Xa estamos na recta final do ano e por Sarela estamos todos acelerados. ¿Sabedes por que? Pois porque o mes de Decembro para nós é un mes bastante sinalado. Non só polo feito de que é o mes do Nadal, e estamos coa familia, e temos unhas semaniñas de vacacións….non, senón tamén, porque, coma en Xuño, os de Sarela celebramos o noso Mercadiño de Nadal e estos días xa comezamos coa planificación do mesmo pa intentar mellorar ao anterior.
Asique xa sabedes, si vos interesa o tema, estade moi atentos as nosas novas xa que próximamente informarémosvos do lugar, da hora e da ubicación exacta do mesmo.
Juan M. Vilar
A-RASH
Gumpert Apollo é o primeiro modelo producido por unha empresa Alemana. Este coche e unha creación de Roland Gumpert, anterior Xefe na Audi, de moito éxito por certo. Este deportivo foi desenvolvido exclusivamente para o uso deportivo nas pistas de carreiras, ainda que se vende ao público sendo apto para circular nas rúas legalmente na súa condición estándar.
¡Ten un motor Audi de 4.200 cc e 8 cilindros, unha caixa de cambios manual de 6 velocidades e desenrrola unha velocidade máxima de 360 km/h. Ten unha grande aceleración que lle permite chegar aos 100 km/h en só 3 segundos e unha potencia de 650 CV a 6.800 revolucións, o seu peso e de tan só 1.100 kg e a carrocería pode ser opcionalmente fabricada con paneis de fibra de carbono!
No 2007 presentouse un modelo con motor V8 biturbo de 800 CV de potencia. O seu prezo sitúase nos 200.000 € mais os impostos.
Suso e JM
O TEMPO
¡Fai frío!
Haberá neve, con choivas débiles, aló polo venres nubes con sol, cara o sábado probablemente teñamos o mesmo tempo que o venres. O domingo día 7, nubes con sol, pero as temperaturas seguirán sendo baixas.
Santiago e Pablo
SEMPRE MÚSICA
¿Coñecedes Melide? ¿Non? Pois animádevos a coñecer esta vila encantadora durante o mes de Decembro e si vos quedades a disfrutar da noite acercádevos ata o Pub Gatos, xa que alí durante ao longo destas datas están programados os seguintes concertos: Tomade nota:
Día 5: Rabia positiva. 1:00h.
Día12: The Cañas
Día 19: Los Casanovas
Día 26: Machina
Joaquín
UNHA DE FLOCOS
Quantun of Solace
É a última película do axente 007. Esta vez Bond loita contra o seu desexo de transformar a misión nun tema persoal, xa que foi traicionado pola muller que amaba. A organización contra a que loita é moito máis perigosa do que imaxina pero para a súa loita conta cunha bela loitadora, Camille. A ela xuntarase e levaran a cabo venganzas persoais.
Josefino e Matilde
CONSELLOS PARA IMAXE
O Luns 15 de Decembro as 18:00 horas, haberá unha charla sobre Trucos de Beleza, na planta baixa do Centro Comercial Compostela. A farmacéutica Anabel Vaquer impartirá unha charla sobre trucos de beleza, relacionados coa pel. O primeiro paso é identificar o tipo de pel e, despois, facer un coidado óptimo e axeitado, segundo o tipo, coa hixiene e a hidratación. Hay, tamén, trucos especiais de beleza que se aplican directamente sobre a pel para dar maior luminosidade a peles fatigadas, labios de película, miradas relucentes, etc. A maquillaxe é a gran aliada dunha pel bela porque pode aportar corrección e camuflaxe de imperfeccións e retoques finais indispensables, sobre todo, en momentos especiais como en festas, celebracións, etc.
Os asistentes disponrán, despois da charla, dun tempo individual para consultar calqueira dúbida persoal.
Anabel Vaquer é farmacéutica formadora dos Laboratorios Pierre Fabre.
Natalia
COCIÑA CONMIGO
FLAN DE OVO CASEIRO
Ingredentes:
6 ovos (mellor se son ovos da casa)
medio litro de leite de vaca
6 cucharadas de sucre
Preparación:
Misturamos os ovos da casa ,o leite de vaca, é o sucre. Batemos todo, vertémolo nun molde con manteiga e poñemolo no forno a 180 ºC durante 20 minutos ao baño maria. Logo deixámolo enfriar.
Mercedes e Ana
SARELADAS
Mais Galicia, é un mal fado,
Separarme teño de ti,
Lévame o corpo porque a alma
Toda enteira deixo aquí.
Adiós casa, soutos, ríos,
veigas douro, claro sol;
adios berce dos amores,
hasta sempre, voume, adiós
Mais Galicia, é un mal fado,
Separarme teño de ti,
Lévame o corpo porque a alma
Toda enteira deixo aquí.
Adicada a Juan Rendo, para que se coide moitiño e pa que poida estar connosco axiña.
Equipo Sarela
jueves, 4 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario