que reivindicou maior prevención con todo o relacionado co dano cerebral adquirido, que ten como causas máis habituais os accidentes de circulación e Ictus.
O acto máis emotivo do día foi a lectura do conto gañador do Concurso de Debuxo e Conto que cada ano organiza Sarela. O relato “Imaxinar un mundo mellor” escribiuno un alumno do Colexio Vilas Alborada.
(Voz de Galicia)
Juan Manuel
“A-RASH”
Esta fin de semana pasada, concretamente o domingo, foi a carreira de motos GP, en Cheste.
¿Como quedaron? Pois a clasificación foi a seguinte:
Stoner e Pedrosa déronlle un aviso a Valentino xa que foron primeiro e segundo respectivamente, Os pilotos, coma sempre, rodaron para non quedar na última praza.
No seguinte fin de semana Fórmula 1.
Suso
O TEMPO
Durante o periodo de predicción Galicia queda baixo a influenza de ventos de compoñente norte con aire frío e inestable. Deste xeito, a probabilidade de choivas manterase alta a vez as temperaturas serán normais para a época do ano. Non se descarta que as precipitacións sexan en forma de neve en cotas altas.
Probabilidade de:
Xoves: anubado e choiva
Venres: anubado
Sábado: anubado
Domingo: anubado
Santiago
SEMPRE MÚSICA
NOVO MARATÓN DA OLYMPUS 2008
A orquesta Olympus realizará un novo maratón en Negreira o dia 31 de Outubro as 24:00. Tocará 24 horas seguidas na plaza do concello para todos os seguidores. Intentarán continuar tendo o récord guiness. Segundo enquisas é a orquesta mellor valorada polos galegos.
Joaquín e Pablo
UNHA DE FLOCOS
Transiberian
Ésta é unha película que poderedes ver este fin de semana nos cines de Área Central, e que ten como protagonista a un actor español moi coñecido como é Eduardo Noriega.
A historia de Transsiberian trasládanos ao mítico ferrocarril que une a Rusia europea coas provincias do lonxano Oriente Ruso, Mongolia e China. Unha parella decide viaxar ata Moscú a bordo do famoso tren. Ao pouco de comezar a súa viaxe, a parella establece relación cos seus compañeiros de compartimento. A que promete ser unha simple viaxe en tren convértese pronto nun encadeado de mortes no que ninguén é o que parece.
Josefino e JM
CONSELLOS PRA IMAXE
Implantación de Cabelo sen cirurxía
Para aquelas que queren cubrir de cabelo as zonas despoboadas e mellorala súa imaxe de forma inmediata, existe unha forma que non require intervención cirúrxica.
O método consiste en integrar cabelos do cliente con outros cabelos naturais de idéntica textura e cor, formando un todo homoxéneo.
Estos sistemas permiten añadir a cantidade do pelo que se desee, como cubrir toda a cabeza ou simplemente aumentar o volume, dependendo do gusto persoal. A súa lixeireza e naturalidade permiten mellorar e aumentar de forma inmediata ou progresiva (paso a paso) a falta de cabelo, sen cambio radical de imaxe. Trátase da alternativa máis avanzada as perrucas tradicionais.
Ventaxas dos Sistemas:
• Son permanentes adáptanse de forma natural a cada estilo.
• Non se notan, non se moven, permíten levar unha vida normal e practicar calquer deporte incluida a natación.
• Non requiren cirurxía.
Natalia
COCIÑA CONMIGO
Suflé de noces con cogumelos
Ponse o forno a quentar (180º). Con aceite de oliva, píntanse os 4 moldes e rebózanse as paredes de pan rilado. Córtanse os cogumelos en láminas finas e cócense uns minutos con sal.
Cando estén pícanse nunha táboa coas noces. Nunha cazola quéntase o aceite e pásanse os dous tipos de fariña a lume lento ata que se doure, e bótase lentamente o leite de avena e, sen parar de remexer, déixase que ferva ata que espese. Retírase do lume .
Móntanse as claras a punto de neve. Bótase nos moldes e ó forno durante 20 minutos. Sírvense inmediatamente.
Ana e Matilde
SARELADAS
¡ Loitar !
Loitar a contra naide, a contra vento, a contra sombra, a contra cero. Loitar a contra nada e subir ó pedestal o gran poema da afirmación. O poema do "sí", da afirmación total da vida. O poema da ilusión, do soño fresco da mañá nova, que canta, virxen, na Terra viva. Construir a golpes de esperanza, pedra a pedra, verso a verso, soño a soño, ...o gran poema verde da vida, o poema roxo e quente do home certo-humano movido polo amor. O poema do home feito de amor.
(neno, 9882)
Juan Rendo
jueves, 30 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario