"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 19 de febrero de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas de novo. Parece que o tempo nos dou un respiro esta semana, xa era hora.
Temos que comezar felicitando a un dos nosos, a Joaquín que o domingo pasado estivo de cumpreanos. O fin de semana pasado, ademáis do cumpreanos, foi o Día de San Valentín ou o Día dos Namorados, esperamos que os vosos namorados vos fixesen algún agasallo.

O martes que ben, é Entroido e nós xa estamos pensando no noso disfraz, xa se verá cal é o mellor, e coidado cas orellas e filloas, que moitas non sentan ben.

Ata a semana que ben onde teremos algunha nova máis.

Saúdos

Josefino



A RAHS

A partir da terceira fin de semana de febreiro volven os Ralis a Galicia, podemos comezar co Rali Comarca da Ulloa situado en Palas de Rei, en Monteroso e Atas de Ulla.
Esta proba é especial para moitos corredores, entre eles está Luis Vilariño xa que él foi un dos encargados de empuxar ós Ralis en Galicia e tamén por correr na súa casa.
Vilariño di tamén que esa proba non vai ser doada, xa que competirá con grandes corredores galegos coma Pedro Burgo e José Martínez.


Suso


CONSELLOS PARA IMAXE

O mel: Un agasallo de beleza natural

O mel é o néctar e as exudacións sacarinosas das plantas despois de que a abella a condensa e a transforma mediante a química dos sus propios corpos.

¿De qué está composto o néctar? Da auga que as plantas extraen do chan e esta sube polo talo e se trasformada en azucres, minerais, vitaminas e outras moitas substancias.

O mel, además de ter propiedades curativas, pódese utilizar, tamén, para realzar e vitalizar a beleza natural da pel.

A continuación expóñense varias receitas de beleza que teñen por ingredente principal o mel de abella:

Acondicionador de cabelo (para os cabelos sen brillo)

Ingredentes

2 culleradas de mel
1 cucharadiña de aceite de oliva

Modo de aplicación

Mesturar o mel e o aceite de oliva e frotarse o coro cabeludo.
Logo débese deixar a preparación no cabelo por espazo de 20 a 30 minutos. Despois lávase cun bo champú.

Mascarilla caseira para a pel grasosa e normal

Ingredentes

1 clara de ovo,
1 cullerada de leite en pó
1 cucharadiña de mel

Modo de aplicación

Mesturar nunha batidora a baixa velocidade durante 2 minutos todos os ingredentes ata que se forme crema. Aplicar a crema ó rostro e gorxa,deixándoa sobre a pel por uns 15 minutos. Quitala máscara con auga tibia, aplícase auga fría.

Aplicacións para a pel seca

Se ten a pel seca, tamén se pode utilizar a mel mesturada con elementos hidratantes como o aceite de oliva e a glicerina.

A continuación algunhas receitas de beleza natural compostas de mel para pel seca.

Mascarilla caseira de mel para pel seca

Ingredentes

1 cucharadiña de mel,
1 cucharadiña de fariña fina,
1 cucharadiña de aceite de oliva
1 xema de ovo

Modo de aplicación

Mesturar os ingredentes e logo cubrir, con esta preparación, o rostro e a gorxa, deixándoa sobre a pel por aproximadamente 30 minutos.
Logo retírase con auga tibia

Loción de mel para as mans

Ingredentes

1 cucharadiña de mel
2 cucharadas de auga

Modo de aplicación

Combinar nunha taza pequena ambos ingredentes e logo aplicar para curar as mans secas e agrietadas.
Débese usar con regularidade. Acondicionaralle a pel e impedirá que se agriete.

Natalia


COCIÑA CONMIGO


VIERAS Ó FORNO

Ingredentes: Cebolas, allos, lourerio, xamón fresco en tacos, viño branco, ovo cocido, 100gr de carne picada, tomate frito e pan rillado.

Preparación: poñemos nunha tixola con aceite 2 cebolas e 1 allo que previamente cortamos e o pochamos todo. Cando esté listo botámola carne, o viño branco, o loureiro, o xamón e mailo tomate frito. Cando esté todo no seu punto, botamos as vieiras. Cociñámolas volta e volta durante 2 minutos e despois botamos todo nas cunchas. Para rematar, as metemos todas no forno botándolle por riba ovo cocido raiado e pan raiado, durante 5 minutos e LISTO PARA COMER .


MERCEDES E ANA.

CURIOSIDADES QUÍMICAS

As semanas pasadas estivemos seguindo unha serie de capítulos da historia de Newton. Esta semana faremos unha paréntese para falarvos do experimento de Torricelli, que demostra o porqué da presión atmosférica.

Tomou un tubo de vidro pechado por un extremo, dun metro de longo aproximadamente, e o encheu de mercurio; tapou co dedo o extremo aberto e, invirtíndoo, o introduxo por ese extremo nun recipiente que contiña mercurio. Puido comprobar, ó retirar o dedo, que o nivel do mercurio no interior do tubo descendeu ata quedar a columna de mercurio cunha altura de 76 cm sobre a superficie libre do mercurio do recipiente, cando a experiencia se realizaba ó nivel do mar.

Dolores

No hay comentarios: