Por Sarela estamos todos contentos xa que levamos un par de semanas disfrutando de lambetadas e de bombóns. Fai quince días foron os cumpreanos dos nosos compañeiros Ana e Suso, e a semana pasada da Directora do Centro, Rocío. Polo que, como cada un deles, para festexalo, trouxo cadansúa caixa de bombóns (e non das pequenas, non pensedes, que aquí mimámonos todos moito), temos bombóns para dar e repartir. Asique, de ahí o título desta semana…Vivan os bombóns!!!
Juan M. Vilar
A-RASH
Esta semana coméntovos un dato curioso. ¿Sabedes cales son os circuitos máis valorados para realizar as probas de autocross en Galicia? Bueno, decir que as opinións son dadas polos usuarios de “cronoracing”; Pois ben; en primeiro lugar o mais valorado é o de Arteixo e despois o Do Castro. Logo o de Laracha e Cerceda e dos últimos e Mazaricos e Santa comba.
Suso e JM
O TEMPO
Este período caracterizarase por estar Galicia na influencia das baixas presións, ó que hai que engadir entradas de aire frío de latitudes superiores. As probabilidades de chuvia serán altas. As temperaturas serán propias do inverno, con pouca oscilación térmica.
Santiago
SEMPRE MÚSICA
O sábado 29 de Novembro as 21:30 na Aula Sociocultural da Caixa Galicia
Poderedes disfrutar da actuación de: Corazóns Rebeldes
Anúncianse como "Maiores portándose mal" e é un coro que non se parece a ningún. Young@Heart está integrado por xubilados entre os 75 e os 93 anos residentes en Northampton, Massachusetts, que recibiron críticas excelentes en todas as partes do mundo nas que actuaron. A unha idade en que moitas persoas xa están mortas ou pasando os derradeiros días en residencias para maiores, estes xubilados subiron ao escenario
Para cantar a berro tendido temas rock de Outkast, Jimi Hendrix e Radiohead.
Joaquín
UNHA DE FLOCOS
Quantum of ssolace
O guión é de Paul Hagis. Daniel Craig volve a estar perfecto coma axente segredo. Olga Kurylenko é a nova moza Bond, pero fixádevos vos que ademáis de amosalo seu Corpo (que está moi ben) resulta ser unha axente tan emocionante e sorprendente coma o mismísimo James Bond. Amantes do 007, xa sabesdes que non debedes de faltar a Quantum of solace.
Josefino e Pablo
CONSELLOS PARA IMAXE
¿Cómo masaxear o coiro cabeludo?
Ó método para masaxear o coiro cabeludo é o seguinte: sentado, coa cabeza algo agachada sobre as súas pernas, comence unindo as súas mans por detrás da caluga e, usando as xemas dos dedos, faga movementos circulares na base da cabeza sen frotar. A idea é como si "arrastrara" a circulación cara arriba da cabeza.
Unha vez que chegou a base superior do cráneo, sepáranse as mans e os dedos, continuando con movementos circulares cara as sens e a fronte utilizando todos os dedos. Non aplique as unllas nen arrastre o cabelo; se é necesario, levante as xemas para desplazalas a un sitio inmediato na medida na que avanza cara o súa cara.
Si o exercicio está ben feito, sentirá que todo o seu coiro cabeludo se enche de sangue, experimentando calor e enroxecemento na cabeza. Nas sens onde o cabelo desaparece primeiro, pode tamén complementar con movementos focalizados, presionando o coiro cabeludo afectado de alopecia do mesmo xeito que se procurará "explotar" un grao de acné xigante, é dicir expremendo a carne cara o medio.
Lávese a cabeza con auga morna e champú o rematar.
Natalia e Matilde
COCIÑA CONMIGO
Ovos recheos
Ingredentes:
Ovos cocidos
Unha lata de atún en aceite de oliva
Carne picada
Pemento morróns
Cebolas
Maionesa
Poñemos a cocer os ovos nun cazo. Preparamos a carne picada nunha tixola con allo e cebola. Mesturamos a carne ca xema dos ovos e o atún. Cubrímolos ca maionesa. Adornamos co pemento morrón. Servímolo frío e a comer!!
Mercedes e Ana.
SARELADAS
VEN BAILAR CARMIÑA
Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.
Juan Rendo
jueves, 27 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario