NOVAS DE SARELA
Boas a todos. ¿Como vos vai estes días de cru inverno? Nós imos pasándoo pouquiño a pouco, como podemos.
A nova da semana é o cursillo que se fixo o pasado fin de semana na nosa asociación.
O tema principal era a disfaxia, que como igual non sabedes, son problemiñas para tragar. Para impartilo veu unha logopeda directamente de Madrid, Dona Luz Martínez Serrano.
Ó curso asistiron a Terapeuta Ocupacional do centro, Ana, e a Logopeda, Ruth, ademáis doutros profesionais procedentes de Vigo e León.
Con esto nos despedimos ata a próxima semana, moitos saúdos.
Josefino
A RAHS
O fin de semana vivíuse unha gran xornada de competición no recinto feiral de Amio no que a boa organicación fixo que todos os afecionados disfrutasen dos espectáculos e a victoria de Amador Vidal.
Do mundo das catro rodas pudeuse disfrutar en Santiago de Vidal e o seu Mitsubishi EVO VIII que na gran final venceu a Pedro Burgo moi fiable e pilotando Mitsubishi EVO VIII. O terceiro posto foi para Alex Bermúdez a bordo dun Mitsubishi EVO VIII.
Suso
CONSELLOS PRA IMAXE
Forma de cellas perfectas
Realza a túa mirada:
Consigue a forma ideal, a que máis che favoreza
As cellas poden cambiar ata a expresión dun rostro, polo que é importante que ó depilalas consigas a forma ideal, pero respetando a súa forma.
Lonxitude adecuada:
Hai unha regra que che axudará a saber cal é súa medida: coloca verticalmente un lápiz pegado a unha das aletas da tua nariz; xusto onde o lápiz únese coa cella é onde debe comezar. Dende este punto, inclina o lápiz cara ó exterior do ollo e deteno na metade do ollo: alí atópase o arco da cella. Pra localizar o borde externo, coloca o lápiz no centro do labio inferior e inclínao ata que chegue ó borde exterior do ollo. No sitio onde o lápiz toque a cella é onde debe acabar.
Mans á obra:
Unha vez marcados os puntos clave, elimina cunhas pinzas os pelitos sobrantes, insistindo no arco. Para iso, cepilla a cella, marca cun lápiz branco o contorno (respeta súa forma) e elimina os pelos que queden fóra. Deixa limpo o entrecexo. Podes rellenar as cellas ou acentuar súa cor cun lápiz ou con sombras específicas para elas, e fixalas con máscara transparente: quedarán sofisticadas.
Natalia
COCIÑA CONMIGO
PAELLA DE MARISCO
Ingredentes:
Paellera , 3 litros de fumet (caldo de peixe), 1kg de arroz , ½ de polo ou coello , ½ de carne de porco sen ósos , ½ gambas peladas, ¼ mexillóns , 1kg ameixas,7 cigalas, 1 cebola ,5 dentes de allo, 2 tomates naturais ,1 cenoria , ½ kg de guisantes.
Preparación:
Collemos a paellera e picamos a cebola, os allos e os tomates e despois os poñemos a pochar. Botamos a carne e cando esté cocida engadimos un pouco de viño blanco. Mentres cocemos a carne, tamén cocemos o marisco e despois misturamos todo. Botámo-lo arroz e imos engadindo pouco a pouco o fumet, conforme lle vaia facendo falla. Botámolle un pouco de azafrán e xa está listo.
Bo proveito
Mercedes e Ana
CURIOSIDADES QUÍMICAS
Capítulo 2
Datos biográficos:
O ano en que Galileo morría na súa reclusión de Florencia, un neno prematuro bautizado co nome de Isaac, nacía na familia dun agricultor de Licolnshire apelidado Newton.
Durante os primeiros anos de escola en Grantham, Isaac non deu signos da súa futura grandeza. Era un rapaz enfermizo, tímido e mais ben retrasado nos seus estudios. O que sacou de este estado foi a súa pimeira liorta cun compañeiro de escola que, ademais de ser un dos mellores estudiantes da clase, era moi agresivo cos seus compañeiros.
Dolores
No hay comentarios:
Publicar un comentario