"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 5 de marzo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e a todas. Coma tódalas semanas estamos aquí para contarvos un pouco as novedades que foron xurdindo estes últimos sete días. En Sarela houbo algún que outro debate sobre o que ocurríu nas eleccións do fin de semana anterior e como non, houbo posturas diferentes.

Parece que o tempo nos quere marear un pouquiño, que si frío, que si calor, non se decide. Estamos preprando unha a viaxe á granxa de Marcelle, en Lugo, será o vindeiro día 20.

Pois ata a semana que ben.

Saúdos

Josefino


A RAHS

Como ven sendo habitual no inicio de cada tempada , o Mesón da Pastoriza acolleu mais de 400 persoas na Cena de Gala da peña de Autocross de Arteixo, no que se homenaxeou ós socios, colaboradores e deportistas mais destacados do anterior ano, ademais de presentar os proxectos para a nova campaña nos que destacan a incorporación das torretas con iluminación.
Como aperitivo, o próximo sábado 14 de marzo poderán poñer a punto as súas máquinas.


Suso


CONSEXOS PRA BELEZA

As necesidades da pel evolucionan. A partir dos 40 anos, a pérdida de auga e as firmezas intensifícanse polo que é necesario actuar. ¿Como? Utilizando os productos apropiados de maneira regular e adoptando unha boa hixiene de vida. Os 40 tamén teñen súas vantaxes: a partir dos 40, non é raro ver como as olleiras desapareceron. As mulleres dispoñen de máis tempo para elas mesmas; coñécense mellor e non teñen medo de ser sexys.

Para poñerse bela, o primeiro que hai que tratar é a mirada. Comézase aplicando un suero, é mediante unha pequena masaxe, aplícase o contorno de ollos, a vez hidratante e alisadora.

O fondo da maquillaxe responde a diferentes necesidades en función da idade. A partir dos 40, unifica a tez e alisa os trazos. Tamén debe aportar luminosidade. A esta idade, a elección da textura é capital.
O fondo da maquillaxe ideal é o que aportará luminosidade á tua pel. Elixe unha textura fluida e hidratante, e aplícala co dedo, mediante masaxe. Camuflarás as manchiñas coa axuda dun stick corrector. Túa pel recuperará inmediatamente seu frescor e tonicidade.

Aplícate uns pos libres sobre o anteoxeras para asegurar a súa duración. Utiliza unha base neutra sobre os párpados, evitando especialmente os tonos irisados que marcan as enrrugas. Para agrandar a mirada, marca o ollo cun trazo de khôl. A mirada intensifícase en seguida.

A máscara crea ilusión dunha segunda línea de pestañas. A pel parece rápidamente mais xoven, socouse partido á mirada.
Para aportar volumen a un rostro que perde vigor, o blush ou colorete é tua arma perfecta. De preferencia a unha textura hidratante.
Xoga coa seducción e opta por uns labios con cor. Evita as texturas mates que poden dar un aspecto severo. Termina por un toque de gloss no centro dos labios.
Unha tez mais fresca, unha mirada luminosa e uns labios sexis … ¡Estas son as vantaxes das mulleres dos 40 anos e mais...!

Natalia


O TEMPO

Xornada intermedia entre as altas e as baixas presións, aínda que o paso dunha fronte cálida vainos deixar os ceos cubertos con chuvias, máis persistentes no norte e zonas montañosas. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios e as máximas poderán ascender lixeiramente. Os ventos soprarán do noroeste, moderados con algún intervalo forte durante a mañá.

Cara a fin de semana irase recuperando lentamente a influencia anticiclónica. As temperaturas irán ascendendo, especialmente os valores máximos.

Santiago

COCIÑA COMIGO

FIDEGUÁ

Hoxe non están nin Ana nin Mercedes, por iso tomou o relevo unha nova compañeira, Mª José.

INGREDENTES:

- Fideos do número 2.
- Una cabeza de allos.
- Tomate frito.
- Aceite.
- Gambas peladas.
- 2 sepias grandes.
- Caldo de peixe.
- ½ Kg de langostinos.

PREPARACIÓN:

Primeiro fríense os allos e pónselle tomate frito. Despois póñense os fideos do número 2 con bastante aceite e fríense. Cando está frito, como se fose unha pataca, por exemplo, hai que sacar o aceite e deixase así. Tamén se pode deixar dun día para outro. A continuación, póñenselle as gambas peladas e a sepia cortada en cuadradiños. Entonces, nunha paelleira bótanse os fideos, as gambas, a sepia e o sofrito. Mézclase todo ben e bótaselle caldo de pescado (en caso de non telo pode ser auga). Cando está todo ben cocido póndenselle botar uns langostinos sin pelar. Finalmente, cando está case feito, cámbiase o recipiente para o forno e dáselle a última volta no forno.


Mª José


CURIOSIDADES QUIMÍCAS

Capítulo 5

Pódese dicir que durante este período concebíu prácticamente todas as ideas que lle debe o mundo.

Cito coas súas propias palabras:

“O comenzo de de 1665 encontrei a regra para reducir calquera dignidade dos binomios a serie (teoría dos de Newton que enseñase en Alxebra). En maio, descubriu o método das fluxións (cálculo diferencial) e no ano seguinte, en xaneiro , a teoría das cores , no mesmo ano comencei a pensar na gravidade extendéndoa á órbita da Lúa…”

Dolores

No hay comentarios: