Desde a semana pasada contamos cunha nova persoa no equipo de Sarela.
Chámase Jose e é o Asesor Financieiro.
É de Granada pero leva tempo vivindo aquí.
Estamos moi contentos con esta nova fichaxe!!!
Juan Rendo
“A-RASH”
Fernando Alonso de (Renault) festexou a festa nacional española facendo soar o himno no podio de Monte Fuji, o lograr a victoria no Gran Premio de Xapón, segunda consecutiva que consigue na tempada.
Kubica foi segundo. O británico Lewis Hamilton non puntuou o finalizar en duodécima posición tras liala na primeira curava. Felipe Massa de (Ferrari) conseguiu dous puntos o ser séptimo.
Por outra banda esta fin de semana preto de Santiago, en Piloño disputarase unha subida.
Compiten coches potentes como Mitshubisi.
Empezan pola maña do sábado cas revisións dos coches. No serán celebraranse entrenamentos libres e oficiais.
No domingo terá lugar a competición que se fará en dúas tandas.
Os que se animen estou seguro que o disfrutaredes.
Suso
O TEMPO
O sábado Galicia volverá a recuperar progresivamente a influencia das altas presións. Deste xeito, teremos que agardar ceos con intervalos nubosos durante a mañá, máis compactos no terzo norte onde podería escaparse algún orballo ocasional; pola tarde teremos apertura progresiva dos ceos. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral.
Santiago
SEMPRE MÚSICA
'Sons da diversidade': Concerto de Fuxan os Ventos
Auditorio de Galicia
18.10.2008 - 19.10.2008
Horario: 21:00
Despois do parón estival, o Festival Sons da Diversidade reabre a súa programación musical con ‘Terras do soño', un dos espectáculos máis esperados de Fuxan os Ventos.
‘Terra de soños' contará coas colaboracións de Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxía, Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní e unha banda dirixida por Xosé Lois Romero; formada polo cuarteto de corda Zume Nova, Simón García ao contrabaixo, o percusionista Roi Adrio, Guillermo Fernández á guitarra e Benjamín Otero ao óboe.
Joaquín
UNHA DE FLOCOS
Encontrémonos co Che Guevara (Benicio del Toro) no momento cumbre da sua fama e do seu poder, despois da revolución cubana, pronunciando un discurso nas Nacions Unidas, reafirmando o seu compromiso ca loita do Terceiro Mundo contra o imperialismo dos Estados Unidos. Máis cun soldado, o Che é unha figura glamurosa no escenario mundial. De repente o Che desaparece, como se o borrará da faz da terra, reaparece do incógnito en Bolivia, irreconocible e operando dende as sombras. Organiza un pequeno grupo de camaradas cubanos e reclutas bolivianos para comezar a gran Revolución Latinoamericana. A campaña boliviana do Che é unha historia de tenacidade, sacrificio, idealismo e loita da guerrilla que finalmente fracasa, conducindo o Che ata a sua morte.
Josefino
CONSELLOS PARA IMAXE
Os secretos da beleza zen.
A beleza xurde de maneira natural nas persoas cando corpo, mente e espírito están en armonía. Así entendeuse desde fai séculos en Xapón, donde moitos rituais de beleza buscan ese equilibrio.
Hoxe vou falar da exfoliación.
Fai séculos as mulleres xaponesas exfoliaban a pel frotándoa con bolsas de seda cheas de “xudías azuki” moidas. Grazas as súas propiedades depurativas, as pequenas alubias vermellas limpan a pel, nútrena e suavízana. Hoxe inclúenna nalgunhas fórmulas cosméticas.
Limpar e exfoliar permite darlle suavidade e luz a pel, e así os cosméicos penetrarán mellor. Proba, elabora este sencillo exfoliante: mistura dúas culleradas de leite enteira, ou tona líquida se a pel está moi reseca; aplícaa na cara ou no corpo dous minutos e frotaa cun cepilliño.
Natalia e Matilde
COCIÑA CONMIGO
TORTILLA DE CENOIRAS DOCES
6 OVOS
500 G CENOIRAS
20G DE MANTEIGA
250G IOGUR CREMOSO TIPO GREGO
3 CULLARADIÑAS DE MEL
UNHA CHISCA DE NOZ MOSCADA
UN CHORRIÑO DE LEITE
1 MANOXO DE CEBOLIÑOS FRESCOS
ACEITE DE OLIVA
Pélanse as cenoiras, collemos unha tixola fonda, vértense as cenorias cun pouco aceite é unha pizca de noz moscada. Rehóganse durante uns minutos, cando estén blandas as cenorias bótase a mantenga e a mel é séguese cocendo ata que queden caramelizadas.
Vátense os 6 ovos coa leite ata que faga espuma é reservase.
Vótase aceite nunha tixola é cando esté quente bótase unha cuarta parte da crema. Deixase cuaxar é baixase o lume. Cando o ovo esté cuaxado e mais cremoso esténdese o iogur pola superficie e añádense algunhas cenoiras.
Espolvoréase con ceboliños picados e coa axuda dun garfo prégase a tortilla sobre as cenorias. Facer o mesmo coas tortillas derradeiras.
Ana
SARELADAS
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
Catro vellos mariñeiros,
Catro vellos mariñeiros
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque.
Ailalelo …
Os mariñeiros traballan
Os mariñeiros traballan
de noite ca luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
pola mañá cedo
cheirando a frescura.
Ailalelo …
Levo sardiña e bocarte,
vendo xurelo pequeño.
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro
Ailalelo …
Juan Vilar
jueves, 16 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario