NOVAS DE SARELA
Cambios no Blog
Boas compañeiros. Vos saudamos coma tódalas semanas dende Sarela. Esta semana vos imos falar dunha serie de cambios que imos facer a partir de hoxe no blog.
Temos que dar á benvida a unha compañeira nova, Dolores, ou Marilo para ós máis achegados. Ela vaise encargar dun apartado chamado “Curiosidades Químicas”, que veredes vós como vos vai enganchar. Eliminamos os apartados de música, de cine e do tempo, xa que os encargados deles estarán facendo outras actividades.
Ademáis de novas relacionadas co blog, tamén hai novas incorporacións. Ademáis de Dolores, da cal falamos antes, temos con nós a Carlos e a Alberto.
Todos esperamos que vos sintades a gusto entre nós. Saúdos e ata a vindeira semana.
Josefino
A RASH
Marc Coma a demais de gañar o mundial de ralli declarou que ten un equipo gañador. El é un referente de moita xente xoven e explicou que o seu éxito foi por moito traballo, esforzo, sacrificio e traballo en equipo: unhas cualidades que aínda se poden cultivar entre a xente xoven.
Suso
CURIOSIDADES QUÍMICAS
Eu chámome María Dolores,
meu home chámase Francisco e
as miñas fillas son Olalla e Minia.
Gústame moito a física e
este traballo vai dedicado a eles.
Hoxe farei unha pequena introducción.
O científico Newton descubríu a gravedade dos corpos,
Einstein descubríu a relatividade dos corpos.
E a partir dagora nos veremos tódalas semanas.
Dolores
CONSELLOS PARA IMAXE
Os tatuaxes de henna
¿Qué é a henna?
Os tatuaxes feitos con henna non precisan agulla, non penetran na dermis, e polo tanto non son perigosos, son temporales e totalmente indoloros. Os deseños realizados na pel duran 2 ou 3 semanas, dependendo do contacto da auga, o xabón que utilices, o teu tipo de pel e en qué área fixeches o deseño. Hoxe en día, cada vez máis, se utiliza este arte, xa que actualmente están de moda os tatuaxes.
Hai moita xente que non se atreve a facerse unha tatuaxe permanente, por se logo se arrepinte ou por medo ás agullas ou porque non soporta a dor, co cal este é o tipo de tatuaxe adecuado por ser temporal.
A Henna é unha planta (Lawsonia inermis) da que se recollen as follas, sécanse e tritúranse ata convertilas nun fino polvo que se utiliza para teñir, é o polvo de henna. É unha planta grande de flores brancas pequenas e olorosas que crece en climas cálidos polo que podemos Exipto.
Preparación:
Comezamos mercando polvo de henna nunha herboristería (onde venden herbas e follas de plantas para infusións naturais), e seguimos os pasos para a elaboración da mestura que aparece na bolsa.
Aplicación:
Mentres esperamos que a masa termine de descansar, buscamos un papel ou bolsa para facer un coniño que utilizaremos para a aplicación do Mehandi ( arte tradicional de pintalo Corpo con HENNA). Cortamos unha bolsita por unha das súas esquinas, o importante é que poidamos facer un cono. Colocamos a pasta no cono que nos quedou despois de corta-la bolsa e xa está listo para aplicar.
Protexelo:
Unha vez rematado o noso deseño, cubrimos a zona con papel tisué (coma os rollos de servilleta de papel), tratando de que a pasta non se corra. Logo o envolvemos cun plástico. Despois de 24- 48 horas destapamos o deseño e vemos os resultados.
Natalia
COCIÑA CONMIGO
POLBO CON AMEIXAS
Cocemos o polbo e preparamos as ameixas á mariñeira.
Na cazola de barro verte-lo polbo e por enriba as ameixas e a salsa. Metemos todo no forno 10 minutos e servimo-lo na mesma cazola moi quente.
Mercedes e Ana.
jueves, 22 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario