Pois Sarela últimamente estase convertendo nun vaivén de persoas. Asi como damos benvidas a novos integrantes da plantilla e nos despedimos de voluntarias que levan tempo connosco, coma Nerea; agora, cada tres días vamos a ir dando benvidas e despedidas. ¿Cómo? É algo raro, ¿Verdade? Pois explicámonos: a partires do 17 deste mes ata o 15 do vindeiro, teremos no Centro de Día a 11 alumnos do curso de “Adestramento en Habilidades da Autonomía Persoal e Social”, desenrrolando a parte práctica do mesmo. Benvidos e esperemos que as vosas prácticas sexan o máis aproveitables posibles!!
Juan Manuel Vilar
A RASH
A vindeira fin de semana celebrarase en Arteixo unha proba de RESISTENCIA EN AUTOCROSS. Consiste nunha carreira de 4 horas da que se comprobará a resistencia dos coches e dos pilotos. E moita sorte a CARPI, BUSTI e FRAN.
Suso e JM
O TEMPO
Durante o resto da vindeira semana Galicia manterase baixo a influencia dos ventos de compoñente norte, nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Isto deixará un considerable aumento das probabilidades de chuvia, que afectará máis á metade norte, pero non se agardan chuvias intensas. Sí que poderán ser de neve debido á chegada dunha masa de aire frío procedente do Atlántico norte, impulsada polos ventos de compoñente norte.
Santiago
SEMPRE MÚSICA
Soraya leva 'Mis canciones favoritas' á Sala Capitol
Soraya, segunda clasificada en OT 2005, vai presentar nesta xira con Cadea 100 un repertorio especial baixo o título de As miñas cancións favoritas que a extremeña está a elixir nestes días. Manu vai ser o artista convidado en todos os concertos nos que é probable que ambos artistas nos sorprendan cantando algún tema a dúo.
Joaquín e Pablo
CONSELLOS PRA IMAXE
Estabades deseosos por saber como podiades facer vos mesmos unhas fabulosas masaxes, verdade? Pois teredes que agardar unha semaniña máis, dado que Natalia, a nosa perruqueira-esteticiene particular, non poido estar connosco esta semana por motivos de forza maior.
Un biquiño Natalia. Esperamos que saia todo ben e que te incorpores pronto!
UNHA DE FLOCOS
Richard Gere interpreta a un doctor que viaxa ao pobo costeiro de Rodanthe, na Carolina do norte, para facer fronte a unha crisee de conciencia. Alì alóxase nunha pensión da que se encarga temporalmente o persoaxe de Lane, unha muller que arrastra os seus propios problemas familiares. Ambos atoparán consuelo mutuo e comezan un romance que os marcará para sempre.
Josefino
COCIÑA CONMIGO
Arroz con chipirones
INGREDIENTES
Allo
Pementos morróns
Cebolas
Guisantes
Arroz
Chipiróns en su tinta
Reogamos o allo, os pementos e as cebolas en aceite. Botamos o arroz xunto co viño branco, a fritura anterior. Aparte, pasamos os chipiróns e os guisantes nun pouco aceite e misturamolos co resto. Esperamos 15 minutos e…. listo para comer. Bo proveito!
Ana e Mercedes
SARELADAS
TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO
Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.
Juan Rendo e Matilde
viernes, 21 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario