"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 27 de noviembre de 2008

Vivan os bombóns!!

Por Sarela estamos todos contentos xa que levamos un par de semanas disfrutando de lambetadas e de bombóns. Fai quince días foron os cumpreanos dos nosos compañeiros Ana e Suso, e a semana pasada da Directora do Centro, Rocío. Polo que, como cada un deles, para festexalo, trouxo cadansúa caixa de bombóns (e non das pequenas, non pensedes, que aquí mimámonos todos moito), temos bombóns para dar e repartir. Asique, de ahí o título desta semana…Vivan os bombóns!!!

Juan M. Vilar

A-RASH

Esta semana coméntovos un dato curioso. ¿Sabedes cales son os circuitos máis valorados para realizar as probas de autocross en Galicia? Bueno, decir que as opinións son dadas polos usuarios de “cronoracing”; Pois ben; en primeiro lugar o mais valorado é o de Arteixo e despois o Do Castro. Logo o de Laracha e Cerceda e dos últimos e Mazaricos e Santa comba.

Suso e JM


O TEMPO

Este período caracterizarase por estar Galicia na influencia das baixas presións, ó que hai que engadir entradas de aire frío de latitudes superiores. As probabilidades de chuvia serán altas. As temperaturas serán propias do inverno, con pouca oscilación térmica.

Santiago


SEMPRE MÚSICA

O sábado 29 de Novembro as 21:30 na Aula Sociocultural da Caixa Galicia
Poderedes disfrutar da actuación de: Corazóns Rebeldes
Anúncianse como "Maiores portándose mal" e é un coro que non se parece a ningún. Young@Heart está integrado por xubilados entre os 75 e os 93 anos residentes en Northampton, Massachusetts, que recibiron críticas excelentes en todas as partes do mundo nas que actuaron. A unha idade en que moitas persoas xa están mortas ou pasando os derradeiros días en residencias para maiores, estes xubilados subiron ao escenario
Para cantar a berro tendido temas rock de Outkast, Jimi Hendrix e Radiohead.

Joaquín

UNHA DE FLOCOS

Quantum of ssolace
O guión é de Paul Hagis. Daniel Craig volve a estar perfecto coma axente segredo. Olga Kurylenko é a nova moza Bond, pero fixádevos vos que ademáis de amosalo seu Corpo (que está moi ben) resulta ser unha axente tan emocionante e sorprendente coma o mismísimo James Bond. Amantes do 007, xa sabesdes que non debedes de faltar a Quantum of solace.

Josefino e Pablo


CONSELLOS PARA IMAXE

¿Cómo masaxear o coiro cabeludo?

Ó método para masaxear o coiro cabeludo é o seguinte: sentado, coa cabeza algo agachada sobre as súas pernas, comence unindo as súas mans por detrás da caluga e, usando as xemas dos dedos, faga movementos circulares na base da cabeza sen frotar. A idea é como si "arrastrara" a circulación cara arriba da cabeza.
Unha vez que chegou a base superior do cráneo, sepáranse as mans e os dedos, continuando con movementos circulares cara as sens e a fronte utilizando todos os dedos. Non aplique as unllas nen arrastre o cabelo; se é necesario, levante as xemas para desplazalas a un sitio inmediato na medida na que avanza cara o súa cara.
Si o exercicio está ben feito, sentirá que todo o seu coiro cabeludo se enche de sangue, experimentando calor e enroxecemento na cabeza. Nas sens onde o cabelo desaparece primeiro, pode tamén complementar con movementos focalizados, presionando o coiro cabeludo afectado de alopecia do mesmo xeito que se procurará "explotar" un grao de acné xigante, é dicir expremendo a carne cara o medio.
Lávese a cabeza con auga morna e champú o rematar.

Natalia e Matilde


COCIÑA CONMIGO

Ovos recheos

Ingredentes:

Ovos cocidos
Unha lata de atún en aceite de oliva
Carne picada
Pemento morróns
Cebolas
Maionesa

Poñemos a cocer os ovos nun cazo. Preparamos a carne picada nunha tixola con allo e cebola. Mesturamos a carne ca xema dos ovos e o atún. Cubrímolos ca maionesa. Adornamos co pemento morrón. Servímolo frío e a comer!!

Mercedes e Ana.


SARELADAS

VEN BAILAR CARMIÑA
Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.

Juan Rendo

viernes, 21 de noviembre de 2008

Veñen os do curso!!!

Pois Sarela últimamente estase convertendo nun vaivén de persoas. Asi como damos benvidas a novos integrantes da plantilla e nos despedimos de voluntarias que levan tempo connosco, coma Nerea; agora, cada tres días vamos a ir dando benvidas e despedidas. ¿Cómo? É algo raro, ¿Verdade? Pois explicámonos: a partires do 17 deste mes ata o 15 do vindeiro, teremos no Centro de Día a 11 alumnos do curso de “Adestramento en Habilidades da Autonomía Persoal e Social”, desenrrolando a parte práctica do mesmo. Benvidos e esperemos que as vosas prácticas sexan o máis aproveitables posibles!!

Juan Manuel Vilar


A RASH

A vindeira fin de semana celebrarase en Arteixo unha proba de RESISTENCIA EN AUTOCROSS. Consiste nunha carreira de 4 horas da que se comprobará a resistencia dos coches e dos pilotos. E moita sorte a CARPI, BUSTI e FRAN.

Suso e JM


O TEMPO

Durante o resto da vindeira semana Galicia manterase baixo a influencia dos ventos de compoñente norte, nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Isto deixará un considerable aumento das probabilidades de chuvia, que afectará máis á metade norte, pero non se agardan chuvias intensas. Sí que poderán ser de neve debido á chegada dunha masa de aire frío procedente do Atlántico norte, impulsada polos ventos de compoñente norte.

Santiago


SEMPRE MÚSICA

Soraya leva 'Mis canciones favoritas' á Sala Capitol

Soraya, segunda clasificada en OT 2005, vai presentar nesta xira con Cadea 100 un repertorio especial baixo o título de As miñas cancións favoritas que a extremeña está a elixir nestes días. Manu vai ser o artista convidado en todos os concertos nos que é probable que ambos artistas nos sorprendan cantando algún tema a dúo.

Joaquín e Pablo


CONSELLOS PRA IMAXE

Estabades deseosos por saber como podiades facer vos mesmos unhas fabulosas masaxes, verdade? Pois teredes que agardar unha semaniña máis, dado que Natalia, a nosa perruqueira-esteticiene particular, non poido estar connosco esta semana por motivos de forza maior.
Un biquiño Natalia. Esperamos que saia todo ben e que te incorpores pronto!


UNHA DE FLOCOS

Richard Gere interpreta a un doctor que viaxa ao pobo costeiro de Rodanthe, na Carolina do norte, para facer fronte a unha crisee de conciencia. Alì alóxase nunha pensión da que se encarga temporalmente o persoaxe de Lane, unha muller que arrastra os seus propios problemas familiares. Ambos atoparán consuelo mutuo e comezan un romance que os marcará para sempre.

Josefino


COCIÑA CONMIGO

Arroz con chipirones

INGREDIENTES
Allo
Pementos morróns
Cebolas
Guisantes
Arroz
Chipiróns en su tinta

Reogamos o allo, os pementos e as cebolas en aceite. Botamos o arroz xunto co viño branco, a fritura anterior. Aparte, pasamos os chipiróns e os guisantes nun pouco aceite e misturamolos co resto. Esperamos 15 minutos e…. listo para comer. Bo proveito!

Ana e Mercedes



SARELADAS

TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Juan Rendo e Matilde

jueves, 13 de noviembre de 2008

GRAZAS NEREA

Vaia amigos! levamos unhas semanas dando benvidas e agora toca unha despedida. Non nos gusta moito a idea pero ten que ser.
Nerea, unha das nosas voluntarias máis antigas (desde o ano pasado) e que nos viña acompañando este ano a actividade de Golf, por motivos laborais………NORABOAAAA!!!, deixa a colaboración connosco
Nerea que saibas que estivemos encantados por contar coa tua axuda durante todos estos meses, que te vamos a botar moito de menos e que esperamos de todo corazón que che vaia moi ben.
Eso sí, xa sabes que aquí os venres nunca faltan merendas especiais, asique cando poidas deixate caer a darnos unha visita anque sexa curta.

GRAZAS NEREA

Juan Manuel Vilar



A-RASH

O piloto Galego Victor Senra disputou esta fin de semana a penúltima proba do desafio Peugeot, dentro do Campeonato de España de Ralis. Foi no último Costa brava, donde rematou na segunda posición a tan solo 6 segundos do vencedor da mesma, mantendo todas as opcións ao título de cara a proba final en Madrid.

Suso


O TEMPO.

Durante este período Galicia estará baixo a influencia das altas presións. Serán días con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e tardes soleadas. As temperaturas acadarán valores agradables para ser esta época do ano, especialmente nás horas centrais do día.

Santiago


SEMPRE MÚSICA


Para alegría de moitas, o luns 8 de Decembro visitara a cidade de Santiago
Miguel Bosé. Poderedes velo no Multiusos Fontes do Sar.

Matilde


UNHA DE FLOCOS

Corredor de Fondo
Argumento: Dennis é un tipo normal, pero fai cinco anos fixo algo que non estivo moi ben. Deixara preñada a súa moza e o día no que tiña que casar con ela, deuse a fuga. Decideu que mellor que arruinarlle a vida, era arruinarlle o seu gran día.
Ahora, percátase de que cometeu un erro. Segue namorado dela, a que segue vendo grazas ao neno, pero ela ten outra parella que parece encantadora.
Dennis non sabe como competir con él, e eso encabúxao.

Josefino



CONSELLOS PARA IMAXE


Para a moitos homes a caída do cabelo é un problema común. a debilidade do pelo, a súa fraxilidade e a caída progresiva, son xeralmente síntomas dunha diminución da vitalidade do bulbo capilar, provocada por unha deficiente irrigación sanguínea.
Nas mulleres a caída do pelo maniféstase máis na menopausia, na que moitas sufren unha aclaración na parte frontal. Os factores que poden influir na reducción do número de cabelos están relacionados con factores hereditarios, alteracións hormonais, idade, mala alimentación, estrés, uso de productos capilares inaxeitados e os cambios climáticos.
Para paliar esto unha boa opción son as masaxes capilares. Na vindeira semana, aprenderemos a darnos nos mesmos unha boa masaxe en tan solo cinco minutos. Non faltades!

Natalia


COCIÑA CONMIGO

Receita de bacalao
Ingredentes:
Allo
Cebola
Pemento vermello e verde
Aceite de oliva
Viño branco
Bacalao
Balocas

Nunha tixola poñemos a reogar, a cebola, e os pementos secamos o bacalao envolvemos coa fariña é a pel cara abaixo e poñémolo na tixola 15 minutos. Despois dámolle a volta.
Reogamos con viño branco cunhas patacas en branco e botámosllo enrriba è…..listo para comer!!

Mercedes e Ana


SARELADAS

Arroz con Chícharos
O primeiro no amor sonche os bicos,
o segundo beliscos pequenos,
o terceiro ben achegadiños
e ó remate sonche os nenos BIS
Arroz con chícharos, patacas novas,
repolos de Betanzos e mais cebolas
e mais cebolas e mais cebolas,
arroz con chícharos, patacas novas

Juan Rendo




jueves, 6 de noviembre de 2008

OUTRA INCORPORACIÓN

Xa vedes compañeiros que cada día somos mais. Eso está ben.
Esta semana incorporouse o noso Centro de Día unha nova compañeira. Aquí tedes unha breve presentación que escribeu ela mesma. BENVIDA!

“Mi nombre es Mercedes, soy de Santiago y vivo en Sta. Marta. Estoy en el Centro de Día de Sarela, esta es mi primer semana y fue un poco cansada, pero divertida ya que lo pasamos muy bien.”

Juan Manuel

A-RASH

En brasil unha Victoria con dúas caras quitou a Ferrari do campeonato. Nunha cara temos o vencedor “verdadeiro” Hamilton” e na outra, o vencedor real, o motor do seu coche.
De cara o vindeiro campeonato, esperemos que o noso Fernando Alonso e o R29 nos dea boas esperanzas.

Suso

O TEMPO

Unha fronte pouco organizada atravesara Galicia
Nesta xornada deixando na metade oeste da comunidade abundante nubosidade e precipitación
Que xa pola tarde seran en forma de chubasco no resto agardamos ceos anubrados con posibilidade dagun chubasco na segunda metade do dia as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados en xeral.

Santiago

SEMPRE MÚSICA

Sodes fans do “Cando del Loco”? Pois estades de Noraboa, xa que o próximo 29 de Novembro as 21 horas poderedes velos no Multiusos do Sar. Que donde está eso? Pois en Santiago de Compostela! Veña, espabilando xente!!

Joaquín e Eva

UNHA DE FLOCOS
Director: Javier Fesser Intérpretes: Nerea Camacho, Carmen Elías, Manuela Vellés, Mariano Venancio, Jordi Dauder, Jan Cornet Título en VO: Camino País: España Ano: 2008. Data de estreno: 17-10-2008 Duración: 143 min. Clasificación: Sin definir Xénero: Drama Guión: Guillermo Fesser Música: Rafa Arnau
Camino (Nerea Camacho), unha nena de 11 anos educada por a súa nai (Carmen Elías) no ideario do Opus Dei, namórase por primeira vez ao mesmo tempo que lle detectan un cancro óseo que a deixa paralítica e postrada na cama.

Josefino.

CONSELLOS PARA IMAXE

LIFTING FACIAL
O lifting facial, tamén chamado ritidectomía, consiste en elevar e tensar a pel para reducir as enrrugas, actuando sobre a dermis do cuello, queixo, meixelas, contorno de ollos e sobre o tecido muscular, para obter un resultado mais duradeiro. Conséguese así que o paciente amose un aspecto mais xoven e un rostro terso e libre de enrrugas.
Normalmente esta operación dura varias horas, realízase baixo anestesia xeral e precisa unha estancia na clínica entre 24-48 horas, aproximadamente.
As posibles cicatrices son imperceptibles xa que quedan "escondidas" no cabelo e nos pliegues das orellas.
O lifting pode combinarse con outras cirurxías como a blefaroplastia (eliminación de bolsas e nos ollos) ou rinoplastia (corrección da nariz), dependendo das características propias do paciente e o problema a solucionar. A súa vez, pode facerse nunha totalidade da cara, o chamado lifting facial completo, ou sólo en determiñadas zonas do rostro, minilifting, tratando sobre todo frente e cuello.

Natalia

COCIÑA CONMIGO

Compañeiros, informamos que a partires desta semana, nesta nova sección contaremos con outra cociñeira máis, ¿Sabedes quen?, pois quen vai ser, Mercedes! A nosa nova adquisición resultou ser tamén moi boa cas cazolas e de seguro que xunto con Ana, farán de “cociña Conmigo” un recuncho o que botar o ollo cando non sabades que facer de comer ou queirades mudar a monotonía na mesa!


SARELADAS

Unha noite no muíño
Unha noite non che nada:
Unha semaniña enteira
Esa si que fuliada

O muíño moe, moe,
E bota fariña en roda;
A filla do muiñeiro
Entramentras enamora,

O muiño anda,anda,
O rodicio faino andare,
A fillas do muiñeiro
Rabea por se casare

Juan Rendo