NOVAS DE SARELA
Boas. Despois de case dúas semanas sen noticias nosas xa estamos outra vez de volta aquí. O venres pasado fixemos unha saída á reserva natural de Marcelle, pretiño de Lugo. Alí puidemos ver diversos animais, dende osos formigueiros ata mapaches, pasando por serpes e tartarugas. A visita foi moi interesante aínda que ó final terminamos un pouquiño cansos xa que anduvemos bastante.
Temos unha nova moi interesante para mañán venres. Van vir os componentes da osquestra París de Noia a facernos unha visitiña e a pasar un ratiño con nós.
A próxima semana vos contaremos como foi esa xuntanza e incluso poderemos engadir fotos.
Deica a semana que ven.
Josefino
A RAHS
A segunda cita da tempada no Volante RACC Galicia deparou, tal e como se esperaba, unha intensa batalla deportiva. Varios pilotos optaron a un triunfo que, finalmente, ia parar a mans do equipo de Narón formado por David Grandal e Javier Varela (Citroën C2 GT). os irmáns Díaz (Peugeot 206 XS) finalizaban xusto por detrás, pelexando ata o último tramo polo triunfo e mantendo iso e a súa primera posición na xeneral do campionato.
CLASIFICACIÓN XV RALI DO COCIDO
1º Grandal – Varela C2 GT 1:16:47:9
2º Diaz – Diaz Peugeot 206 XS 1:17:02:4
3º Figueira – Blanco Peugeot 206 XS 1:17:28:5
Así vai o campionato de Rali
1º Adrián Díaz Peugeot 206 XS 410
2º David Grandal Citroen C2 GT 380
3º Bruno Meira Peugeot 206 XS 287
4º José M.Pazos Citroen VTS 254
5º Tino Iglesias Citroen VTS 242
Suso
CONSELLOS PRA BELEZA
Mascarilla capilar con chocolate
O chocolate crea unha adición coñecida, que ten moitos beneficios para a pel contounos Sergio, pero cando leas tódalas propiedades que xa podes dar o teu cabelo quedaraste gratamente sorprendida. A mascarilla capilar con cacao fortalece todo tipo de cabelos nutrindo de forma especial aqueles que están máis desvitalizados e secos. O cacao aportarálle un aspecto saudable e aterciopelado.
O cacao ten múltiples compoñentes, entre eles os minerais, pero tamén ten moitísima vitamina B1 (tiamina) que cumple unha función nutritiva, estimulante e enerxizante ideal para o cabelo e pra o coro cabeludo. Contén moléculas hidratantes e ademáis polo seu alto contido en magnesio ten efectos antioxidantes que aportaran o cabelo elasticidade. Este tratamento pódeno usar tanto as persoas de cabelo seco (hidratación), como as de cabelo graso (o regula), xa que aportará na súa xusta medida os nutrintes necesarios para cada un dos casos. Para preparar a mascarilla so necesitas cacao natural 100% puro e seguir estas pautas.
• Prepárase o cacao ó baño maría e sen deixar de movelo coa brocha añádese auga ata conseguir unha textura espesa similar a que teñen os tintes (cando levantes a brocha non debe de gotear).
• Lávase o pelo coma de costume e aplícase a mascarilla como se fora un tinte durante vinte minutos. Para que seus beneficios actúen o máximo tápase o pelo cun gorro de baño e aplícase calor ó pelo.
• A continuación lávate o pelo coma sempre e envólveo nunha toalla para absorber o exceso de humedade sen que haxa necesidade de frotalo.
O cacao potencia a cor dos cabelos castaños e oscuros, por iso se o teu pelo é máis clariño e non queres deixar de probar esta mascarilla, utiliza chocolate branco para facela, non ten a mesma pureza que o cacao negro pero tamén ten beneficios. Se non queres renunciar a facelo con cacao negro, un truco é engadir leite en vez de auga á mascarilla, así conseguirás rebaixalo tono do chocolate.
Natalia
O TEMPO
Unha fronte fría pouco activa rozará o norte da Comunidade. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubosos, máis anubrados no norte da Comunidade. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados nas Rías Baixas e frouxos no resto.
A vindeira semana comezará coa progresiva recuperación da influencia anticiclónica sobre Galicia. A probabilidade de chuvia irá diminuíndo á vez que as temperaturas irán ascendendo.
Santiago
ROBALIZA AO FORNO.
INGREDENTES:
Para 4 persoas:
- 2 robalizas salvaxes de ½ Kg cada unha.
- Un pemento morrón vermello.
- ½ Kg de chícharos.
- 2 cebolas.
- 4 dentes de allo.
- ½ Kg de patacas.
- Aceite de oliva.
- Viño branco.
- Un sobre de azafrán ou de colorante.
- Un vaso de auga.
- Sal.
PREPARACIÓN:
Collemos unha bandexa do forno e untámola con dúas cucharadas de aceite. Despois, collémo-las patacas, cortámo-las panadeiras e colocámo-las no fondo da bandexa. Logo, picámo-las cebolas en trozos moi pequeniños e os allos en láminas e botámo-lo todo por enriba das patacas. Acto seguido, colocámo-las dúas robalizas por enriba e rociámo-las coa auga. Despois vertémoslle-los chícharos e o viño branco mezclado co azafrán ou co colorante. Finalmente, metemos-lo todo no forno durante uns 20 minutos aproximadamente, non antes sen botarlle unha pouca sal. E LISTO PRA XANTAR!!!!
MERCEDES E ANA.
viernes, 27 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario