"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 15 de enero de 2009

Novas de Sarela


Boas de novo. Xa estamos outra vez aquí convosco. Despois destas vacións tan doces como son as de Nadal (entre turróns, polvoróns e demais cousiñas), demos entrada a un novo ano, o 2009.

Para este ano hai moitas novas en Sarela, comezando polo horario do Centro de Día, onde hai algunhas actividades novas, como un taller do euro, un de obediencia de cans e ir ó restaurante Balboa botar unha man.

Tamén temos que dar a benvida a dúas novas compañeiras, Belén, que vai ser a que conducirá a outra furgoneta, e Noelia, que traballará como Educadora Social. Todos esperamos que se atopen agustiños xunto a nós.

Bueno, como os comezos despois das vacacións son complicadiños, deixámosvos e coma sempre, cada semana teredes noticias nosas.

Saúdos e que comecedes ben o ano.


Juan


A RASH

Estamos en plena tempada de filtracións do Salón de Ginebra,e qué menos que a de uns dos modelos mais esperados para este certamen. O Volkswagen Scirocco modelo 2009, a esperada renovación xeneracional do coupé do 74, ensina por primeira vez as curvas que definirán a versión da rúa.

Atrás queda a integración dianteira da parrilla e a entrada do aire ou as enormes llantas de aleación que puidemos ver no IROC Concept, se ben mantubéronse bastante fielmente as ópticas dianteiras.A propia calandra é horizontal, bastante fina e separada moi marcadamente da entrada do aire principal, que particularmente recorda a da parrilla do Golf GTI.

Nótase unha línea horizontal moi marcada a media altura xunto ós embelecedores en negro. Os faros traseiros, que son lixeiramente diferentes ós prototipos aínda que sen variar a súa forma, as iantas de aleación de 17” e a nova tipografía son os detalles que xa puidemos ver no taser.

Unha das novidades en canto a equipamento, ademáis do control de estabilidade ESP, é o Dynamic Drive Control, un sistema que permite elexir entre tres axustes predeterminados de conducción: Normal,Sport e Comfort. Tamén se confirman as mecánicas entre 122 e 200 Cv, gracias ó TSi e TDi.

Suso


O Tempo

As chuvias irán facéndose menos continuadas e mesmo xa pola tarde quedarán en forma de chuvasco, á vez que se abrirán claros. As temperaturas estarán en ascenso, lixeiro nas máximas e entre lixeiro e moderado nas mínimas. Os ventos, soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.

Na segunda metade da semana é previsible unha estabilización atmosférica, que deixará menor probabilidade de chuvia en xeral e a partir do xoves haberá unha tendencia ó descenso das temperaturas mínimas.


Santiago


Sempre Música

A cantautora española Amaia Montero, quen en breve visitará México e Estados Unidos para promocionar seu primer álbum como solista, rompe récord de permanencia ó posicionarse no primero lugar nas listas de popularidade españolas de radio e televisión.

A ex vocalista de “La Oreja de Van Gogh”, quen está a punto de alcanzar doble Disco de Platino ca súa mais recente producción, comezou o 2009 con gran éxito ó entrar directamente no número un e permanecer nos tres primeiros lugares da lista dos mais vendidos en España.

Amaia Montero estrenou o pasado 18 de novembro disco, co que a cantautora lánzase a unha aventura na cal estivo inmersa durante 12 meses nun traballo de composición, producción e grabación.
"Quiero ser", "Mirando al mar", "Tulipán", "Ni puedo ni quiero", "Te falta rock", "Círculos", "La bahía del silencio", "Te voy a decir una cosa" e "Por toda una vida", son algúns los temas que conforman o material.

Joaquín

Unha de flocos

Sete Almas

Will Smith encarna a Ben, un axente do fisco americano que está deprimido e atormentado polos remordementos de conciencia sobre erros do seu pasado. Ben intentará compensar estos erros axudando ós demais, pero cando atopa a Emily (Rosario Dawson), unha muller fermosa cunha enfermidade de corazón, namorase dela, complicando os seus proxectos.

Josefino


Consellos para a imaxe


Algúns remedios caseiros e tradicionais para eliminar e secar os grans e espinillas


Remedios populares

Remedio popular #1: Un remedio popular para facer que os grans e espinillas se sequen con rapidez consiste en aplicar un trozo de tomate ben maduro ou un trozo de pan empapado en leite. Débese deixar sobre o gran toda a noite coa a axuda dun esparadrapo.

Remedio popular #2: Un remedio natural consiste en colocar sobre o gran unha ou duas gotas de limón.

Remedio popular #3: Para eliminar os grans e espinillas, pódese pasar un dente de allo crú sobre a área.

Recomendacións

A hixiene é primordial

Para combatir os grans e espinillas, é necesario manter o rostro limpo. Por iso, débese lavar tres veces ó día cun xabón neutral.

Cambiar a diario a funda da almofada

É importante cambiar a funda porque acumula a grasa da cara e pódese contribuir á proliferación de grans e espinillas.

A alimentación é importante

Débese evitar o chocolate e toda comida grasosa. No seu lugar , débese comer moita froita e fibras en cereais. Debes tamén tomar moita auga.

Non exprimirse os grans ou espinllas do rostro, xa que pode ser perigoso.
Existen grans que a simple vista parecen normais, pero que son cancerosos (basocelular e espinocelular) e si se exprimen, poden ser mortais.

¿Cómo recoñocelos? Xeralmente vense como pequenas lesións roxas ou negruzcas con ou sen escama na súa superficie.

É frecuente que sanguen cando se tocan. Case nunca doen ou pican por iso se confunden con unha espinilla ou un barro.
Por iso, se recomenda non tocalos e menos cas mans sucias.
Obsérvase grans ou espinillas cunha forma extraña e que non se secan con facilidade, a pesar de que se siga unha dieta sen grasa e de manter unha ríxida limpeza facial, debes ir a un dermatólogo.

Natalia

COCIÑA COMIGO

TARTA DE PIÑA

INGREDENTES: Un bote de piña,gelatina de piña, 1 litro de leite, xirope líquido e soletillas.

PREPARACIÓN:

Nun molde poñemos no fondo o xirope e a piña, deixamos un pouco de xugo e poñémolo nun vaso de auga morna e misturamos a xelatina. Botamos zume de piña misturado con xelatina e co leite. Bótase no molde toda a mistura ,poñémolas soletillas por arriba. Deixar enfriar e o día seguinte dámoslle a volta.

BO PROVEITO

Mercedes e Ana.


SARELADAS

Corre o vento,o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da casa.


Miña casa meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin abrigo.


Eu me quedo contemplando,
as laradas da casiña
porquen vivo suspirando.

Juan

No hay comentarios: