NOVAS DE SARELA
Boas de novo, despois de tantos días sen ter noticias nosas e cas pilas cargadas, voltamos ó traballo.
Moi difícil é voltar despois dunhas vacacións coma as de Semana Santa, onde cada un de nós fixemos cousas distintas e fumos a sitios diferentes, uns por exemplo, quedamos na casiña a descansar, que é unha boa opción para pasar unhas vacacións, outros fumos visitar diferentes sitios como, Portugal, Valencia, Madrid, Ourense… e mesmo visitar ós familiares que fai tempo que non vemos.
O que sí temos todos en común é que estos días de vacacións e relax, serven para desconectar un pouquiño da rutina.
Voltamos a semana que ben con todos vós, saúdos.
Josefino
A RAHS
Fernando Alonso manifestou a súa confianza no equipo con miradas ó Gran Premio de China, terceiro do Mundial de Fórmula 1, e está convencido de que Renault volverá a loitar cos mellores.
Con respecto as melloras do R29, Alonso declarouse optimista. "Creo neste equipo. O ano pasado puidemos comprobar que sabemos como volver a loitar cos mellores e sacar rendemento ó coche. Todavía estamos moi ó principio e todo o equipo está traballando a tope para desenrrolar o R29 ó ser máis competitivos nas próximas carreiras", indicou.
Alonso recoñeceu que sentíu decepción por non conseguir puntos en Malasia. "A miña intención", afirmou, "é puntuar en tódalas carreiras esta tempada pero, obviamente, é difícil cambiar ó coche antes de regresar a Europa. Sen embargo, aprendemos moito das dúas primeiras carreiras e progresos en Malasia". "Agora precisamos dar un paso máis en Shangai e espero sumar puntos", engadíu.
Suso
CONSELLOS PRA BELEZA
Unllas de xel: presume de mans perfectas
Luce unhas bonitas mans a diario
Nosas mans son parte indiscutible da nosa beleza, e mantelas coidas e hidratadas deben estar entre as nosas prioridades estéticas. Neste sentido, as unllas adquiren un protagonismo especial, chegando a ser grandes símbolos de feminidade.
A apariencia desta parte do noso corpo está moi unido á nosa nutrición diaria, apagándose a súa beleza cando hai déficit de vitaminas. Para mantelas no mellor estado posible, ademáis de ter en conta este aspecto, poderemos facer uso dalgunha das técnicas de manicura. Un bo consexo para presumir dunhas mans perfectas é apostar polas unllas de xel.
Máis que unhas unllas artificiais
Como sempre non se pode facer alarde de poseer unhas unllas sanas e fortes, as unllas artificiais elíxense como unha fantástica forma de ter esas unllas largas e lisas que sempre soñamos. Pola súa parte, o xel é unha das últimas propostas dentro do mundo da manicura
O xel é a alternativa á porcelana. Os especialistas afirman que "o xel é mais fácil de traballar e menos sucio ao ofrecer unha manexabilidade e versatilidade increíbles". Para modelar o xel, pódese traballar nun molde ou directamente sobre a man. "De ambas maneiras obtéñense resultados moi naturais". Unha vez aplicado o xel, aplánase por sí só, o que permite "ter un control absoluto á hora de esculpir e dar forma a unlla".
Ademais, non importa se tes as unllas moi estropeadas, estriadas ou incluso mordidas, porque o xel adáptase perfectamente a case calquera superficie.
Máis bonitas por máis tempo
Ó contrario do que poda parecer,as unllas de xel son moi duradeiras, xa que conséguese unha adhesión casi perfecta que posibilita unha durabilidade máxima. "As unllas duran o tempo que a persoa desexe". Para mantelas no mellor estado posible, o xel requiere unha revisión cada tres semanas aproximadamente. É o que os especialistas denominan rebalance ou recheo, un método que posibilita que a unlla se manteña perfecta a medida que está en crecemento. "O rebalance apropiado da unlla esculpida protexe a saúde da unlla natural e prolonga a vida útil do servicio".
Lucir unhas unllas bonitas gracias ó xel pode estar ó alcance de calquera. Estos servicios soense atopar en todo tipo de salñós de beleza, de balnearios ou perruquerías e tamén pódense combinar con manicura francesa. Normalmente o tratamento completo non tarda máis dunha hora e só precisarás tomarche uns minutos unha vez ó mes pra seu correcto mantemento.
Natalia
O TEMPO
Unha xornada máis, teremos que agardar poucos cambios e Galicia continuará baixo a influencia das borrascas que nos deixarán os ceos con intervalos nubosos e chuvascos máis xeneralizados pola tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados no litoral e frouxos no interior.
Durante a primeira metade da fin de semana, Galicia continuará baixo a influencia das baixas presións con aire frío en altura, polo que en xeral continuarán altas as probabilidades de chuvia. Cara á vindeira semana se recuperará a influencia anticiclónica e con isto comezarán a ascender os valores máximos das temperaturas.
Santiago
COCIÑA CONMIGO
Empanada de Zamburiñas
INGREDENTES: 1Kg de fariña , ½ kg de zamburiñas , 3 cebolas , 5g de levadura , sal , aceite e ovos.
PREPARACIÓN:
Nun bol botamos, a fariña e a levadura. O mesturamos todo con auga quente, facemos unha masa con todo. Despois botamos os ovos e o sal e amasamos todo xunto. Deixamos repousar a mestura durante 12 horas para que a masa aumente.
A preparación das zamburiñas: nunha tixola botámolo aceite e as cebolas picadas. Cando estén pochadas, botámolas zamburiñas e as deixamos facerse durante 5 minutos. A continuación, nunha mesa plana estiramos a masa e facemos 2 láminas. Collemos unhas bandexas de forno, botamos unha cullerada de aceite poñemos as láminas enrriba e botámoslle a mestura das zamburiñas, tapámolo cunha segunda lámina. Batemos unha xema de ovo e pincelamos por riba e xa está listo para comer.
MERCEDES E ANA
jueves, 16 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario