"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 9 de octubre de 2008

De volta, de vello e de novo.

NOVA DE SARELA

Benvidos a todos e a todas a outra etapa nova do blog da
Asociación Sarela. Voltamos con ganas de renovarnos e é por iso
polo que decidimos, mudar un pouquiño a nosa imaxe. Así, a
partires de agora o noso blog divídese en oito seccións, cada unha
máis interesante e amena, ao mesmo tempo que útil, nas cales
deixamos o noso punto de vista sobre os seguintes temas;
deportes, música, tempo, gastronomía, humor, beleza, cine…
A continuación, en cada unha delas, os seus propios firmantes
explicaranvos de que tratarán.
O equipo da redacción de Sarela e os seus colaboradores esperan
que nesta nova etapa disfrutedes do noso traballo, tanto ou máis
que na anterior.


A-RASH

Hola amigos, ¿Como estades? eu son Suso e era quen redactaba “Suso Motor”, sección na que resumía a xornada das carreiras. Este ano imos chamarlle “A-RASH” e trataremos de vos informar das carreiras que acontecen.
Desexo que vos guste e que deixedes o voso parecer.


O TEMPO

Esta sección é a única novidade este ano, e levareina eu. ¿Quen son? Pois Santiago, o que antes vos contaba as Sareladas. Pois sí, pasarei dos chistes, os contos e as cantigas a selo “home do tempo de Sarela”. Asique se queredes saber se tendes ou non que collelo paraügas de cara a fin de semana, antes preguntádeme a min.


SEMPRE MÚSICA

Hola xente. Son Joaquin, levaba a sección de DJ Joaquin. Este ano vaise chamar “Sempre Música”, espero sorprendervos nesta nova etapa.
Un saúdo e seguido bailando.


UNHA DE FLOCOS

Hola amigos:
Chámome Josefino e voume encargar da sección “UNHA DE FLOCOS”. Nela vou falarvos de películas de interese. Espero que vos guste e que se non estades de acordo nas miñas opinións mas rematedes.


CONSELLOS PRA IMAXE

Hola chámome Natalia escribía antes a sección de Beleza & Natalia este ano vou presentar unha nova sección de “Consellos pra Imaxe” que vos gustará moito porque ademais de tratar de beleza escribirei das tendencias de roupa.
Espero contar cos vosos comentarios e opinións.


COCIÑA CONMIGO

Hola chámome Ana e se queredes podedes chamarme Aniña.
Antes a miña sección chamábase Rincón Gastronómico no que vos daba receitas según a tempada que estabamos. Neste curso quixen darlle un cambio e vámoslle chamar COCIÑA CONMIGO. Espero sorprendervos cas miñas receitas. Un saúdo e agardo polos vosos pareceres.


SARELADAS

Hola amigos e amigas eu son Juan R. anque de seguro que xa me lembrades posto que era eu quen firmaba a seccion de “Sareladas”. Este ano vou continuar ca mesma sección xa que o pasado curso disfrutei moito con ela. Espero que vos guste tanto como a min.

No hay comentarios: