A nosa compañeira e amiga Angélica, márchase. Traballará nun lugar máis preto da súa casa, Porto de Son. Entendemos que desta maneira farase máis posible o cumplimento dos seus proxectos de vida pero imos votala moito de menos.
Fai moito tempo, as portas de Sarela abríronse para ti. Moitas cousas cambiaron dende entón, dende as instalacións, ata o número de persoas que confían en nos, e os profesionais que forman parte do centro. E ti, viviches con nos cada un deses momentos.
Compartimos historias personais, momentos bos e malos, risas, vagaos, ilusións e esforzos por levar a cabo uns ideais que nos unen.
Contribuiches co teu esforzo e implicación a lograr o que somos agora, a facer sorrir a moitas persoas e axudarnos a crer que as cousas poden cambiar, que con dedicación e ilusión podemos construir un proxecto cargado de ilusión e esperanza.
Formas parte de todo isto e ti formas parte de Sarela. Nunca che esuqeceremos e esperamos que ti tampoco o fagas.
Agora ábrense unhas novas portas para ti e desexamoste toda a ledicia do mundo.
Sabes que as nosas portas nunca estarán pechadas para ti.
Querémoste.
jueves, 11 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
non o podo creer!!!!!!!
ahora cando vaia a vervos xa nada volverá a se-lo mesmo!!!!!!
pois espero que todo che vaia moi ben alí donde o estés...eu pola miña parte sempre che agradecerei que cando vou a visitarvos me fagades sentir como na miña propia casa!!!!
un bico moi grande desde tarragona e que che vaia moi ben!!!
Publicar un comentario