"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



lunes, 6 de julio de 2009

NOVAS DE SARELA

XA CHEGOU O VERÁN!!!!!!!!

Bueno xa chegaron as vacacións de verán, que rápido pasa o tempo, ¿non? Miña nai, fai nada estabamos por alí por setembro cando comezámolo curso, coma tódolos comezos moi entusiasmados por volver a ver a tódolos compañeiros.

¿Porqué non facemos un pequeño recordo dalgunhas cousas que pasaron neste tempo? Pois por decembro nos deixou a nosa logopeda, Angélica para ir traballar a outro lado máis pretiño da súa casa, e no seu lugar entrou Ruth, unha rapaza noviña e algo tola, que sempre nos anda a romper un pouco a cachola. Neste mes tamén chegou o Nadal coma tódolos anos, e xunto a el, o Mercadiño que fixemos en Área Central, que a verdade saíu bastante ben.

En Xaneiro, incorporáronse novos compañeiros e profesionais: Mercedes e Dolores como usuarias, e Belén e Noelia como profesionais.

En marzo, mais ou menos, fumos a unha excursión á Marcelle, unha granxa que queda por Lugo. Pasamos un día de convivencia todos xuntos disfrutando das diferentes especies e da paisaxe.

Durante todo este tempo tamén saímos pola zona vella de Santiago, fumos algunha exposición e o que máis nos gustou foi a visita da orquestra París de Noia.

A verdade que un curso bastante axetreado e agora chegan as vacacións para disfrutar das nosas familias e actividades de ocio preferidas.

Pois nós despedímonos ata o vindeiro curso, recordando que este xoves 18 e o venres 19, témolo Mercadiño de Verán no Paseo Central da Alameda, esperamos vervos por alí.

Que disfrutedes moito.

Saúdos

Sarela

jueves, 11 de junio de 2009

NOVAS DE SARELA


Saúdos de novo a todos e todas, unha semana máis nos atopamos aquí con vós para informaros das novidades que van xurdindo por estes lares.

Lembrámosvos que o vindeiro xoves 18, mailo venres 19, de 17:00 a 21:00 horas, faráse o mercadiño de verán coma tódolos anos. O lugar será a Alameda, non no Toural coma edicións pasadas.

Ademáis imos ter unha exhibición de obediencia de cans. Algúns de nós imos tódalas semanas a unha finca xunto a un club chamado “Agility” cos que aprendemos a facer diferentes circuítos. Así, estes días vos mostraremos o noso traballo, que aínda que non o pareza é algo complicado pero que nós pouco a pouco o imos conseguindo.

Bueno, pois xa nos despedimos de todos e esperamos vervos a semana que ven.

Saúdos.

Josefino

A RAHS

O Gran Premio de Turquía rematou coa sexta victoria de Jenson Button das sete probas que levamos disputadas este Mundial 2009 da Fórmula 1. Acompañárono no podio Mark Webber e Sebastian Vettel.

Pouco hai que comentar no duelo entre Button e Barrichello, 7 a 0, e a desastrosa carreira do brasileño de onte. Barrrichello calaba o seu coche na parrilla e perdía varias posicións. Nos seus intentos de adelantamento acababa co alerón dianteiro tocado, e finalmente retirouse na volta 49 por un problema no cambio. Parece que Barrichello volve á época de Ferrari onde tódolos problemas mecánicos lle pasaban a él. Mentras tanto a xente xa se pregunta en que carreira se proclamará Button Campeón do Mundo.

Suso


CONSELLOS PRA BELEZA

Receita caseira pra caída do cabelo con aloe vera

Tratamento de beleza caseiro anticaída do cabelo

Polas súas propiedades, o aloe vera constitúe a base de innumerables produtos de beleza. O nivel do coro cabeludo, actúa expulsando as bacterias e os depósitos de graxa que obstrúen os folículos pilosos, sendo moi efectivo no tratamento da caspa e seborrea, que como é ben sabido, de non ser tratada a tempo, conduce inevitablemente á caída do cabelo. Por outra parte, seus conpoñentes estimulan a xeneración e nutrición capilar, favorecendo a recuperación do cabelo.

O aloe vera está considerado como unha das mellores fontes naturais pra manter un cabelo saudable, xa que ó nutrir profundamente os folículos pilosos, activa os mecanismos que xeneran o cabelo, estimula o seu crecemento, detén a súa caída e logra que luza forte e fermoso.

En calquera caso, a penetración profunda do aloe vera no coro cabeludo, favorece a recuperación capilar, a partir dos nutrintes, minerais, vitaminas, aminoácidos e enzimas, entran na súa composición.

Se bén existen productos comercias, tanto na forma de champús como de acondicionadores, que conteñen aloe vera, moitos dos principios activos se atopan atenuados. A mellor forma de aproveitar o máximo as súas propiedades, é utilizándoo no seu estado natural.


Ingredentes:

aloe vera,1 trozo


Modo de aplicación:

•Pódese utilizar o xugo de aloe vera como champú, fixador ou acondicionador.

•O xugo extraese do interior das follas carnosas, é un líquido xelatinoso e transparente que deberás aplicar directamente sobre o coro cabeludo e masaxear pra axudar á súa penetración.

•Podes deixalo actuar algúns minutos, antes de enxauguar ou deixalo toda a noite; sen embargo deberías ser coidadoso, xa que as propiedades astrinxentes do aloe vera poderán resecar en exceso o teu cabelo.

•Tamén podes cortar o trozo de folla, ó que previamente lle eliminaches as espinas, pola metade e pasas masaxeando, polo coro cabeludo.

•Unha vez seco, deixar actuar un rato, antes de enxauguar con auga tibia e logo con auga fría.

O aloe vera dará brillo, forza e protección os teus cabelos.

Natalia

O TEMPO

Na xornada de mañá a situación anticiclónica na península Ibérica e a presencia de inestabilidade sobre o Atlántico propiciará a chegada dunha masa de aire cálido do norte de Africa que deixará ceos despexados, agás no norte de A Coruña e Lugo durante a mañá e ascenso importante das temperaturas. Os termómetros poderán superar os 30ºC durante a tarde no interior da comunidade, de xeito que a sensación de calor será intensa; novamente a excepción será o norte de A Coruña e Lugo onde os termómetros non ascenderán con tanta intensidade e a sensación térmica será máis suave pola tarde. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde no litoral e zonas marítimas.

Durante a vindeira semana o tempo será primaveral e polo tanto, variable, cun aumento da influencia anticiclónica na segunda parte da semana. A probabilidade de chuvia será baixa en xeral. As temperaturas acadarán valores propios da época do ano ou lixeiramente inferiores.

Santiago


COCIÑA COMIGO

COELLO Á CERVEXA

Ingredentes: un coello de 1/5 kg , 5 ceboletas ,1 culler de fariña ,1 copa de coñac , 2 dentes de allo , un pouco de tomillo ,1 vaso de auga , 1 cervexa , sal , aceite e 1 vaso de salsa de tomate .

Preparación:

Trocear o coello e sazonar gardando os figadillos . Picar a ceboleta e póchaa no aceite xunto con dous dentes allos e sal. Cando esté ben pochado, engade a fariña, refoga e engande despois os trozos de coello refogand outra vez. Engade o tomillo e o coñac, flambléao e engade a cervexa, a auga e a salsa de tomate. Mestura todo ben. Deixa guisar 35 minutos ata que esté tenro. Pon a punto de sal e sirve .BO PROVEITO.

MERCEDES E ANA


CURIOSIDADES QUÍMICAS

CAPÍTULO 8

Ó longo dos anos en Cambridge, Newton traballou no desenrrolo das brillantes ideas que concebíu entre os vintetres e os vintecinco anos mais mantivo en secreto a maioría dos seus experimentos . Isto explica o feito de que toda a súa obra fora publicada moito máis tarde, a obra sobre a mecánica e gravidade ós corenta e catro anos, e a obra sobre óptica, ós sesenta e cinco.

Destacou en numerosísimos campos da ciencia . Fíxose famoso polos seus descubrimentos no cálculo infinitesimal ,a natureza da luz branca e a teoría da Gravitación Universal .

Á idade de cincuenta anos decidíu abandoar a vida académica e comenzar a buscar una posición que reportase mellores ingresos.

Dolores

jueves, 4 de junio de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e a todas, que calor vai, isto é morrer pero veredes como vai durar pouco, non se di que esta, a nosa cidade, é o lugar onde a chuvia é arte, pois ala, arte pra todos.

Bueno, deixando un lado o tempo, este mércores, algúns de nós fumos ó cine a Área Central, tivemos unha tarde bastante entretida, comimos todos xuntos un bocata e logo fumos disfrutar dunha boa película, "Anxos e Demos", a cal nos recomendaron ir ver.

Pois nada, non vos quitamos máis tempo, e disfrutade do sol agora que podedes.

Saúdos

Josefino


A RAHS

O piloto asturiano engade que: "sen embargo, sigo crendo que mais adiante pode remos loitar polo podio e gañar carreiras, exactamente como ocurríu o ano pasado. Sabemos que non é fácil, pero o equipo enteiro está extremadamente motivado e determinado a volver a estar nos primeros postos".

Sobre o circuito de Estambul Park, escenario do Gran Premio de Turquía, sinala que é: "un circuito divertido con boas posibilidades para adiantar, sobre todo na curva 12, ó final da recta traseira, que leva a parte final do circuito con curvas lentas".

Engade Fernando Alonso sobre o circuito que: "tamén ten partes rápidas e algunhas das curvas especias como a larga á esquerda número 8, con tres vértices, unha das mais exixentes do ano". Unha das claves para conseguir un bo resultado en Turquía, é: "atopar un bo equilibrio para o coche, que responda ben en ambos sectores, nos rápidos e nos lentos".

Suso

O TEMPO

Mañá, venres, Galicia quedará baixo os efectos das baixas presións, con aire frío en capas altas da atmosfera, polo que hai que agardar ceos anubrados e chuvascos de distribución aleatoria e con potencial treboento. As temperaturas mínimas seguerán sen variar e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos moderados no litoral de Lugo.

Durante a fin de semana, Galicia quedará nunha zona de inestabilidade atmosferica, con altas probabilidades de chuvia e temperaturas baixas para a época do ano. no comezo da vindeira semana a situación anticiclónica poderá recuperarse, aínda que as probabilidades de chuvia seguen a ser altas para a xornada do luns.

Santiago

COCIÑA CONMIGO

COGOLLOS CON ATÚN E QUEIXO

Ingredentes:

200 gramos de atún ou bonito en aceite
200 gramos de queixo de untar Philadelphia
4 cogollos de leituga
16 anchoas en conserva
2 pementos morróns asados
1 ceboleta
Aceite de oliva
Vinagre e sal gorda

Elaboración:

Corta os cogollos en catro metades cada un e colócaos oredor dunha fonte. Coloca no centro o atún ou o bonito. Enrriba de cada cogollo úntase 50 gramos de queixo Philadelphia, ponse unha anchoa e unha tira de pemento pelado. Añade a ceboleta en xuliana e aliña con vinagre, aceite e sal.

MERCEDES E ANA

jueves, 28 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas, xa vai un tempiño, dúas semanas, que non tendes novas nosas. Despois da ponte da Ascensión xa estamos preparados para outras semanas mais sen descanso, bueno tampouco é que morramos co traballo pero si que se agradece ter unha semana máis curta do normal de vez en cando.

Esta semana temos que informarvos que xa temos a data do “Mercadillo de verán”, van ser os próximos 18 e 19 de xuño na Alameda de Santiago. Se hai algún cambiao ou algo máis que contar sobre o mercadillo xa vos imos contando aquí no blog.

Esperamos vervos a todos por alí.

Saúdos e ata a semana que ven.

Josefino

A RAHS

A escudería Brawn GP voltou a protagonizar un novo doblete nesta tempada da Fórmula 1, o terceiro en seis carreiras, esta vez o Gran Premio de Mónaco, cos seus pilotos, o británico Jenson Button e o brasileño Rubens Barrichello.

A superioridade dos monoplazas Brawn GP, que permitiu a Button conseguir a quinta victoria da tempada, voltou a ser “insultante” e en ningún momento foron inquietados polos Ferrari.

O español Fernando Alonso podía rematar un puesto, seguro, ou dous máis arriba na clasificación, pero o enorme tapón que formou o alemán Sebastian Vettel (Red Bull) nas primeiras voltas o afundíu na carreira.

Suso


CONSELLOS PRA IMAXE

Bolsas nos ollos , como mellorar e previr

A formación das bolsas debaixo dos ollos son moi frecuentes e molestas. A prevención é fundamental para evitar un problema que teñen millóns de persoas e que pode mellorar seguindo algùns secretos prácticos.


Sitúate diante do espello e observa ben o contorno dos teus ollos. Se descubres que están hinchados, actúa inmediatamente e sen vacilar. Durante a noite, mentres o noso corpo atópase descansando, prodúcense diversos factores que provocan a paulatina tumefacción e inflamación dos nosos párpados inferiores. Os principais motivos están en que ó pechar os párpados e mantelos inmovilizados, o sistema circulatorio dos canles linfáticos relentécense, dificultando o paso do sangue.

Por outro lado, a posición que adoptamos cando estamos na cama, completamente horizontal, facilita a acumulación de lágrimas nos texidos, chegando a producir pequenos edemas. Contando que ademáis, os párpados inflámanse debido o acopio de desfeitos que o noso corpo xenera e non son completamente eliminados, como é o caso da auga, o sal e o alcol.

Se cando te levantas cada mañá descubres baixo os teus ollos unhas abultadas sombras, débese comezar por colocar sobre os párpados unhas compresas esterilizadas empapadas en auga fría. Desta forma a circulación sanguínea volverá a reactivarse. Podes dirixirte tamén a un establecemento de cosmética onde atoparás diversos tratamentos que calmarán e eliminarán a inflamación dos texidos de forma moi efectiva. Aplícaos pola noite, antes de acostarte, e á primeira hora da mañá. Limpa primeiro ben a pel coa auga e xabón.

Como en tódolos problemas de estética existen tamén remedios caseiros. Coce unha mazá e machácaa ata que quede unha suave pasta. Cando esté completamente fría, colócaa sobre os teus párpados manténdoos pechados. Se o prefires, podes cortar dúas rodaxas de pepino ou calabacín, neste caso crú, e realizar a mesma operación.
Para que o antiestético efecto das bolsas deixe de apagar a túa mirada, ademáis dos remedios explicados, debes saber o importante que é levar unha dieta sana, baixa en sal, especias e bebidas alcohólicas ou excitantes, durmir como mínimo oito horas ó día e manter a túa pel sempre limpa e hidratada.

Seguindo os consellos e prestando maior atención ós primeiros indicios da aparición destas bolsas poderase evitar, é un mal que acomplexa a millóns de persoas en todo o mundo. Non obstante esto ponse como exemplo das vantaxes que conleva coidar o noso corpo.

Natalia

O TEMPO

Durante a xornada de mañán seguiremos Baixo a influencia do anticiclón, centrado sobre as Illas Británicas, e dunha masa de aire moi cálido, de xeito que os ceos continuarán completamente azuis e as temperaturas permanecerán sen cambios ou poderían ascender no caso das mínimas, roldando os 15ºC durante a madrugada e incluso sobrepasando os 30ºC nas primeiras horas da tarde, polo que a sensación térmica será de moito calor. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos moderados no litoral norte e réxime de brisas nas Rías Baixas.

A influencia anticiclónica irase perdendo progresivamente durante a fin de semana, cando aumentará a probabilidade de chuvia. As temperaturas que durante esta semana irán ascendendo, baixarán a partir do domingo.

Santiago


COCIÑA COMIGO

Albóndigas de bacallao en salsa

Ingredentes para as albóndigas:

2 ovos, ½ kg de bacallao fresco ou desalado, perexil picado, pan raiado, sal, pementa, fariña, aceite e ademais, 1 dente de allo, unhas hebras de azafrán, 1cebola vermella, 1vaso de viño branco, 1vaso de auga, unha pizca de améndoas e aceite de oliva.

Preparación:

Pica a cebola moi fina e dórala no aceite. Agrega o allo moi picado e déixalo pochar durante uns minutitos a medio lume. De seguido, rehoga unha cullerada de fariña e molla co viño blanco e a auga sen deixar de remover. Deixa reducir este salsa uns minutos. Agrega unha pizquita de azafrán e as améndoas machacadas.

Para preparar as albóndigas, retira as espiñas do peixe, se as tivera e desmígao moi ben. Mestúrao co perejil picado, a pementa, os 2 ovos algo batidos, o pan raiado e unha pizquita de sal. Amásao todo ben e fai as albóndigas pasándoas por fariña. Frítelas en aceite ata que doren e logo as engades á salsa. Guisámolo a lume lento durante 10 minutos e sirve.

BO PROVEITO

Ana e Mercedes

jueves, 14 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Hola de novo a todos e todas, ¿como foi a semana algo pasada por auga?, nos que pensabamos que ía quedar o bo tempo connosco bastante rato pero nada, se chafou todo.

A semana que ben xa voltamos ter días libres xa que en Santiago se celebra a festividade da Ascensión. Según a axenda cultural da cidade vaise celebrar un concerto de rock no Multiusos Fontes do Sar, nel van actuar: Rosendo, Mago de Oz… ademáis de dous grupos da nosa cidade.

Pois nada, que o pasedes ben si disfrutades das festas da Ascensión e ata dentro de dúas semanas non nos vemos.

Saúdos

Josefino


A RAHS

Jenson Button foi o encargado de conducir a Brawn GP a seu segundo doblete da tempada, e a cuarta victoria do británico en cinco carreiras disputadas, o domingo pola tarde no Gran Premio de España.

Un éxito rotundo para Brawn, que non desmerece a actuación de Red Bull, logrando o terceiro posto para Webber, e o cuarto para Vettel. Este último veu rodando por detrás de Felipe Massa de Ferrari, pero obligou a este a ceder dúas posicions para poder rematar a carreira. Foi Alonso, que calificaba a súa carreira das boas, por quedar o primero das demáis, facedo alusión a que os Brawn e Red Bull corren na outra liga.

Suso

O TEMPO

A xornada de mañán, continuará con inestabilidade meteorolóxica provocada pola presenza aínda de aire frío en altura. Deste xeito, teremos que agardar intervalos nubosos con chuvascos dispersos e ocasionais máis frecuentes no terzo norte. A cota de neve nas primeriras horas do día estará sobre os 1200 metros, subindo progresivamente. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados con intervalos fortes no litoral norte.

Cara a fin de semana, Galicia manterase baixo a influencia de baixas presións atlánticas, con alta probabilidade de chuvia ó principio deste período, diminuíndo progresivamente nos seguintes días. As temperaturas serán baixas para a época do ano.

Santiago

CONSELLOS PRA BELEZA

Axilas manchadas

Un dos factores ten predisposición xenética. Se teus pais teñen axilas oscuras é probable que sexa xenético, neste caso pode ser un problema de hiperpigmentación ou manchas na pel.

Sucédenos a casi todas alguna vez na vida, un día descubrimos que nosas axilas estansen oscurecendo. Este problemiña é mais común nos climas cálidos (o mais aparente) en peles oscuras, pero en realidade ninguén ten garantías pra librarse del.

De maneira úsanse cremas diseñadas pra as manchas no rostro.
Outro caso é a acumulación de células mortas nesta área, esta é a causa mais frecuente é a máis fácil de tratar.

Se ademais das manchas tes a pel irritada e se che arde ou doe pode ser unha reacción alérxica, a algún producto ou unha infección bacterial. Neste caso consulta o teu médico.

Algúns desodorantes. O perfume contido na maioría dos desodorantes pode provocar manchas ó contacto coa luz solar.

Tamén canto mais perfumado sexa o desodorante mais posibilidades de alerxias existen, algunhas veces isto provoca a pigmentación desta zona.

O alcol contido nalgúns desodorantes tamén fai a pel mais sensible ó sol e pode provocar manchas.

As cremas pra depilarse tamen teñen productos químicos moi fortes que podrían causar manchas nalgunhas persoas.

Natalia


COCIÑA COMINGO

Troitas envoltas

Para 4 persoas

Ingredentes: 4 troitas ,4 lonchas finas de panceta afumada ,1 cebola ,un limón , 2 follas de perexil ,4 culleres de aceite de oliva , sal ,pementa .

Preparación:

1.vaciar,lavar e secar a troitas

2. quitar a pel da panceta e facerlle algúns cortes ,pelar e picar a ceboña finamente, cortar o limón en liscas finas e picar moi fino o perexil.

3. Salpimetar as troitas por dentro e por fora e envolver coas lonchas de panceta.

4. Calentar 3 culleres na fonte durante 2 minutos e rehogar a cebola uns 3 min.

5. Engadir ás troitas, rociar cò resto do aceite ,poñer unha lisca de limón e cocer durante 7 min.

6. Espolverar con perexil .Deixar repousar e servir adornado coas liscas de limón restantes.

BO APROVEITO.

ANA E MERCEDES

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 8

Como persoa Newton era moi agradable, sen embargo a miúdo viuse envolto en polémicas cos colegas que poideron ser o reflexo da súa loita cos compañeiros de escola. Tivo unha áspera disputa con outro físico de Cambridge, Robet Hooke fundador da teoria da elasticidade, así como sobre a prioridade da Ley Gravitación Universal . Tivo outras disputas semellantes de prioridade co matematico Goufried Leibiniz respecto á invención do cálculo, e co holandes Cristian Huigems sobre a teoria da luz. O astrónomo Jon Flalansted, foi duro ó falar de Newton , describeuno como insidioso abicioso ……….

Dolores

jueves, 7 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas, ¿como vos foi esta ponte larga da semana pasada?, nos ben, voltamos descansadiños e cas pilas cargadas ó tope.

Temos unha nova moi boa, Noelia, a Educadora Social, tivo ó seu fillo Lois o martes. Dende aquí lle damos a benvida a Lois á vida e moito ánimo a Noelia polas noites sen durmir que lle esperan.

Nós nos despedimos ata a próxima semana e xa vos contaremos á axenda cultural da Ascensión 2009 que pretiño ven.

Saúdos

Josefino

A RAHS

O piloto santiagués Luis Penido concluíu moi satisfeito a terceira participación no RacingShow Caixanova, proba do espectáculo celebrada o pasado sábado en Vigo no marco das actividades do Salón do Automóvil da cidade olívica, un elenco que reuníu a grandes pilotos.

Penido, con seu Lancer EVO VI, comparecía na proba disputada no recinto feiral do Cotogrande, onde diseñábase un novo trazado máis longo e espectacular que en edicións precedentes. Foi unha experiencia moi satisfactoria pois conseguimos meternos na final, onde nos clasificamos quintos o que é todo un gran resultado visto o nivel de coches e pilotaxe presente. Teño que agradecer o apoio dos afecionados, que nos aplaudiron insistentemente, sobre todo na manga decisiva cando o noso coche tivo un problema mecánico que non permitía insertar a primeira velocidade” comentaba o santiagués.

O piloto compostelano acudía a esta proba, de amplia repercusión publicitaria e mediática, grazas ó apoio dos seus patrocinadores, Otero Caritón, Noyamóvil, Kaizen Motor e Concello de Santiago, éste último organismo o que firmou días atrás un acordo de patrocinio para as probas onde compita o actual campeón de Galicia da Montaña no Grupo A.

Clasificación final

1º) Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
2º) Didier Auriol ( Mitsubishi Lancer EVO IX)
3º) Ricardo Teodosio (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
4º) Alberto Meira (Mitsubishi Lancer EVO IX)
5º) Luis Penido (Mitsubishi Lancer EVO VI)

Suso

O TEMPO

Mañá continuará o debilitamento da influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con máis nubes canto máis ó sueste. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán de dirección variable, frouxos en xeral, moderados nas Rías Baixas pola tarde.

Cara a fin de semana Galicia sufrirá con moita probabilidade a chegada dun embolsamento de aire frío que deixará unha importante caida nas temperaturas e un aumento das posibilidades de chuvia. A medida que avance a seguinte semana é previsible que as condicións melloren.

Santiago

CONSELLOS PARA BELEZA

Rexuvenecemento Facial

O paso do tempo e a acción dos raios solares fan que a nosa pel se volva seca, rugosa, sen elasticidade, que aparezan manchiñas e perdamos brillo. Por iso, Clínica Londres leva a cabo toda unha serie de procedementos para mellorar o cutis e recuperar unha apariencia facial máis xuvenil. Grazas á luz pulsada intensa melloramos visiblemente a calidade da pel, reavivando o tono.

A luz pulsada intensa ou IPL (Intense Pulsed Light) é un método que Clínica Londres pon ó alcance dos pacientes pra rexuvenecer o rostro. É unha técnica basada nun haz de luz que estimula os fibroblastos da pel, favorecendo a formación de coláxeno e que permite unha solución efectiva de lesións cutáneas como o enroxecemento facial e as sinais do foto-.envellecemento. Mellora visiblemente a calidade da pel xa que unifica e reaviva o tono, eliminando ou atenuando de maneira máis eficaz as manchas producidas polo sol.

Pódese aplicar sobre toda a cara, pescozo, escote e mans.
Tratamento recomendado pra:
. Recuperar elasticidade e frescura na pel
• Eritemas
• Rosácea
• Foto-envellecemento e peles dañadas polo sol.
• Problemas de pigmentación
• Pel con aspecto áspero e poros grandes
• Cicatrices do acné

Complemento ideal a outros tratamentos:

• Previo ó lifting cirúrxico da cara ou pescozo
• Como complemento á técnica Resurfacing con láser
• Pra intensificar o resultado de peelings médicos ou microdermoabrasión facial
• Compatible con recheos
• Favorece o efecto provocado de Botox (Vistabel)

Natalia

COCIÑA CONMIGO

Paleta de Porco con champiñóns

Ingredentes: 1 kg de paleta de porco, 1/5 kg de cogomelos, viño branco, pementa branca, sal, aceite e allo.

Preparación: O primeiro que temos que facer é meter o perexil, o allo e o aceite nun morteiro para despois utilizalo de adobo para a carne.

Mentres o adobo entra ben na carne, botámolos cogomelos nunha tixola co aceite e a pementa.

Pasado un tempiño, collemos unha bandexa de forno, colocamos alí a paleta previamente adobada e lle imos botando por riba un vasiño de viño branco e un vaso de auga e así a metemos no forno durante 25 minutos a 180º aproximadamente. Cando casi esté rematada de facer a paleta, botámolos champiñóns na mesma bandexa pnde se cociñou a paleta. Pasados uns 2 minutos xa está LISTO PRA COMER.

Ana e Mercedes

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 7

A miúdo, Newton, traballaba toda a mañán e moitas veces esquecíase de comer. Sumido sempre nos seus pensamentos era moi inxenuo e nada práctico nos problemas cotiás. Cóntase que unha vez fixo un buraco na porta da súa casa para que a súa gata poidera entrar e e sair , e cando a gata tivo crias engadíu ó buraco grande un número de pequenos buracos para cada un dos gatiños.
Como persoa Newton era moi agradable, sen embargo a miúdo viuse envolto en polémicas.

Dolores

FALEMOS UN POUCO DE DEPORTE

El BarÇa estará na final de Roma.

Cando os azulgrana xogaban cun home menos, Iniesta empatou un partido que estaba practicamente perdido.

Ó BarÇa se lle xogas de ti a ti, mátache e o Real Madrid puido comprobalo fai catro días no Santiago Bernabeu, dixo un xogador do Chelsea.

O conxunto culé levaba case todo ó partido perdendo e xa car ó final, despois do primeiro gol, a pounto estivo Drogba de encaixar un segundo.

Agora só queda esperar ó día 27 de Maio e comprobar quen vai ser o novo gañador da liga de Campións, se o equipo ingles (Manchester United), ou o español (BarÇa).

Luciano

jueves, 30 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Saúdos de novo a todos e a todas. Esta semana vai ser algo máis curta que o resto das semanas, ¿cal é o motivo?, pois que o venres 1 de maio celebramos o Día do traballo o que quere dicir, aínda que pareza unha contradicción é que ese día non traballamos.

Vai ser unha pequeniña ponte para aqueles que poidan disfrutar dela e unha máis longa para os que teñen que traballar.

Pois o único que nos queda e desexarvos boas minivacacións e que o pasades moi ben, e á volta volveremos estar con vos para contarvos máis cousiñas.

Josefino

A RAHS

A Fórmula 1 chega a Europa e Fernando Alonso asegura que os próximos tres Grandes Premios en España, Mónaco e Turquía serán decisivos para ver se Renault se recupera do mal inicio da tempada e pode loitar polo título.

As novas actualizacións nos monoplazas para a cita en Barcelona o próximo 10 de maio prometen dar un volco ó campionato deste ano.
Alonso asegurou que Brawn e Red Bull, os dous equipos que gañaron máis carreiras no que vai de ano, teñen tódolos recursos necesarios para manterse no alto a pesar de non estar respaldados por grandes fabricantes.

Suso


O TEMPO

A xornada do venres Galicia quedará baixo influencia anticiclónica, destacando polo tanto a estabilidade atmosférica. Esta estabilidade xunto coa humidade acumulada de días anteriores propiciará que se formen néboas e teremos algunhas nubes baixas nas primeiras horas da mañá; a meirande parte das néboas e nubes desaparecerán antes do mediodía deixando unha tarde de ceos despexados. As temperaturas mínimas terán un descenso, pero as máximas subirán de forma moderada, deixando sensación térmica de calor durante a tarde. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

Cara a fin de semana irase recuperando a influencia anticiclónica. Deste xeito, a probabilidade de chuvia irá en diminución. As temperaturas acadarán valores propios da época do ano.

Santiago


CONSELLOS PRA BELEZA

Remedios naturais pra coidar o contorno dos ollos

Habitualmente dise que os nosos ollos mostran a nosa propia alma, os nosos sentimentos. Non obstante, son moi sensibles ó paso do tempo, momentos nos que, a pel ó redor, pode verse claramente afectada por agresións externas.

Fundamentalmente, porque è a máis fráxil do corpo, é a zona da nosa cara que reflexa na mellor medida o paso dos anos, non apiadándose absolutamente de ninguén.

Precisamente por este feito, requírese unha atención e coidados especias, a ser posible diarios, ou ser -incluso- tremendamente sensibles as diferentes agresións medioambientales e ó estrés moderado do noso ritmo de vida.

Recoméndase, aproximadamente a partir dos 25 anos, utilizar unha crema lixeira e específica para o seu coidado, dado que, a partir desta idade, a producción da elastina e coláxeno ralentízase, existe unha serie de remedios naturais que podes aplicarte cómodamente na casa:

Extender un pouco de vaselina nocontorno dos ollos antes de ir a durmir, axudará a hidratar e suavizar moitas das líneas de expresión desta zona.

• Para relaxar o contorno, unha sabia elección sería combinar leite, auga de rosas e aceite de oliva, aplicándoa cun algodón.

• Bolsas de infusión de manzanilla frías relaxa durante uns minutos a zona, polo que a pel dos pár pados mellorarará bastante.

Natalia

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 6

No resto da súa carreira científica consagrouse co desenrolo das ideas no Lincolnshire. Á idade de 26 anos foi nomeado profesor de matemáticas sucedendo a Barrow (1668). En 1702 ós 30 anos, foi elexido membro da Real Sociedade, o máis alto honor científico de Inglaterra , sendo reelexido cada ano como presidente ata a sùa morte.
Segundo os seus biógrafos, Newton foi exemplo perfecto do profesor abstraído.

Dolores


FALANDO UN POUQUIÑO DE DEPORTE

Rafa Márquez pasou a mañá deste mércores unhas probas no Hospital de Barcelona que confirmou unha doble rotura do menisco interior e exterior da perna esquerda. Según o parte médico facilitado, o mexicano estará de baixa entre 8 e 10 semanas, polo que Márquez di adeus á tempada.

O central someterase o próximo sábado a unha artroscopia na Clínica Quirón a cargo dos doutores Ricard Pruna e Ramón Cugat. O xogador, que afortunadamente non ten os ligamentos afectados, lesionouse no duelo ante o Chelsea conducindo o balón él só.

A lesión de Márquez é unha gran pérdida xa que este vindeiro sábado, vaise disputar no Santiago Bernabéu o derbi máis esperado de tódolos anos, o disputado entre o Real Madrid e o Barça, só nos queda dicir que cañe o mellor e disfrutar moito do encontro.

Luciano

jueves, 23 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas. ¿Cómo vos foi a semana? A nós bastante ben xa que levantarse e ver un soliño tan bo coma estos días anima o corpo.

Temos que dala benvida a unha rapaza que vai estar connosco un tempo chámase Yolanda e ven facer as prácticas do ciclo que ela está a estudiar relacionado co campo sociosanitario. Tamén temos que saludar a un novo compañeiro que se chama Luciano e vai participar no blog facendo unha sección sendo o tema o deporte, especialmente o fútbol que é unha das súas aficións.

Lles damos todos a benvida e esperemos que se atopen moi agustiño entre nós.

Ata a próxima semana, e a coidarse moito.

Josefino


A RASH

A terceira foi a vencida e esta vez sí puido Luis Vilariño inagurar o seu casilleiro de puntos no CampIonato Galego de Rallies. Tras os abandonos nas citas de Ulloa e Lalín, o piloto de Palas de Rei mostrouse moi satisfeito coa quinta praza obtida na súa visita á comarca do Barbanza, sobre todo pola boa impresión que causou o seu novo coche, co que afirma “ poderase pelexar pola victoria unha vez me atope máis adaptado á súa conducción”.

O inicio da carreira en Noia estivo marcado pola prudencia: “a carreteira estaba mollada O feito de que os cronos non fosen de todo malos demóstrame o bo que é este vehículo e o rápido que se pode correr con él, unha vez o teña máis pola man.”

Vilariño saldaba a súa actuación en Noia coa quinta praza ó final, un resultado que de cara ó Campionato ten o factor engadido de que foi o vencedor na súa división (X12), o que lle permite sumar moitos máis puntos. Por outra parte o feito de que o piloto cántabro Sergio Pérez non bloquee puntos implica que en realidade Vilariño obterá os mesmos puntos que si houbese quedado cuarto.

Suso


O TEMPO

Unha fronte moi pouco activa atravesará Galicia durante o venres deixando os ceos con abundante nubosidade no oeste de Galicia e precipitacións; pola tarde agárdanse intervalos nubosos con chuvascos ocasionais. Estas precipitacións poderían ser en forma de neve nas cotas máis altas da comunidade ás últimas horas.

Durante os vindeiros días da próxima semana Galicia terá un tempo inestable con temperaturas relativamente baixas para a época do ano e chuvias intermitentes. Na segunda metade da semana descenden as probabilidades de chuvia e aumentarán as temperaturas.


Santiago

CONSELLOS PRA BELEZA

Dez solucións pra a pel sensible



Coidarse a pel nestos tempos non é algo sinxelo.. Según a Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV) os mellores consellos pra combatir o problema son os seguientes:

1. A pel sensible é un término coloquial pra describir a pel daquelas persoas que refiren sensación de tirantez, enroxecemento e descamación de forma espontánea ou trala aplicación de determinados productos.

2. Os factores externos que poden provocar maior sensibilidade da pel son o clima seco e frío, a excesiva exposición ó sol, a aplicación de productos que poden irritar ou que poden producir alerxias (conservantes, perfumes), ou estrés, e algúns alimentos e plantas, entre outros.

3. Hai determinados tratamentos dermatolóxicos (“peelings”, dermoabrasión, láser, retinoides orales ou tópicos, productos ricos en vitamina C e hidroxiácidos) pódense producir un estado de hipersensibilidade ainda que só sexa temporal.

4. As persoas coa pel seca tenden a ter pel máis sensible e faise máis patente en climas secos e durante a época de invierno.

5. A pel dos nenos e dos anciáns soe ser máis sensible, no primero caso pola falta de madurez das estructuras da pel, e no segundo pola atrofia secundaria ó envellecemento.

6. Hai zonas especialmente sensibles como son o contorno dos ollos e o pescozo.

7. Convén identificar determinadas enfermedades que condicionan unha pel máis sensible como son a rosácea, e dermatitis seborreica e outros eccemas. O sol soe beneficiar a dermatitis seborreica, pero non a rosácea, ainda que non hai normas establecidas.

8. Nas raras ocasións nas que hai presenza da pel seca ou que se enrroxece con facilidade sen causa aparente pode deberse a unha enfermedade interna, non propiamente da pel, que debe ser investigada polo médico.

9. A evaluación polo dermatólogo é fundamental xa que coa interpretación dos datos que aporta o pacente, as conclusións da exploración física e, nalgúns casos, as probas cutáneas, pódese chegar a identificar a causa.

10.O tratamento para a pel sensible pasará en moitas ocasións por evitar determinados productos que irritan ou producen alerxia, ainda que en outras ocasións requírese un tratamento específico en función da causa. Non pode decirse cós cosméticos e conservantes agravan o problema en todos os casos, dependen da pel, ingredentes como a Aloe vere serven pra refrescar.

Natalia


COCIÑA CONMIGO

Arroz con lubrigrante

INGREDENTES:

Arroz, lubrigrante, auga, cebola, tomate, colorante, aceite de oliva, sal, cenoria e chícharos.

PREPARACIÓN:

Poñemos a ferver a auga e metemos un lubrigrante de 200gr durante 15 min. Nunha paelleIra votamos aceite e despois de picada a cebola e o tomate votámolo todo e o deixamos pochar.

Despois collémolo lubrigrante quitámoslle a cabeza e o corpo e partímolo ó medio, o picamos en anacos pequenos e o votamos na paellera. Mais adiante collémolo arroz (150gr) e mesturámolo na auga onde cocéramos o lubricante. Collemos un vaso de auga e votámolo no arroz cos chicharos e a cenoria. Poñémolo todo a cocer e en 15 minutos ……… LISTO PRA COMER.


MERCEDES E ANA


CURIOSIDADES QUÍMICAS

Despois dunhas semanas aunsentes desta sección xa voltamos cas pilas cargadas:

Capítulo 6

No resto da carreira científica de Newton consagrouse o desenrrolo das súas ideas cientificas no Linconhire .Á idade de 26 anos foi nomeado profesor de matemáticas sucedendo a Barrow . En 1702 ós 30 anos foi elexido membro da Real Sociedade o máis alto honor científico de Inglaterra , sendo reelexido cada ano como presidente, ata a súa morte. Segundo os seus biógrafos, Newton foi elexido perfecto do proceso abstracto .

Dolores

FALANDO UN POUQUIÑO DE DEPORTE

Pepe, central protugués do Real Madrid, está hundido anímicamente pola imaxe que ofreceu ó agredir a dous dos xogadores do Xetafe tras cometer un penalti, e refuxouse no domicilio, rodeado da súa familia, sen acudir ó adestramento voluntario na cidade deportiva de Valdebebas.

Pepe está avergoñado da imaxe que ofreceu no estadio Santiago Bernabéu, como recoñeceu o futbolista.

Luciano

jueves, 16 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas de novo, despois de tantos días sen ter noticias nosas e cas pilas cargadas, voltamos ó traballo.

Moi difícil é voltar despois dunhas vacacións coma as de Semana Santa, onde cada un de nós fixemos cousas distintas e fumos a sitios diferentes, uns por exemplo, quedamos na casiña a descansar, que é unha boa opción para pasar unhas vacacións, outros fumos visitar diferentes sitios como, Portugal, Valencia, Madrid, Ourense… e mesmo visitar ós familiares que fai tempo que non vemos.

O que sí temos todos en común é que estos días de vacacións e relax, serven para desconectar un pouquiño da rutina.

Voltamos a semana que ben con todos vós, saúdos.

Josefino


A RAHS

Fernando Alonso manifestou a súa confianza no equipo con miradas ó Gran Premio de China, terceiro do Mundial de Fórmula 1, e está convencido de que Renault volverá a loitar cos mellores.

Con respecto as melloras do R29, Alonso declarouse optimista. "Creo neste equipo. O ano pasado puidemos comprobar que sabemos como volver a loitar cos mellores e sacar rendemento ó coche. Todavía estamos moi ó principio e todo o equipo está traballando a tope para desenrrolar o R29 ó ser máis competitivos nas próximas carreiras", indicou.

Alonso recoñeceu que sentíu decepción por non conseguir puntos en Malasia. "A miña intención", afirmou, "é puntuar en tódalas carreiras esta tempada pero, obviamente, é difícil cambiar ó coche antes de regresar a Europa. Sen embargo, aprendemos moito das dúas primeiras carreiras e progresos en Malasia". "Agora precisamos dar un paso máis en Shangai e espero sumar puntos", engadíu.

Suso

CONSELLOS PRA BELEZA

Unllas de xel: presume de mans perfectas

Luce unhas bonitas mans a diario


Nosas mans son parte indiscutible da nosa beleza, e mantelas coidas e hidratadas deben estar entre as nosas prioridades estéticas. Neste sentido, as unllas adquiren un protagonismo especial, chegando a ser grandes símbolos de feminidade.

A apariencia desta parte do noso corpo está moi unido á nosa nutrición diaria, apagándose a súa beleza cando hai déficit de vitaminas. Para mantelas no mellor estado posible, ademáis de ter en conta este aspecto, poderemos facer uso dalgunha das técnicas de manicura. Un bo consexo para presumir dunhas mans perfectas é apostar polas unllas de xel.

Máis que unhas unllas artificiais

Como sempre non se pode facer alarde de poseer unhas unllas sanas e fortes, as unllas artificiais elíxense como unha fantástica forma de ter esas unllas largas e lisas que sempre soñamos. Pola súa parte, o xel é unha das últimas propostas dentro do mundo da manicura

O xel é a alternativa á porcelana. Os especialistas afirman que "o xel é mais fácil de traballar e menos sucio ao ofrecer unha manexabilidade e versatilidade increíbles". Para modelar o xel, pódese traballar nun molde ou directamente sobre a man. "De ambas maneiras obtéñense resultados moi naturais". Unha vez aplicado o xel, aplánase por sí só, o que permite "ter un control absoluto á hora de esculpir e dar forma a unlla".

Ademais, non importa se tes as unllas moi estropeadas, estriadas ou incluso mordidas, porque o xel adáptase perfectamente a case calquera superficie.
Máis bonitas por máis tempo

Ó contrario do que poda parecer,as unllas de xel son moi duradeiras, xa que conséguese unha adhesión casi perfecta que posibilita unha durabilidade máxima. "As unllas duran o tempo que a persoa desexe". Para mantelas no mellor estado posible, o xel requiere unha revisión cada tres semanas aproximadamente. É o que os especialistas denominan rebalance ou recheo, un método que posibilita que a unlla se manteña perfecta a medida que está en crecemento. "O rebalance apropiado da unlla esculpida protexe a saúde da unlla natural e prolonga a vida útil do servicio".

Lucir unhas unllas bonitas gracias ó xel pode estar ó alcance de calquera. Estos servicios soense atopar en todo tipo de salñós de beleza, de balnearios ou perruquerías e tamén pódense combinar con manicura francesa. Normalmente o tratamento completo non tarda máis dunha hora e só precisarás tomarche uns minutos unha vez ó mes pra seu correcto mantemento.

Natalia


O TEMPO

Unha xornada máis, teremos que agardar poucos cambios e Galicia continuará baixo a influencia das borrascas que nos deixarán os ceos con intervalos nubosos e chuvascos máis xeneralizados pola tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados no litoral e frouxos no interior.

Durante a primeira metade da fin de semana, Galicia continuará baixo a influencia das baixas presións con aire frío en altura, polo que en xeral continuarán altas as probabilidades de chuvia. Cara á vindeira semana se recuperará a influencia anticiclónica e con isto comezarán a ascender os valores máximos das temperaturas.

Santiago


COCIÑA CONMIGO

Empanada de Zamburiñas

INGREDENTES: 1Kg de fariña , ½ kg de zamburiñas , 3 cebolas , 5g de levadura , sal , aceite e ovos.

PREPARACIÓN:

Nun bol botamos, a fariña e a levadura. O mesturamos todo con auga quente, facemos unha masa con todo. Despois botamos os ovos e o sal e amasamos todo xunto. Deixamos repousar a mestura durante 12 horas para que a masa aumente.

A preparación das zamburiñas: nunha tixola botámolo aceite e as cebolas picadas. Cando estén pochadas, botámolas zamburiñas e as deixamos facerse durante 5 minutos. A continuación, nunha mesa plana estiramos a masa e facemos 2 láminas. Collemos unhas bandexas de forno, botamos unha cullerada de aceite poñemos as láminas enrriba e botámoslle a mestura das zamburiñas, tapámolo cunha segunda lámina. Batemos unha xema de ovo e pincelamos por riba e xa está listo para comer.


MERCEDES E ANA

jueves, 2 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas de novo a todos.

A semana pasada falámosvos de que nos ía visitar a orquestra París de Noia, e así fixeron. Foi o venres pasado, pasámolo moi ben, compartimos unha mañá ben entretida cos compoñentes da orquestra, ademáis tamén coincidíu que a asociación “Renacer” de Ourense visitounos o mesmo día e fixemos todos xuntos unha pequena festa.

Cantamos todos xuntos diferentes cancións populares como pode ser “Mi carro” ou “Soy minero”… ademáis de ter a oportunidade de facerlles diferentes preguntas.

Despois deste pequeño resumo do que foi a visita da orquestra París de Noia a Sarela, só nos queda despedirnos ata dentro de dúas demaniñas, xa que a semana que ben é Semana Santa e imos disfrutar dunhas pequenas vacacións.

Pasádeo todos moi ben e nos vemos cediño.

Josefino


A RAHS

Os comisarios do Gran Premio de Malasia, á vista de novas evidencias, excluiron da clasificación do Gran Premio de Australia ó británico Lewis Hamilton e o seu equipo Vodafone McLaren-Mercedes é devolto ó terceiro posto ó italiano Jarno Trulli (Toyota). Os comisarios consideraron que Hamilton e McLaren proporcionaron deliberadamente información falsa na súa comparecencia do domingo 29 de marzo, despois do Gran Premio de Australia.

Ante a aparición de novas evidencias os comisarios, dos cales, Olafur Gudmundsson e Steve Chopping o era tamén en Australia, ó que se uníu o local Surinder Thatthi, convocaron para primeira hora da tarde ós pilotos e ós responsables dos equipos.

Unha vez escoitadas as partes, dos comisarios chegaron á conclusión de que a información que presentaron o pasado domingo en Australia Hamilton e McLaren era enganosa e dacordo ó código artículo 158 do código deportivo, piloto e escudería foron excluidos das clasificacións do Gran Premio.

Suso

CONSELLOS PRA BELEZA

Veneno de serpe para combatir as arrugas

Na búsqueda de productos de beleza normalmente innovados e con resultados máis efectivos, as compañías de cosméticos utilizaron productos que ata fai algúns anos creíamos desopilantes para este fin: baba de caracol, extractos de frutos exóticos, entre outros.

Pero agora persoalmente sorprende a nova tendencia entre as máis top de Hollywood para combatir as arrugas provocadas polo paso dos anos: usar o veneno de serpe.

Tal e como o escoitas; por máis terrorífico que soe, parecerá que a verdade funciona, e coa súa aplicación superficial ata imitariáse o efecto botox. Sábese que o veneno de serpe posee aminoácidos. Éstes provocan que os músculos se contraian e prodúcese un bloqueo dos impulsos nerviosos, o que finalmente detenría o desenvolvemento das arrugas.

Xa hai moitas celebridades que comenzaron a utilizalo; unha das primeiras foi Gwyneth Paltrow, quen expresou nunha entrevista que soía utilizar o Ultra Luxe 9, unha crema totalmente basada no veneno da víbora.

A moda do veneno de serpe recén comeza; de seguro veremos productos cada vez máis sorprendentes e tratamentos do máis exóticos usando o veneno deste ou outros animais.


Natalia

O TEMPO

O achegamento dunha fronte pouco activa ó litoral galego ocasionará un aumento da nubosidade Na xornada de mañán, que nas últimas horas da tarde deixará os ceos anubrados en toda Galicia, durante a noite se producirán chuvias febles na metade norte. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable pola mañá e de compoñente oeste pola tarde.

As temperaturas acadarán valores propios desta época do ano.


Santiago


COCIÑA CONMIGO

OVOS RECHEOS

INGREDENTES (para 8 persoas):
- 4 ovos.
- 1 lata de atún.
- 1 pemento morrón vermello.
- 1 lata de aceitunas.
- Maionesa.


PREPARACIÓN:

Primeiramente cocemos os ovos. Unha vez cocidos, partímolos pola metade e poñémolos nunha fonte. Entón, picámo-las aceitunas e mesturámolas co atún e coa xema do ovo pisando todo cun garfo. Coa mesturanza enchémo-las metades dos ovos. Unha vez cheos, botámoslle-la maionesa por riba. Deixámolos enfriar na neveira durante 2 horas. Finalmente, adornámolos co pemento morrón.


MERCEDES E ANA

viernes, 27 de marzo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas. Despois de case dúas semanas sen noticias nosas xa estamos outra vez de volta aquí. O venres pasado fixemos unha saída á reserva natural de Marcelle, pretiño de Lugo. Alí puidemos ver diversos animais, dende osos formigueiros ata mapaches, pasando por serpes e tartarugas. A visita foi moi interesante aínda que ó final terminamos un pouquiño cansos xa que anduvemos bastante.

Temos unha nova moi interesante para mañán venres. Van vir os componentes da osquestra París de Noia a facernos unha visitiña e a pasar un ratiño con nós.

A próxima semana vos contaremos como foi esa xuntanza e incluso poderemos engadir fotos.

Deica a semana que ven.

Josefino


A RAHS


A segunda cita da tempada no Volante RACC Galicia deparou, tal e como se esperaba, unha intensa batalla deportiva. Varios pilotos optaron a un triunfo que, finalmente, ia parar a mans do equipo de Narón formado por David Grandal e Javier Varela (Citroën C2 GT). os irmáns Díaz (Peugeot 206 XS) finalizaban xusto por detrás, pelexando ata o último tramo polo triunfo e mantendo iso e a súa primera posición na xeneral do campionato.

CLASIFICACIÓN XV RALI DO COCIDO
1º Grandal – Varela C2 GT 1:16:47:9
2º Diaz – Diaz Peugeot 206 XS 1:17:02:4
3º Figueira – Blanco Peugeot 206 XS 1:17:28:5
Así vai o campionato de Rali
1º Adrián Díaz Peugeot 206 XS 410
2º David Grandal Citroen C2 GT 380
3º Bruno Meira Peugeot 206 XS 287
4º José M.Pazos Citroen VTS 254
5º Tino Iglesias Citroen VTS 242

Suso

CONSELLOS PRA BELEZA

Mascarilla capilar con chocolate

O chocolate crea unha adición coñecida, que ten moitos beneficios para a pel contounos Sergio, pero cando leas tódalas propiedades que xa podes dar o teu cabelo quedaraste gratamente sorprendida. A mascarilla capilar con cacao fortalece todo tipo de cabelos nutrindo de forma especial aqueles que están máis desvitalizados e secos. O cacao aportarálle un aspecto saudable e aterciopelado.
O cacao ten múltiples compoñentes, entre eles os minerais, pero tamén ten moitísima vitamina B1 (tiamina) que cumple unha función nutritiva, estimulante e enerxizante ideal para o cabelo e pra o coro cabeludo. Contén moléculas hidratantes e ademáis polo seu alto contido en magnesio ten efectos antioxidantes que aportaran o cabelo elasticidade. Este tratamento pódeno usar tanto as persoas de cabelo seco (hidratación), como as de cabelo graso (o regula), xa que aportará na súa xusta medida os nutrintes necesarios para cada un dos casos. Para preparar a mascarilla so necesitas cacao natural 100% puro e seguir estas pautas.

• Prepárase o cacao ó baño maría e sen deixar de movelo coa brocha añádese auga ata conseguir unha textura espesa similar a que teñen os tintes (cando levantes a brocha non debe de gotear).
• Lávase o pelo coma de costume e aplícase a mascarilla como se fora un tinte durante vinte minutos. Para que seus beneficios actúen o máximo tápase o pelo cun gorro de baño e aplícase calor ó pelo.
• A continuación lávate o pelo coma sempre e envólveo nunha toalla para absorber o exceso de humedade sen que haxa necesidade de frotalo.

O cacao potencia a cor dos cabelos castaños e oscuros, por iso se o teu pelo é máis clariño e non queres deixar de probar esta mascarilla, utiliza chocolate branco para facela, non ten a mesma pureza que o cacao negro pero tamén ten beneficios. Se non queres renunciar a facelo con cacao negro, un truco é engadir leite en vez de auga á mascarilla, así conseguirás rebaixalo tono do chocolate.

Natalia


O TEMPO

Unha fronte fría pouco activa rozará o norte da Comunidade. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubosos, máis anubrados no norte da Comunidade. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados nas Rías Baixas e frouxos no resto.

A vindeira semana comezará coa progresiva recuperación da influencia anticiclónica sobre Galicia. A probabilidade de chuvia irá diminuíndo á vez que as temperaturas irán ascendendo.

Santiago


ROBALIZA AO FORNO.

INGREDENTES:

Para 4 persoas:
- 2 robalizas salvaxes de ½ Kg cada unha.
- Un pemento morrón vermello.
- ½ Kg de chícharos.
- 2 cebolas.
- 4 dentes de allo.
- ½ Kg de patacas.
- Aceite de oliva.
- Viño branco.
- Un sobre de azafrán ou de colorante.
- Un vaso de auga.
- Sal.

PREPARACIÓN:

Collemos unha bandexa do forno e untámola con dúas cucharadas de aceite. Despois, collémo-las patacas, cortámo-las panadeiras e colocámo-las no fondo da bandexa. Logo, picámo-las cebolas en trozos moi pequeniños e os allos en láminas e botámo-lo todo por enriba das patacas. Acto seguido, colocámo-las dúas robalizas por enriba e rociámo-las coa auga. Despois vertémoslle-los chícharos e o viño branco mezclado co azafrán ou co colorante. Finalmente, metemos-lo todo no forno durante uns 20 minutos aproximadamente, non antes sen botarlle unha pouca sal. E LISTO PRA XANTAR!!!!


MERCEDES E ANA.

jueves, 12 de marzo de 2009

NOVAS DE SARELA

Saúdos a todos e todas. ¿Cómo foi esta semana?, a nosa ben. Temos que dar a benvida a un novo compañeiro, Miguel, que vai estar con nós nas diferentes actividades que fagamos en Sarela.

A semana que ben non teremos blog xa que o xoves é o día de San Xosé e é festivo, teremos unhas pequeniñas vacacións, pero xa para próxima semana voltaremos cas nosas novas e os nosos artigos de sempre.

Ata a próxima.

Josefino

A RAHS

Durante esta fin de semana tivo lugar os recoñecementos dos tramos do rali do Cocido. Luis Vilariño afrontará esta proba con ánimo de inagurar o seu casilleiro de puntos no campionato galego.
Tramos do rali: Hora de paso

Monte do Faro – 8h58 e 12h 09
O Couto – 9h51 e 13h 02
Doade – 13h 40 e 17h 51
Carmoega – 16h 48 e 20h 07
Saborida – 18h 14 e 21h 10

Suso

O TEMPO

Galicia estará durante o venres baixo influencia anticiclónica. Deste xeito, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, aumentando as nubes durante a noite. Bancos de néboa matinais en comarcas do interior. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán do sudoeste en xeral, moderados nos arredores de Fisterra e frouxos no resto.

Para a fin de semana agárdase que continúe a situación anticiclónica, aínda que con certo risco de presencia de aire frío en altura, o que ocasionaría a posibilidade dalgún chuvasco ocasional, aínda que trátase dunha posibilidade baixa a día de hoxe. A partir do luns a situación volverá a ser de ceos despexados, e temperaturas altas nas primeiras horas da tarde.

Santiago

CONSELLOS PRA BELEZA

Coidados de beleza durante e despois do embarazo

O sobrepeso na nai ten a súa orixe nos cambios fisiolóxicos propios do embarazo, os cales permiten o crecemento do bebé.

A pel abdominal da nai disténdese (estírase) polo crecemento do útero. Esta situación, sumada á retención de líquidos que se dá neste periodo, xenera o ambiente propicio tamén para a acumulación de enerxía en forma de grasa.
Ademáis, despois do parto preséntase un cambio nos patróns metabólicos e nas vías de eliminación altéranse levando a acumulación de enerxía, tamén en forma de grasa. Así as cousas, a nova mamá debe buscar axudas externas para recuperar a súa condición previa.

No postparto inmediato é recomendable a realización de masaxes de drenaxe linfatico que son un tipo de manipulación que axudan a levar todo o líquido acumulado durante a xestación do regreso ó torrente circulatorio, para que poida ser eliminado polo ril; e precisamente hai que forzar ó ril para poder aumentar a eliminación do líquido.

¿Como? co consumo de abundante líquido, oxalá durante todo transcurso do embarazo e non só despois do parto.
Hoxe en día é popular entre as mulleres o uso de faixas cirúrxicas logo de realizarse procedementos cirúrxicos de estética, pois a pel queda flácida logo da utilización das cánulas para mover e extraer a graxa; estas mesmas faixas, con algunhas pequenas modificacións permiten moldear a flacidez xerada pola distensión da pel durante o embarazo.

Natalia

COCIÑA COMIGO

LEITE FRITA


INGREDENTES: fariña, leite, maicena, canela, limón, azucre, 3
xemas de ovo e manteiga .

PREPARACIÓN: Collemos 1 litro de leite. A continuación collemos unha taza onde vertemos unha pouca leite e lle engadimos 2 culleradas de maicena e o resto do litro de leite poñémolo a ferver con tódolos ingredentes agás as xemas de ovos. Cando esté fervendo, botámoslle o leite que separamos, e deixámolo cocer 5 minutos. Vertemos todo nunha fonte para que enfríe. Batemos as 3 xemas de ovo engadíndolle azucre. Cando esté a pasta fría, córtase en tacos, envólvese en ovo e fariña e frítese en aceite quente e LISTO PARA COMER.


MERCEDES E ANA.


CURIOSIDADES QUÍMICAS

Principio de Arquímedes

O principio de Arquímedes afirma que todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ó peso do fluido desaloxado.

A explicación do principio de Arquímedes consta de dúas partes:

1. O estudo das forzas sobre unha porción de fluido en equilibrio co resto do fluido.
2. A sustitución de dicha porción de fluido por un corpo sólido da mesma forma e dimensións.

Dolores

jueves, 5 de marzo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e a todas. Coma tódalas semanas estamos aquí para contarvos un pouco as novedades que foron xurdindo estes últimos sete días. En Sarela houbo algún que outro debate sobre o que ocurríu nas eleccións do fin de semana anterior e como non, houbo posturas diferentes.

Parece que o tempo nos quere marear un pouquiño, que si frío, que si calor, non se decide. Estamos preprando unha a viaxe á granxa de Marcelle, en Lugo, será o vindeiro día 20.

Pois ata a semana que ben.

Saúdos

Josefino


A RAHS

Como ven sendo habitual no inicio de cada tempada , o Mesón da Pastoriza acolleu mais de 400 persoas na Cena de Gala da peña de Autocross de Arteixo, no que se homenaxeou ós socios, colaboradores e deportistas mais destacados do anterior ano, ademais de presentar os proxectos para a nova campaña nos que destacan a incorporación das torretas con iluminación.
Como aperitivo, o próximo sábado 14 de marzo poderán poñer a punto as súas máquinas.


Suso


CONSEXOS PRA BELEZA

As necesidades da pel evolucionan. A partir dos 40 anos, a pérdida de auga e as firmezas intensifícanse polo que é necesario actuar. ¿Como? Utilizando os productos apropiados de maneira regular e adoptando unha boa hixiene de vida. Os 40 tamén teñen súas vantaxes: a partir dos 40, non é raro ver como as olleiras desapareceron. As mulleres dispoñen de máis tempo para elas mesmas; coñécense mellor e non teñen medo de ser sexys.

Para poñerse bela, o primeiro que hai que tratar é a mirada. Comézase aplicando un suero, é mediante unha pequena masaxe, aplícase o contorno de ollos, a vez hidratante e alisadora.

O fondo da maquillaxe responde a diferentes necesidades en función da idade. A partir dos 40, unifica a tez e alisa os trazos. Tamén debe aportar luminosidade. A esta idade, a elección da textura é capital.
O fondo da maquillaxe ideal é o que aportará luminosidade á tua pel. Elixe unha textura fluida e hidratante, e aplícala co dedo, mediante masaxe. Camuflarás as manchiñas coa axuda dun stick corrector. Túa pel recuperará inmediatamente seu frescor e tonicidade.

Aplícate uns pos libres sobre o anteoxeras para asegurar a súa duración. Utiliza unha base neutra sobre os párpados, evitando especialmente os tonos irisados que marcan as enrrugas. Para agrandar a mirada, marca o ollo cun trazo de khôl. A mirada intensifícase en seguida.

A máscara crea ilusión dunha segunda línea de pestañas. A pel parece rápidamente mais xoven, socouse partido á mirada.
Para aportar volumen a un rostro que perde vigor, o blush ou colorete é tua arma perfecta. De preferencia a unha textura hidratante.
Xoga coa seducción e opta por uns labios con cor. Evita as texturas mates que poden dar un aspecto severo. Termina por un toque de gloss no centro dos labios.
Unha tez mais fresca, unha mirada luminosa e uns labios sexis … ¡Estas son as vantaxes das mulleres dos 40 anos e mais...!

Natalia


O TEMPO

Xornada intermedia entre as altas e as baixas presións, aínda que o paso dunha fronte cálida vainos deixar os ceos cubertos con chuvias, máis persistentes no norte e zonas montañosas. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios e as máximas poderán ascender lixeiramente. Os ventos soprarán do noroeste, moderados con algún intervalo forte durante a mañá.

Cara a fin de semana irase recuperando lentamente a influencia anticiclónica. As temperaturas irán ascendendo, especialmente os valores máximos.

Santiago

COCIÑA COMIGO

FIDEGUÁ

Hoxe non están nin Ana nin Mercedes, por iso tomou o relevo unha nova compañeira, Mª José.

INGREDENTES:

- Fideos do número 2.
- Una cabeza de allos.
- Tomate frito.
- Aceite.
- Gambas peladas.
- 2 sepias grandes.
- Caldo de peixe.
- ½ Kg de langostinos.

PREPARACIÓN:

Primeiro fríense os allos e pónselle tomate frito. Despois póñense os fideos do número 2 con bastante aceite e fríense. Cando está frito, como se fose unha pataca, por exemplo, hai que sacar o aceite e deixase así. Tamén se pode deixar dun día para outro. A continuación, póñenselle as gambas peladas e a sepia cortada en cuadradiños. Entonces, nunha paelleira bótanse os fideos, as gambas, a sepia e o sofrito. Mézclase todo ben e bótaselle caldo de pescado (en caso de non telo pode ser auga). Cando está todo ben cocido póndenselle botar uns langostinos sin pelar. Finalmente, cando está case feito, cámbiase o recipiente para o forno e dáselle a última volta no forno.


Mª José


CURIOSIDADES QUIMÍCAS

Capítulo 5

Pódese dicir que durante este período concebíu prácticamente todas as ideas que lle debe o mundo.

Cito coas súas propias palabras:

“O comenzo de de 1665 encontrei a regra para reducir calquera dignidade dos binomios a serie (teoría dos de Newton que enseñase en Alxebra). En maio, descubriu o método das fluxións (cálculo diferencial) e no ano seguinte, en xaneiro , a teoría das cores , no mesmo ano comencei a pensar na gravidade extendéndoa á órbita da Lúa…”

Dolores

jueves, 26 de febrero de 2009

NOVAS DE SARELA

Saúdos a todos e a todas. ¿Cómo pasaron esta semaniña de Antroido?, esperamos que ben. Nós tivemos unhas mini vacacións, xa que o luns de Antroido, algúns viñemos a Sarela mentres que outros quedamos na nosa casiña a descansar.

Os que estivemos en Sarela, non pensedes que nos matamos a traballar, fumos dar un paseiño polas rúas da nosa cidade para ver e disfrutar das cousiñas típicas do Antroido, coma por exemplo o Meco, que se atopaba na praza do Toural.

Bueno, pois nos despedimos de vós ata a semana que ven, e que disfrutedes dos días que aínda quedan do Antroido.

Saúdos

Josefino


A RAHS

O lucense Adrián Díaz, ofreceu unha exhibición abordo dun 206. Se ben non comezou o rali a ritmo demasiado alto, soubo ir de menos a mais. Foi na segunda metade do rali onde cimentou a súa victoria, ó dar seveiros ”hachazos” ós seus mais directos rivais especialmente nos tramos nocturnos o que lle ratificou coma o xusto vencedor nesta primeira proba desta tempada.

Suso


CONSELLOS PRA BELEZA

Tratamentos para a pel ós 30

Ós 30 anos, as mulleres saben coidarse mellor a pel e tamen son máis expertas na maquillaxe. Moi activas, dispoñen de pouco tempo para poñerse guapas por iso, buscan trucos rápidos e eficaces. Tamén, nesta época comezan a aparecer os primeiros signos da idade polo que tes que adaptar os tratamentos ás necesidades da pel. Dase preferencia aos sueros, ás máscaras nutritivas e non hai que esquecer aplicarse un contorno de ollos pola mañán e pola noite. As olleiras márcanse máis ós 30 anos. A vida ultra activa, os nenos, as noites cortas... son factores que fatigan a mirada das trinta aneiras.A mirada convertese na zona que tes que coidar con máis esmero. As olleiras serán traballadas co tratamento, a maquillaxe e tamén coa hixiene da vida (o sono, a alimentación e beber moita auga xogan un papel clave).

Estos son algúns truquiños:

- Aplícate un contorno de ollos pola mañá e pola noite, mediante lixeiros golpeciños sobre toda a zona con olleiras. A pel alísase inmediatamente.
- A elección da cor do teu anti-olleiras é capital.
- No caso das olleiras, utilízase un anti-olleiras (que neutralice las olleiras) xunto cun corrector (que aporte luminusidade).

Natalia


COCIÑA CONMIGO

FILLOAS

Ingredentes

½ kg Fariña, un chisco de sal, agua do cocido, 3 ovos, touciño branco e unha tixola ou filloeiro.

Preparación:

Comezamos mesturando tódolos ingredentes, despois, untamos a tixola co touciño e estiramos toda a mestura, dámoslle a volta e LISTA PARA COMER.


Mercedes e Ana.



CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 4

No ano 1665 Newton tomou o seu grao de Bacharel en Artes sen ningunha distinción especial.A mediados do verán de 1665 a Gran Peste caeu sobre Londres e, ós poucos meses de idade un de cada dez londinenses morrería dela. No outono pechouse a Universidade de Cambridge pola súa proximidade ó centro da praga e tódolos estudiantes foron enviados á sua casa. Así que Newton volveu ó seu fogar.Estes meses foron os mais fecundos da súa vida.

Dolores

jueves, 19 de febrero de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas de novo. Parece que o tempo nos dou un respiro esta semana, xa era hora.
Temos que comezar felicitando a un dos nosos, a Joaquín que o domingo pasado estivo de cumpreanos. O fin de semana pasado, ademáis do cumpreanos, foi o Día de San Valentín ou o Día dos Namorados, esperamos que os vosos namorados vos fixesen algún agasallo.

O martes que ben, é Entroido e nós xa estamos pensando no noso disfraz, xa se verá cal é o mellor, e coidado cas orellas e filloas, que moitas non sentan ben.

Ata a semana que ben onde teremos algunha nova máis.

Saúdos

Josefino



A RAHS

A partir da terceira fin de semana de febreiro volven os Ralis a Galicia, podemos comezar co Rali Comarca da Ulloa situado en Palas de Rei, en Monteroso e Atas de Ulla.
Esta proba é especial para moitos corredores, entre eles está Luis Vilariño xa que él foi un dos encargados de empuxar ós Ralis en Galicia e tamén por correr na súa casa.
Vilariño di tamén que esa proba non vai ser doada, xa que competirá con grandes corredores galegos coma Pedro Burgo e José Martínez.


Suso


CONSELLOS PARA IMAXE

O mel: Un agasallo de beleza natural

O mel é o néctar e as exudacións sacarinosas das plantas despois de que a abella a condensa e a transforma mediante a química dos sus propios corpos.

¿De qué está composto o néctar? Da auga que as plantas extraen do chan e esta sube polo talo e se trasformada en azucres, minerais, vitaminas e outras moitas substancias.

O mel, además de ter propiedades curativas, pódese utilizar, tamén, para realzar e vitalizar a beleza natural da pel.

A continuación expóñense varias receitas de beleza que teñen por ingredente principal o mel de abella:

Acondicionador de cabelo (para os cabelos sen brillo)

Ingredentes

2 culleradas de mel
1 cucharadiña de aceite de oliva

Modo de aplicación

Mesturar o mel e o aceite de oliva e frotarse o coro cabeludo.
Logo débese deixar a preparación no cabelo por espazo de 20 a 30 minutos. Despois lávase cun bo champú.

Mascarilla caseira para a pel grasosa e normal

Ingredentes

1 clara de ovo,
1 cullerada de leite en pó
1 cucharadiña de mel

Modo de aplicación

Mesturar nunha batidora a baixa velocidade durante 2 minutos todos os ingredentes ata que se forme crema. Aplicar a crema ó rostro e gorxa,deixándoa sobre a pel por uns 15 minutos. Quitala máscara con auga tibia, aplícase auga fría.

Aplicacións para a pel seca

Se ten a pel seca, tamén se pode utilizar a mel mesturada con elementos hidratantes como o aceite de oliva e a glicerina.

A continuación algunhas receitas de beleza natural compostas de mel para pel seca.

Mascarilla caseira de mel para pel seca

Ingredentes

1 cucharadiña de mel,
1 cucharadiña de fariña fina,
1 cucharadiña de aceite de oliva
1 xema de ovo

Modo de aplicación

Mesturar os ingredentes e logo cubrir, con esta preparación, o rostro e a gorxa, deixándoa sobre a pel por aproximadamente 30 minutos.
Logo retírase con auga tibia

Loción de mel para as mans

Ingredentes

1 cucharadiña de mel
2 cucharadas de auga

Modo de aplicación

Combinar nunha taza pequena ambos ingredentes e logo aplicar para curar as mans secas e agrietadas.
Débese usar con regularidade. Acondicionaralle a pel e impedirá que se agriete.

Natalia


COCIÑA CONMIGO


VIERAS Ó FORNO

Ingredentes: Cebolas, allos, lourerio, xamón fresco en tacos, viño branco, ovo cocido, 100gr de carne picada, tomate frito e pan rillado.

Preparación: poñemos nunha tixola con aceite 2 cebolas e 1 allo que previamente cortamos e o pochamos todo. Cando esté listo botámola carne, o viño branco, o loureiro, o xamón e mailo tomate frito. Cando esté todo no seu punto, botamos as vieiras. Cociñámolas volta e volta durante 2 minutos e despois botamos todo nas cunchas. Para rematar, as metemos todas no forno botándolle por riba ovo cocido raiado e pan raiado, durante 5 minutos e LISTO PARA COMER .


MERCEDES E ANA.

CURIOSIDADES QUÍMICAS

As semanas pasadas estivemos seguindo unha serie de capítulos da historia de Newton. Esta semana faremos unha paréntese para falarvos do experimento de Torricelli, que demostra o porqué da presión atmosférica.

Tomou un tubo de vidro pechado por un extremo, dun metro de longo aproximadamente, e o encheu de mercurio; tapou co dedo o extremo aberto e, invirtíndoo, o introduxo por ese extremo nun recipiente que contiña mercurio. Puido comprobar, ó retirar o dedo, que o nivel do mercurio no interior do tubo descendeu ata quedar a columna de mercurio cunha altura de 76 cm sobre a superficie libre do mercurio do recipiente, cando a experiencia se realizaba ó nivel do mar.

Dolores

jueves, 12 de febrero de 2009

NOVAS DE SARELA


Boas de novo. Esta semaniña imosvos contar a saída que fixemos onte mércores ao Museo do Pobo Galego.

A visita foi moi interesante, tivemos un guía que nos ensinou os tipos de barcos de pesca que utilizaron os nosos devanceiros, unha mostra de como eran as casas de antes, ca súa lareira, case todo feito de madeira…
Tamén nos explicaron as costumes das xentes de antes, cada festa e a época do ano na que se celebra…

En resumo, estivo todo moi interesante e entretido, vos recomendamos ir alí. Un saúdo e ata a semana que ven.

Josefino


CONSELLOS DE BELEZA

Coidados da pel con 20 anos

Ós 20 anos, solemos ter unha pel mixta, o que significa que pode ser grasa na zoa media do rostro e deshidratada nas outras zonas. Por iso é importante, hidratala e tratar a zona con problemas. As profesionais aconsellan aplicarse unha máscara purificante unha vez por semana na zona T (zona mediana).

Despois de desmaquillarse (pola mañán e pola noite), é indespensable utilizar un tratamento hidratante. Aplícate unha crema non comedógena. É importante coñecer o teu tipo de pel (pide un consello ó teu médico ou dermatólogo). Son moitas xóvenes que ignoran todo sobre a súa pel e que utilizan tratamentos inadaptados.

O tratamento é unha etapa previa á maquillaxe, explican os profesionais, quenes aconsellan utilizar un contorno de ollos que, ademais de hidratar esta zona ultra sensible do teu rostro, fixará túa maquillaxe.

As oxeras aparecen a partir dos 20 anos. Para a corrección, utiliza unha anti-oxeras adaptado ó teu tipo de pel: no caso de que aparezan roxeces, elixe un anti-oxeras a base de pigmentos amarelos. O anti-oxeiras pódese utilizar en forma de corrector, no caballete do nariz ou na do mentón.

Pódese comezar traballando a tez. Recordemos algunhas evidencias:

- O que hay que facer:
Iluminala pel, utilizando texturas fluidas.
Evitar as materias demasiado densas e cubrintes. .
Nas zonas que teñan tendencia a brillar, utiliza un fondo de maquillaxe compacto.
Limpar ben os pinceis despois de cada aplicación.

- O que non hay que facer:
Abusar da terra de sol que da á túa pel un aspecto anaranxado.
Equivocarse de cor: para atopar a cor de fondo de maquillaxe que necesitas, fai un test ca axuda dun stick e elixe o tono que mais se acerque o tono da túa pel.

Natalia


A RAHS

Na terceira xornada de tests desta semana no circuito de Xerez volven a atoparse Fernando Alonso y Lewis Hamilton. Dous dos tres últimos campeóns daa Fórmula 1, xunto a Sebastien Vettel, Kazuki Nakajima e Sebastian Bourdais, para tomar parte no traballo dos seus respectivos equipos para preparala próxima tempada.
No caso do bicampeón do mundo, hai moito traballo por facer. O R29 de momento non conseguíu grandes resultados, sendo dende a súa presentación en Portimao o máis lento en cada sesión. Dende o mesmo equipo saliron voces pesimistas sobre o desenrolo do monoplaza, ainda que sempre asegurando que, de cara á primera carreira do ano, o coche chegaría ben.
Dous días de probas tiveron lugar en Xerez, cando Fernando Alonso sustituirá a Nelson Piquet a lomos do R29. O brasileño estivo máis tempo en boxes que na pista ambos días, chegándose a parar o monoplaza de Renault ó final da segunda xornada, protagonizando a segunda bandeira vermella do día e propiciando o adelanto do fin da sesión.
Parte dos seguidores de Renault e de Fernando Alonso confían en que o traballo do piloto asturiano é esencial para o adecuado progreso do R29, mantendo a esperanza en que co bicampeón do mundo se consigan bos resultados. Alonso ten ante sí dous días de probas no trazado xerezano para preparar o coche e ver os progresos do mismo.

Suso

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 3

Un día recibíu un golpe no ventre que lle asestou un camorrista, Newton desafiouno a loitar e venceuno a causa do seu espírito superior e de resolución.

Despois de ter ganañado o aspecto fìsico decidiu completar a súa vitoria na batalla da intelixenci, e traballando esfrorzadamente, chegou a ser o primeiro da clase. Despois de gañar outra batalla coa súa nai que quería dedicalo á agricultura entrou no colexio da Trinidade á idade de 18 anos e consagrouse ó estudio das Matemáticas. No ano 1665 Newton tomou o seu grao de Bacharel.

Dolores

jueves, 5 de febrero de 2009




NOVAS DE SARELA

Boas a todos. ¿Como vos vai estes días de cru inverno? Nós imos pasándoo pouquiño a pouco, como podemos.

A nova da semana é o cursillo que se fixo o pasado fin de semana na nosa asociación.
O tema principal era a disfaxia, que como igual non sabedes, son problemiñas para tragar. Para impartilo veu unha logopeda directamente de Madrid, Dona Luz Martínez Serrano.

Ó curso asistiron a Terapeuta Ocupacional do centro, Ana, e a Logopeda, Ruth, ademáis doutros profesionais procedentes de Vigo e León.

Con esto nos despedimos ata a próxima semana, moitos saúdos.


Josefino



A RAHS

O fin de semana vivíuse unha gran xornada de competición no recinto feiral de Amio no que a boa organicación fixo que todos os afecionados disfrutasen dos espectáculos e a victoria de Amador Vidal.

Do mundo das catro rodas pudeuse disfrutar en Santiago de Vidal e o seu Mitsubishi EVO VIII que na gran final venceu a Pedro Burgo moi fiable e pilotando Mitsubishi EVO VIII. O terceiro posto foi para Alex Bermúdez a bordo dun Mitsubishi EVO VIII.

Suso


CONSELLOS PRA IMAXE

Forma de cellas perfectas

Realza a túa mirada:

Consigue a forma ideal, a que máis che favoreza
As cellas poden cambiar ata a expresión dun rostro, polo que é importante que ó depilalas consigas a forma ideal, pero respetando a súa forma.

Lonxitude adecuada:

Hai unha regra que che axudará a saber cal é súa medida: coloca verticalmente un lápiz pegado a unha das aletas da tua nariz; xusto onde o lápiz únese coa cella é onde debe comezar. Dende este punto, inclina o lápiz cara ó exterior do ollo e deteno na metade do ollo: alí atópase o arco da cella. Pra localizar o borde externo, coloca o lápiz no centro do labio inferior e inclínao ata que chegue ó borde exterior do ollo. No sitio onde o lápiz toque a cella é onde debe acabar.

Mans á obra:

Unha vez marcados os puntos clave, elimina cunhas pinzas os pelitos sobrantes, insistindo no arco. Para iso, cepilla a cella, marca cun lápiz branco o contorno (respeta súa forma) e elimina os pelos que queden fóra. Deixa limpo o entrecexo. Podes rellenar as cellas ou acentuar súa cor cun lápiz ou con sombras específicas para elas, e fixalas con máscara transparente: quedarán sofisticadas.


Natalia


COCIÑA CONMIGO

PAELLA DE MARISCO

Ingredentes:

Paellera , 3 litros de fumet (caldo de peixe), 1kg de arroz , ½ de polo ou coello , ½ de carne de porco sen ósos , ½ gambas peladas, ¼ mexillóns , 1kg ameixas,7 cigalas, 1 cebola ,5 dentes de allo, 2 tomates naturais ,1 cenoria , ½ kg de guisantes.

Preparación:

Collemos a paellera e picamos a cebola, os allos e os tomates e despois os poñemos a pochar. Botamos a carne e cando esté cocida engadimos un pouco de viño blanco. Mentres cocemos a carne, tamén cocemos o marisco e despois misturamos todo. Botámo-lo arroz e imos engadindo pouco a pouco o fumet, conforme lle vaia facendo falla. Botámolle un pouco de azafrán e xa está listo.

Bo proveito

Mercedes e Ana



CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 2

Datos biográficos:

O ano en que Galileo morría na súa reclusión de Florencia, un neno prematuro bautizado co nome de Isaac, nacía na familia dun agricultor de Licolnshire apelidado Newton.

Durante os primeiros anos de escola en Grantham, Isaac non deu signos da súa futura grandeza. Era un rapaz enfermizo, tímido e mais ben retrasado nos seus estudios. O que sacou de este estado foi a súa pimeira liorta cun compañeiro de escola que, ademais de ser un dos mellores estudiantes da clase, era moi agresivo cos seus compañeiros.

Dolores

jueves, 29 de enero de 2009

Novas de Sarela

Boas de Novo. Xa voltamos convosco. Hoxe a verdade que non hai moito que contar.
Como xa dixemos a semana pasada, comezamos cun novo horario no Centro de Día.

A primeira semana foi un pouquillo liosa xa que non estamos acostumados a ter tantas actividades e os horarios foron máis ou menos. Pero ca axuda de todos, puidemos arranxar os pequenos problemiñas que se foron presentando.

Bueno, pois nos despedimos ata a semana que ven, que vos contaremos máis cousiñas.

Un saúdo.

Josefino



A RAHS


O mellor do motor Gallego dará cita o próximo 31 de Xaneiro con motivo da segunda edición dos Ralis. As instalacións do Recinto Feiral de Amio contará con moitos fans ó mundo das catro rodas. O formato según a información da organización sufríu modificacións con respecto a edición anterior. Se antes era o público o que decía o gañador agora será o cronómetro.
Sólo oito pilotos participarán na gran final.

Suso


Consello sobre peinados pra bodas

Seguindo co tema dos tocados e recollidos pra bodas, e agora que nos metemos de cheo na época, non podo deixar escapar a ocasión de darvos uns cantos consellos sobre cortes e peinados que aínda que parezan moi básicos a veces pódense esquecer ou estropear o resultado final.
O corte é fundamental, aínda que no caso de que optes por un recollido ou semirrecollido, será conveniente acudir a perruquería dúas semanas antes da boda, pra darlle os toques finais as puntas ou o flequillo no caso de que o leves. Se tes que poñerte mechas ou reflexos o mellor será facelo uns dez días antes da boda e así ter suficiente tempo pra lavar o pelo varias veces antes da fecha.
Se a túa idea é facer algún cambio de cor, non optes por un cambio drástico pra ese día, mellor proba cun tono ou dous mais claros que o teu natural, con iso gañarás en luminosidade sen ariscarte a non recoñecerte nas fotos. Imprescindible facer a proba un par de meses antes da boda.
Se o tes corto e non hay tempo pra que crezca non dudes en poñerte un postizo ou extensiós, sempre acudindo a un bo profesional, o resultado será impecable e nadie notará que non é o teu pelo. As extensións servirán tanto pra facer o recollido como pra lucir unha melena despois da boda, son de pelo natural e se fixan o teu con queratina sintética e unha pinza térmica. Durante 6 meses hai que ter un pouco de cuidado o peinarse o pelo.
Antes de decidir o peinado proba dous ou tres distintos. Falo coincidir coas probas do vestido, pra velo estilo en conxunto.
Se vas a facer un recollido a sencillez é un valor seguro.
Intenta ser ti mesma, e importante non sentirse disfrazada.

Natalia


Curiosidades Químicas

Capítulo 1

A natureza e as suas leis xacian ocultas na noite . Deus dixo que: ¡Newton sexa!. E todo se fixo luz (Alexader Pope).
Deste xeito o autor fai alusión a este monstruo do coñecemeto científico, o home que quizais aportase máis ó desenvolvemento da Ciencia Actual, o que nós imos dedicar estas liñas, facedo mais fincapé nas anécdotas da súa biografía que nun estudio da súa obra.


Dolores

jueves, 22 de enero de 2009

NOVAS DE SARELA

Cambios no Blog

Boas compañeiros. Vos saudamos coma tódalas semanas dende Sarela. Esta semana vos imos falar dunha serie de cambios que imos facer a partir de hoxe no blog.

Temos que dar á benvida a unha compañeira nova, Dolores, ou Marilo para ós máis achegados. Ela vaise encargar dun apartado chamado “Curiosidades Químicas”, que veredes vós como vos vai enganchar. Eliminamos os apartados de música, de cine e do tempo, xa que os encargados deles estarán facendo outras actividades.

Ademáis de novas relacionadas co blog, tamén hai novas incorporacións. Ademáis de Dolores, da cal falamos antes, temos con nós a Carlos e a Alberto.

Todos esperamos que vos sintades a gusto entre nós. Saúdos e ata a vindeira semana.

Josefino


A RASH

Marc Coma a demais de gañar o mundial de ralli declarou que ten un equipo gañador. El é un referente de moita xente xoven e explicou que o seu éxito foi por moito traballo, esforzo, sacrificio e traballo en equipo: unhas cualidades que aínda se poden cultivar entre a xente xoven.

Suso

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Eu chámome María Dolores,
meu home chámase Francisco e
as miñas fillas son Olalla e Minia.
Gústame moito a física e
este traballo vai dedicado a eles.

Hoxe farei unha pequena introducción.

O científico Newton descubríu a gravedade dos corpos,
Einstein descubríu a relatividade dos corpos.

E a partir dagora nos veremos tódalas semanas.

Dolores

CONSELLOS PARA IMAXE

Os tatuaxes de henna

¿Qué é a henna?

Os tatuaxes feitos con henna non precisan agulla, non penetran na dermis, e polo tanto non son perigosos, son temporales e totalmente indoloros. Os deseños realizados na pel duran 2 ou 3 semanas, dependendo do contacto da auga, o xabón que utilices, o teu tipo de pel e en qué área fixeches o deseño. Hoxe en día, cada vez máis, se utiliza este arte, xa que actualmente están de moda os tatuaxes.

Hai moita xente que non se atreve a facerse unha tatuaxe permanente, por se logo se arrepinte ou por medo ás agullas ou porque non soporta a dor, co cal este é o tipo de tatuaxe adecuado por ser temporal.

A Henna é unha planta (Lawsonia inermis) da que se recollen as follas, sécanse e tritúranse ata convertilas nun fino polvo que se utiliza para teñir, é o polvo de henna. É unha planta grande de flores brancas pequenas e olorosas que crece en climas cálidos polo que podemos Exipto.

Preparación:
Comezamos mercando polvo de henna nunha herboristería (onde venden herbas e follas de plantas para infusións naturais), e seguimos os pasos para a elaboración da mestura que aparece na bolsa.

Aplicación:
Mentres esperamos que a masa termine de descansar, buscamos un papel ou bolsa para facer un coniño que utilizaremos para a aplicación do Mehandi ( arte tradicional de pintalo Corpo con HENNA). Cortamos unha bolsita por unha das súas esquinas, o importante é que poidamos facer un cono. Colocamos a pasta no cono que nos quedou despois de corta-la bolsa e xa está listo para aplicar.

Protexelo:
Unha vez rematado o noso deseño, cubrimos a zona con papel tisué (coma os rollos de servilleta de papel), tratando de que a pasta non se corra. Logo o envolvemos cun plástico. Despois de 24- 48 horas destapamos o deseño e vemos os resultados.

Natalia

COCIÑA CONMIGO

POLBO CON AMEIXAS

Cocemos o polbo e preparamos as ameixas á mariñeira.
Na cazola de barro verte-lo polbo e por enriba as ameixas e a salsa. Metemos todo no forno 10 minutos e servimo-lo na mesma cazola moi quente.


Mercedes e Ana.

jueves, 15 de enero de 2009

Novas de Sarela


Boas de novo. Xa estamos outra vez aquí convosco. Despois destas vacións tan doces como son as de Nadal (entre turróns, polvoróns e demais cousiñas), demos entrada a un novo ano, o 2009.

Para este ano hai moitas novas en Sarela, comezando polo horario do Centro de Día, onde hai algunhas actividades novas, como un taller do euro, un de obediencia de cans e ir ó restaurante Balboa botar unha man.

Tamén temos que dar a benvida a dúas novas compañeiras, Belén, que vai ser a que conducirá a outra furgoneta, e Noelia, que traballará como Educadora Social. Todos esperamos que se atopen agustiños xunto a nós.

Bueno, como os comezos despois das vacacións son complicadiños, deixámosvos e coma sempre, cada semana teredes noticias nosas.

Saúdos e que comecedes ben o ano.


Juan


A RASH

Estamos en plena tempada de filtracións do Salón de Ginebra,e qué menos que a de uns dos modelos mais esperados para este certamen. O Volkswagen Scirocco modelo 2009, a esperada renovación xeneracional do coupé do 74, ensina por primeira vez as curvas que definirán a versión da rúa.

Atrás queda a integración dianteira da parrilla e a entrada do aire ou as enormes llantas de aleación que puidemos ver no IROC Concept, se ben mantubéronse bastante fielmente as ópticas dianteiras.A propia calandra é horizontal, bastante fina e separada moi marcadamente da entrada do aire principal, que particularmente recorda a da parrilla do Golf GTI.

Nótase unha línea horizontal moi marcada a media altura xunto ós embelecedores en negro. Os faros traseiros, que son lixeiramente diferentes ós prototipos aínda que sen variar a súa forma, as iantas de aleación de 17” e a nova tipografía son os detalles que xa puidemos ver no taser.

Unha das novidades en canto a equipamento, ademáis do control de estabilidade ESP, é o Dynamic Drive Control, un sistema que permite elexir entre tres axustes predeterminados de conducción: Normal,Sport e Comfort. Tamén se confirman as mecánicas entre 122 e 200 Cv, gracias ó TSi e TDi.

Suso


O Tempo

As chuvias irán facéndose menos continuadas e mesmo xa pola tarde quedarán en forma de chuvasco, á vez que se abrirán claros. As temperaturas estarán en ascenso, lixeiro nas máximas e entre lixeiro e moderado nas mínimas. Os ventos, soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.

Na segunda metade da semana é previsible unha estabilización atmosférica, que deixará menor probabilidade de chuvia en xeral e a partir do xoves haberá unha tendencia ó descenso das temperaturas mínimas.


Santiago


Sempre Música

A cantautora española Amaia Montero, quen en breve visitará México e Estados Unidos para promocionar seu primer álbum como solista, rompe récord de permanencia ó posicionarse no primero lugar nas listas de popularidade españolas de radio e televisión.

A ex vocalista de “La Oreja de Van Gogh”, quen está a punto de alcanzar doble Disco de Platino ca súa mais recente producción, comezou o 2009 con gran éxito ó entrar directamente no número un e permanecer nos tres primeiros lugares da lista dos mais vendidos en España.

Amaia Montero estrenou o pasado 18 de novembro disco, co que a cantautora lánzase a unha aventura na cal estivo inmersa durante 12 meses nun traballo de composición, producción e grabación.
"Quiero ser", "Mirando al mar", "Tulipán", "Ni puedo ni quiero", "Te falta rock", "Círculos", "La bahía del silencio", "Te voy a decir una cosa" e "Por toda una vida", son algúns los temas que conforman o material.

Joaquín

Unha de flocos

Sete Almas

Will Smith encarna a Ben, un axente do fisco americano que está deprimido e atormentado polos remordementos de conciencia sobre erros do seu pasado. Ben intentará compensar estos erros axudando ós demais, pero cando atopa a Emily (Rosario Dawson), unha muller fermosa cunha enfermidade de corazón, namorase dela, complicando os seus proxectos.

Josefino


Consellos para a imaxe


Algúns remedios caseiros e tradicionais para eliminar e secar os grans e espinillas


Remedios populares

Remedio popular #1: Un remedio popular para facer que os grans e espinillas se sequen con rapidez consiste en aplicar un trozo de tomate ben maduro ou un trozo de pan empapado en leite. Débese deixar sobre o gran toda a noite coa a axuda dun esparadrapo.

Remedio popular #2: Un remedio natural consiste en colocar sobre o gran unha ou duas gotas de limón.

Remedio popular #3: Para eliminar os grans e espinillas, pódese pasar un dente de allo crú sobre a área.

Recomendacións

A hixiene é primordial

Para combatir os grans e espinillas, é necesario manter o rostro limpo. Por iso, débese lavar tres veces ó día cun xabón neutral.

Cambiar a diario a funda da almofada

É importante cambiar a funda porque acumula a grasa da cara e pódese contribuir á proliferación de grans e espinillas.

A alimentación é importante

Débese evitar o chocolate e toda comida grasosa. No seu lugar , débese comer moita froita e fibras en cereais. Debes tamén tomar moita auga.

Non exprimirse os grans ou espinllas do rostro, xa que pode ser perigoso.
Existen grans que a simple vista parecen normais, pero que son cancerosos (basocelular e espinocelular) e si se exprimen, poden ser mortais.

¿Cómo recoñocelos? Xeralmente vense como pequenas lesións roxas ou negruzcas con ou sen escama na súa superficie.

É frecuente que sanguen cando se tocan. Case nunca doen ou pican por iso se confunden con unha espinilla ou un barro.
Por iso, se recomenda non tocalos e menos cas mans sucias.
Obsérvase grans ou espinillas cunha forma extraña e que non se secan con facilidade, a pesar de que se siga unha dieta sen grasa e de manter unha ríxida limpeza facial, debes ir a un dermatólogo.

Natalia

COCIÑA COMIGO

TARTA DE PIÑA

INGREDENTES: Un bote de piña,gelatina de piña, 1 litro de leite, xirope líquido e soletillas.

PREPARACIÓN:

Nun molde poñemos no fondo o xirope e a piña, deixamos un pouco de xugo e poñémolo nun vaso de auga morna e misturamos a xelatina. Botamos zume de piña misturado con xelatina e co leite. Bótase no molde toda a mistura ,poñémolas soletillas por arriba. Deixar enfriar e o día seguinte dámoslle a volta.

BO PROVEITO

Mercedes e Ana.


SARELADAS

Corre o vento,o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da casa.


Miña casa meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin abrigo.


Eu me quedo contemplando,
as laradas da casiña
porquen vivo suspirando.

Juan