Novas de Sarela
Xa chegou o Mercadillo de Nadal
Os vindeiros días 22 e 23 deste mes, celebraremos no Centro Comercial Área Central o “Mercadillo” que xa levamos anos facendo por estas fechas. Os obxetos que están á venda son cousas que fomos facendo durante todo ó ano no taller de manualidades que temos os viernes na asociación.
Temos un amplo catálogo de artigos que están á venda. Dende colares, pulseiras e pendentes para as máis presumidas, pasando por obxetos de adorno para ó fogar, e incluso cousiñas de papelería como pinciñas, libretas…, ademáis de todo o anterior, e como estamos en tempo de Nadal, tamén vendemos adornos para á árbore. Ademáis de cousas soltas, temos lotes que se componen de diferentes artigos.
Ó horario é de 4 da tarde á 8. Esperamos que todos veñades.
Temos que despedirnos de vós, que pasedes un Bon Nadal e Próspero Aninovo.
Juan
A RASH
Subaru abandona o mundial en 2009
A compañía que dirixe o equipo Subaru deu a nova de que este equipo non participará no mundial de ralli do 2009 polo tanto abandona o WRC. Esto non foi unha mala nova para o equipo senón tamén para os millóns de seguidores que ten en todo o mundo pero esto non quita de que teña as portas abertas no 2010.
Suso
O TEMPO
A partir de mediados da vindeira semana, comezarase unha paulatina recuperación da influencia anticiclónica sobre Galicia. Deste xeito, a probabilidade de chuvia irá diminuíndo. As temperaturas acadarán valores propios da época do ano.
Santiago
SEMPRE MÚSICA
El Canto del Loco bate récords e arrasa con 5 premios 40 principais.
Na gran gala da música, celebrada o venres no Palacio dos Deportes da Comunidade de Madrid, El Canto del Loco foi sen lugar a dúbidas o flamante triunfador da noite. Dani Martín e os seus, recibiron os premios en tódalas categorías nas que foron nominados: Mellor grupo e dúo, Mellor álbum, Mellor xira e concerto, Mellor canción e Mellor videoclip polo seu éxito “Eres tonto!”, premio este último que foi decidido polos votos do público a través de SMS. El Canto del Loco convérsese así no máximo galardonado da historia dos Premios 40 Principais.
Joaquín
UNHA DE FLOCOS
Funny Games
Dirixida por Michael Haneke
Unha familia atópase de vacacións nunha casa alugada. Súas vidas cruzaránse con dous psicópatas que os reterán. Terán que permanecer unidos para salvala súa vida.
Josefino
CONSELLOS PARA IMAXE
As festividades navideñas dan moito xogo para elevar o cabelo en espectaculares recollidos, para atreverse con postizos e extensións ou para adornar a cabeza con accesorios, por exemplo vistosas orquillas.
Sen embargo, a naturalidade e a comodidade parecen gañala partida ásofisticación. As melenas, lisas ou rizadas, mais ou menos longas, lévanse desfiladas e asimétricas e, sobre todo, soltas e con algún toque de cor, nas puntas ou mediante mechas.
As mechas non só acentúan o peiteado, senón que proporcionan ó rostro máis expresión e luminosidade. A fantasía é fundamental, especialmente en Nadal, pois o que de verdade arrasa son as mechas irregulares e hasta tres tons diferentes.
En canto a estilos, o que predomina é un certo aire retro, xa sea ó Belle Epoque, con suaves ondulacións, ou lucindo un corte bob con flequillo imitando ó estilo dos anos sesenta.
E, moito máis glamouroso e quizáis para Noitevella, un peiteado de estrela do Hollywood máis clásico, o das décadas dos corenta e os cincuenta, cas súas cabeleiras seductoras de ondas laterais e puntas voltas.
Natalia
COCIÑA CONMIGO
LUBINA Ó FORNO
INGREDENTES:
Unha Lúbina, cebolas, allos, viño branco, lourerio, colorante, orégano, patacas ,aceite de oliva e pementos morróns.
Preparación:
Botamos na paellera medio vaso de aceite de oliva, cortamos as cebola e os allos.
Pelamos as patacas cortámolas panadeiras e as fritimos. Despois vótamolas na paellera. Enrriba das patacas poñemos a lubina e engadimos tódolos ingredientes, menos o viño branco que o engadimos un chisquiño despois. Logo ó forno 45 minutos a 220 graos.
LISTO PARA COMER.
Mercedes e Ana
SARELADAS
Quen pudiera ter alas,
Quen as tivera para voar;
Se así fora non sentiría
Tanta pena por marchar!
Eu con elas, deixo a terra
Dos recordos da nenez;
Deixo a patria e os amores
Sin esperanzas de volver.
Juan
jueves, 18 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario