"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 2 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas de novo a todos.

A semana pasada falámosvos de que nos ía visitar a orquestra París de Noia, e así fixeron. Foi o venres pasado, pasámolo moi ben, compartimos unha mañá ben entretida cos compoñentes da orquestra, ademáis tamén coincidíu que a asociación “Renacer” de Ourense visitounos o mesmo día e fixemos todos xuntos unha pequena festa.

Cantamos todos xuntos diferentes cancións populares como pode ser “Mi carro” ou “Soy minero”… ademáis de ter a oportunidade de facerlles diferentes preguntas.

Despois deste pequeño resumo do que foi a visita da orquestra París de Noia a Sarela, só nos queda despedirnos ata dentro de dúas demaniñas, xa que a semana que ben é Semana Santa e imos disfrutar dunhas pequenas vacacións.

Pasádeo todos moi ben e nos vemos cediño.

Josefino


A RAHS

Os comisarios do Gran Premio de Malasia, á vista de novas evidencias, excluiron da clasificación do Gran Premio de Australia ó británico Lewis Hamilton e o seu equipo Vodafone McLaren-Mercedes é devolto ó terceiro posto ó italiano Jarno Trulli (Toyota). Os comisarios consideraron que Hamilton e McLaren proporcionaron deliberadamente información falsa na súa comparecencia do domingo 29 de marzo, despois do Gran Premio de Australia.

Ante a aparición de novas evidencias os comisarios, dos cales, Olafur Gudmundsson e Steve Chopping o era tamén en Australia, ó que se uníu o local Surinder Thatthi, convocaron para primeira hora da tarde ós pilotos e ós responsables dos equipos.

Unha vez escoitadas as partes, dos comisarios chegaron á conclusión de que a información que presentaron o pasado domingo en Australia Hamilton e McLaren era enganosa e dacordo ó código artículo 158 do código deportivo, piloto e escudería foron excluidos das clasificacións do Gran Premio.

Suso

CONSELLOS PRA BELEZA

Veneno de serpe para combatir as arrugas

Na búsqueda de productos de beleza normalmente innovados e con resultados máis efectivos, as compañías de cosméticos utilizaron productos que ata fai algúns anos creíamos desopilantes para este fin: baba de caracol, extractos de frutos exóticos, entre outros.

Pero agora persoalmente sorprende a nova tendencia entre as máis top de Hollywood para combatir as arrugas provocadas polo paso dos anos: usar o veneno de serpe.

Tal e como o escoitas; por máis terrorífico que soe, parecerá que a verdade funciona, e coa súa aplicación superficial ata imitariáse o efecto botox. Sábese que o veneno de serpe posee aminoácidos. Éstes provocan que os músculos se contraian e prodúcese un bloqueo dos impulsos nerviosos, o que finalmente detenría o desenvolvemento das arrugas.

Xa hai moitas celebridades que comenzaron a utilizalo; unha das primeiras foi Gwyneth Paltrow, quen expresou nunha entrevista que soía utilizar o Ultra Luxe 9, unha crema totalmente basada no veneno da víbora.

A moda do veneno de serpe recén comeza; de seguro veremos productos cada vez máis sorprendentes e tratamentos do máis exóticos usando o veneno deste ou outros animais.


Natalia

O TEMPO

O achegamento dunha fronte pouco activa ó litoral galego ocasionará un aumento da nubosidade Na xornada de mañán, que nas últimas horas da tarde deixará os ceos anubrados en toda Galicia, durante a noite se producirán chuvias febles na metade norte. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable pola mañá e de compoñente oeste pola tarde.

As temperaturas acadarán valores propios desta época do ano.


Santiago


COCIÑA CONMIGO

OVOS RECHEOS

INGREDENTES (para 8 persoas):
- 4 ovos.
- 1 lata de atún.
- 1 pemento morrón vermello.
- 1 lata de aceitunas.
- Maionesa.


PREPARACIÓN:

Primeiramente cocemos os ovos. Unha vez cocidos, partímolos pola metade e poñémolos nunha fonte. Entón, picámo-las aceitunas e mesturámolas co atún e coa xema do ovo pisando todo cun garfo. Coa mesturanza enchémo-las metades dos ovos. Unha vez cheos, botámoslle-la maionesa por riba. Deixámolos enfriar na neveira durante 2 horas. Finalmente, adornámolos co pemento morrón.


MERCEDES E ANA

No hay comentarios: