"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 13 de noviembre de 2008

GRAZAS NEREA

Vaia amigos! levamos unhas semanas dando benvidas e agora toca unha despedida. Non nos gusta moito a idea pero ten que ser.
Nerea, unha das nosas voluntarias máis antigas (desde o ano pasado) e que nos viña acompañando este ano a actividade de Golf, por motivos laborais………NORABOAAAA!!!, deixa a colaboración connosco
Nerea que saibas que estivemos encantados por contar coa tua axuda durante todos estos meses, que te vamos a botar moito de menos e que esperamos de todo corazón que che vaia moi ben.
Eso sí, xa sabes que aquí os venres nunca faltan merendas especiais, asique cando poidas deixate caer a darnos unha visita anque sexa curta.

GRAZAS NEREA

Juan Manuel Vilar



A-RASH

O piloto Galego Victor Senra disputou esta fin de semana a penúltima proba do desafio Peugeot, dentro do Campeonato de España de Ralis. Foi no último Costa brava, donde rematou na segunda posición a tan solo 6 segundos do vencedor da mesma, mantendo todas as opcións ao título de cara a proba final en Madrid.

Suso


O TEMPO.

Durante este período Galicia estará baixo a influencia das altas presións. Serán días con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e tardes soleadas. As temperaturas acadarán valores agradables para ser esta época do ano, especialmente nás horas centrais do día.

Santiago


SEMPRE MÚSICA


Para alegría de moitas, o luns 8 de Decembro visitara a cidade de Santiago
Miguel Bosé. Poderedes velo no Multiusos Fontes do Sar.

Matilde


UNHA DE FLOCOS

Corredor de Fondo
Argumento: Dennis é un tipo normal, pero fai cinco anos fixo algo que non estivo moi ben. Deixara preñada a súa moza e o día no que tiña que casar con ela, deuse a fuga. Decideu que mellor que arruinarlle a vida, era arruinarlle o seu gran día.
Ahora, percátase de que cometeu un erro. Segue namorado dela, a que segue vendo grazas ao neno, pero ela ten outra parella que parece encantadora.
Dennis non sabe como competir con él, e eso encabúxao.

Josefino



CONSELLOS PARA IMAXE


Para a moitos homes a caída do cabelo é un problema común. a debilidade do pelo, a súa fraxilidade e a caída progresiva, son xeralmente síntomas dunha diminución da vitalidade do bulbo capilar, provocada por unha deficiente irrigación sanguínea.
Nas mulleres a caída do pelo maniféstase máis na menopausia, na que moitas sufren unha aclaración na parte frontal. Os factores que poden influir na reducción do número de cabelos están relacionados con factores hereditarios, alteracións hormonais, idade, mala alimentación, estrés, uso de productos capilares inaxeitados e os cambios climáticos.
Para paliar esto unha boa opción son as masaxes capilares. Na vindeira semana, aprenderemos a darnos nos mesmos unha boa masaxe en tan solo cinco minutos. Non faltades!

Natalia


COCIÑA CONMIGO

Receita de bacalao
Ingredentes:
Allo
Cebola
Pemento vermello e verde
Aceite de oliva
Viño branco
Bacalao
Balocas

Nunha tixola poñemos a reogar, a cebola, e os pementos secamos o bacalao envolvemos coa fariña é a pel cara abaixo e poñémolo na tixola 15 minutos. Despois dámolle a volta.
Reogamos con viño branco cunhas patacas en branco e botámosllo enrriba è…..listo para comer!!

Mercedes e Ana


SARELADAS

Arroz con Chícharos
O primeiro no amor sonche os bicos,
o segundo beliscos pequenos,
o terceiro ben achegadiños
e ó remate sonche os nenos BIS
Arroz con chícharos, patacas novas,
repolos de Betanzos e mais cebolas
e mais cebolas e mais cebolas,
arroz con chícharos, patacas novas

Juan Rendo




No hay comentarios: