NOVAS DE SARELA
Saúdos a todos e a todas. ¿Cómo pasaron esta semaniña de Antroido?, esperamos que ben. Nós tivemos unhas mini vacacións, xa que o luns de Antroido, algúns viñemos a Sarela mentres que outros quedamos na nosa casiña a descansar.
Os que estivemos en Sarela, non pensedes que nos matamos a traballar, fumos dar un paseiño polas rúas da nosa cidade para ver e disfrutar das cousiñas típicas do Antroido, coma por exemplo o Meco, que se atopaba na praza do Toural.
Bueno, pois nos despedimos de vós ata a semana que ven, e que disfrutedes dos días que aínda quedan do Antroido.
Saúdos
Josefino
A RAHS
O lucense Adrián Díaz, ofreceu unha exhibición abordo dun 206. Se ben non comezou o rali a ritmo demasiado alto, soubo ir de menos a mais. Foi na segunda metade do rali onde cimentou a súa victoria, ó dar seveiros ”hachazos” ós seus mais directos rivais especialmente nos tramos nocturnos o que lle ratificou coma o xusto vencedor nesta primeira proba desta tempada.
Suso
CONSELLOS PRA BELEZA
Tratamentos para a pel ós 30
Ós 30 anos, as mulleres saben coidarse mellor a pel e tamen son máis expertas na maquillaxe. Moi activas, dispoñen de pouco tempo para poñerse guapas por iso, buscan trucos rápidos e eficaces. Tamén, nesta época comezan a aparecer os primeiros signos da idade polo que tes que adaptar os tratamentos ás necesidades da pel. Dase preferencia aos sueros, ás máscaras nutritivas e non hai que esquecer aplicarse un contorno de ollos pola mañán e pola noite. As olleiras márcanse máis ós 30 anos. A vida ultra activa, os nenos, as noites cortas... son factores que fatigan a mirada das trinta aneiras.A mirada convertese na zona que tes que coidar con máis esmero. As olleiras serán traballadas co tratamento, a maquillaxe e tamén coa hixiene da vida (o sono, a alimentación e beber moita auga xogan un papel clave).
Estos son algúns truquiños:
- Aplícate un contorno de ollos pola mañá e pola noite, mediante lixeiros golpeciños sobre toda a zona con olleiras. A pel alísase inmediatamente.
- A elección da cor do teu anti-olleiras é capital.
- No caso das olleiras, utilízase un anti-olleiras (que neutralice las olleiras) xunto cun corrector (que aporte luminusidade).
Natalia
COCIÑA CONMIGO
FILLOAS
Ingredentes
½ kg Fariña, un chisco de sal, agua do cocido, 3 ovos, touciño branco e unha tixola ou filloeiro.
Preparación:
Comezamos mesturando tódolos ingredentes, despois, untamos a tixola co touciño e estiramos toda a mestura, dámoslle a volta e LISTA PARA COMER.
Mercedes e Ana.
CURIOSIDADES QUÍMICAS
Capítulo 4
No ano 1665 Newton tomou o seu grao de Bacharel en Artes sen ningunha distinción especial.A mediados do verán de 1665 a Gran Peste caeu sobre Londres e, ós poucos meses de idade un de cada dez londinenses morrería dela. No outono pechouse a Universidade de Cambridge pola súa proximidade ó centro da praga e tódolos estudiantes foron enviados á sua casa. Así que Newton volveu ó seu fogar.Estes meses foron os mais fecundos da súa vida.
Dolores
jueves, 26 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario